Páginas

8 may 2025

MAIO: O PATIÑO FEO

 


      Estamos chegando á recta final do noso proxecto. Xa imos polo reto 8, que coincide co mes das Letras Galegas.

     As Letras Galegas están este ano adicadas ás cantareiras e á riqueza da poesía tradicional e popular. Deste xeito, o reto de Libruxa para este mes é un pouco especial: "Faladoiro Vistalegrín"

           - Conto elexido para traballar este mes: O patiño feo.

         -  Obxecto máxico: un cisne

         - Reto final: coñecer realmente ás persoas e ver no seu interior. Sempre hai un lugar onde encaixamos. 

     Poñeremos enriba da mesa palabras como “feo”, “beleza”, “rexeitamento”, “diferenza”, “abuso”, “bondade”, “desaprobación”, “personalidade”, “despectivo”, “soños”, “ilusións”…

“O patiño feo” é unha historia de “bullying”, acoso e medo á diferenza, que deixa entrever o dura que é a vida ata atopar o noso lugar. O patiño feo non se enfronta á realidade que sofre, só se vai dos lugares onde non atopa aceptación, déixase dominar pola opinión dos outros e acepta a súa fealdade, que realmente, non é tal, ata que se sente recoñecido na bandada de cisne.  
    O alumnado amosará a súa particular visión da realidade con respecto a este e outros temas a través dun concurso onde “competirán” por adiviñar que palabra en galego están definindo os seus compañeir@s. 

     


     


   Cada día presentarase unha nova palabra que o alumnado terá que adiviñar e votar por clase. Si se adiviña teremos unha carta de Libruxa que iremos acumulando para canxealas ao final do reto por un premio sorpresa. A nosa compi Belén, do equipo de dinamización da lingua, presenta a actividade

   

 Cada clase recibirá unha tarxeta de Libruxa cada vez que acerte unha palabra. A clase que máis puntos teña ao final da actividade recibirá un premio sorpresa!!!





e estas son algunhas das palabras. Só imos amosarvos unha mostra, xa que son bastantes:

 

  A derradeira é importante xa que se trata dunha palabra clave:

 

 Tamén, algúns nenos e nenas do cole convertíronse en cantareiras/os por uns minutos e foron polas clases deleitarnos coa música: 




   

SARGADELOS. DÍA MUNDIAL DA ARTE E DÍA DAS ARTES GALEGAS

 

    

    O Día das Artes Galegas 2025 estivo adicado á figura de Isaac Díaz Pardo, responsable da restauración da nova etapa da cerámica de Sargadelos. 

    E nós temos moi pretiño a fábrica de Sargadelos, polo que o alumnado de 1º Ciclo e de Infantil decidiron visitala antes de realizar a actividade proposta. 


     Como homenaxe a este gran referente para comprender as artes contemporáneas, decidimos elexir os obxectos máxicos dos contos e customizalos "versión Sargadelos". 
      Este foi o resultado

 









    O alumnado de 4 anos segue co seu proxecto de arte e visitounos a artista local Adri Pardo: 

ABRIL: AS MIL E UNHA NOITES

 


       Novo mes. Novo reto. E xa levamos 7!!! Seguen chegando os personaxes aos seus contos porque estamos conseguindo superar todos os retos propostos por Libruxa ata o momento. Este apunta a ser un pouco máis compricado, pero intentarémolo!!!

     Este non é o final da historia!!!


    Contos viaxeiros, títulos intercambiados, personaxes mesturados...e as familias deixándose levar pola súa imaxinación. Que mil e un contos poderán saír deste reto?



                - Conto elexido: As mil e unha noites.
                - Obxecto máxico: unha lámpada marabillosa 
                - Reto final: Mil e un contos 

      Con estas historias transladámonos a unha época medieval de contos tradicionais de Oriente Medio, cambiando totalmente de tradición e cultura. A través de relatos encadenados, Sherezade acomapaña ao sultán coa súa imaxinación e creatividade contándolle un relato fantástico cada noite, salvando así a súa vida. 
     Para celebrar o Mes do Libro, a través da idea dos relatos encadenados, propoñémoslles ás familias participar nos “contos viaxeiros” onde crearemos un novo conto partindo da mestura de dous títulos de cotos clásicos. Elaborarase un conto por clase que rulará de familia en familia. 
    
     Poderémolos ler a través do código QR no mural do corredor no edificio 2. 


   



     Nalgunhas aulas entregouse o Día do Libro, o conto viaxeiro en formato minilibro para que todos coñecesen a historia da súa clase: 





    Para celebrar o Día do Libro, o Departamento de Orientación creou uns contos moooi especiais que nos foron contando ese día




     Así quedaron os nosos Mil e un Contos: O frautista de chocolate, Pulgarciño de Bremen, O zapateriro e o Ogro,  Aladino e os sete ananiños, Bela e os sete cabritiños, Os porquiños e a lámpada marabillosa, Brancaneves do Emperador, O lobo valente, Pedro e a casiña de chocolate, o soldadiño e o príncipe, Xoan Durminte, O gato e os trasnos, Carapuchiña e os corenta ladróns...

Ademáis, ao longo deste mes de abril, o alumnado de 5º de Primaria elaborou na aula uns preciosos "Contos Mesturados" aproveitando a idea dos "contos viaxeiros" para as familias:

Contos Mesturados 5ºa by Nazareth


Tamén en formato audiolibro que estivemos escoitando nas horas de ler:

 

E MENTRAS NESTES MESES....

 non paramos nas aulas....

  O alumnado de 4 anos segue co proxecto da ARTE


Visitou o noso cole a furgo "Galicia sabe amar". Así os nos@ nen@s puideron degustar peixe.

 

Para o día internacional dos bosques participamos no concurso Adiviña que árbore é? que nos propoñen dende GAIA

 

O alumnado de 3º de Primaria participou na "Oca do inmigrante" que realizamos todos os anos en colaboración tamén con GAIA