Páginas

24 may 2026

OUTUBRO: AMÉRICA DO SUR


     Chega a primeira convocatoria de Libruxa para visitar a súa axencia de viaxes. Alí entregaráselles a tarxeta de embarque para coñecer o seu primeiro destino e a categoría que teñen que investigar no seu nivel: 
                                       -Destino: América do Sur/Latinoamérica
                                       -Data de Saída: 29 de setembro
                                       -Data de Chegada: 30 de outubro   


  



      Ao longo de todo o mes, cada nivel investigará sobre a categoría que lle tocou para o seu caderno de aula:
 

Latinoamércia by Nazareth

        Dada a gran diversidade cultural do noso centro, tentamos contactar con algunhas asociacións culturais e familias que poidan participar traéndonos unha pequena mostra das costumes, gastronomía, folklore, vestimentas, bailes....do seu país. Implicar ás familias e a membros da nosa comunidade é fundametal no desenvolvemento das actividades deste proxecto, onde podemos aprender de primeira man. Coa súa colaboración organizaremos charlas e obradoiros ao longo do curso tendo en conta a nosa ruta de viaxe. 

    Nesta ocasión visitaron o noso centro algunhas familias peruanas: 








   
     Tamén realizaron un intrépido circuito polo río Amazonas grazas ao profe de E.F. 


    
    Tamén, o alumnado de 6º de Primaria gravou na radio un programa sobre as mulleres invisibilizadas durante a colonización de América do Sur: 


   

    Rematamos o mes coa exposición sobre Latinoamérica cos traballos finais das diferentes investigacións realizadas nas aulas: