Páginas

27 mar 2010

LETRAS GALEGAS


Xa vos contamos que o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, deste ano 2010, está adicado ao poeta UXÍO NOVONEIRA. Para seguir coñecendo algunhas cousiñas da súa vida e da súa obra, aquí vos deixamos un enlace a unha WEBQUEST que elaboraron no CEIP de ANDRADE.

Dende aquí a nosa felicitación por este traballo.

24 mar 2010

EXCURSIÓN DO 1º CICLO AO MONTE CASTELO


Onte fumos ao Monte Castelo.
Vimos desde o mirador as paisaxes marítimas costeiras co mar e o porto e Burela.

Vimos árbores de folla caduca como o carballo e de folla perenne como os piñeiros. Visitamos a zona de acampada e o campo de tiro.

Estivemos xogando no parque xunto ao cruceiro e o cabozo. Tamén merendamos.

Finalmente baixamos a pé para voltar ao colexio.

GUSTOUNOS MOITO A EXCURSIÓN E SACAMOS MOITAS FOTOS.

19 mar 2010

RUTA PARDO DE CELA


O día 17 de marzo as nenas e nenos do 2º ciclo de Primaria visitamos algúns dos lugares da RUTA PARDO DE CELA.
O primeiro foi a catedral de S. Martiño construída entre os séculos IX e XI, polo que é a máis antiga de España.
Ao lado está a fonte de A Zapata, que según conta a lenda, S. Gonzalo tirou unha zapatilla e brotou auga.
Despois visitamos a Torre Pardo de Cela en Alfoz. Nesta fortaleza foi onde o colleron preso. Subimos arriba de todo e víase moi ben O Valadouro.
E por último fumos a Mondoñedo. Visitamos a catedral e gustounos moito o rosetón da fachada polas súas córes. Comimos na Praza da Catedral; nesta praza executaron a Pardo de Cela. Despois paseamos polo barrio dos Muíños e parámonos na ponte do Pasatempo que foi onde entretiveron á muller de Pardo de Cela cando traía o indulto.
Volvimos moi emocionad@s a Burela!!

TRABALLAMOS COA PRENSA

Así traballamos as nenas e nenos de 4º B



O 12 de marzo celebramos o día da PRENSA traballando en grupos con diferentes periódicos.
Consultamos noticias nas distintas seccións e tamén cada grupo inventou unha noticia con foto e pé de foto incluído.

9 mar 2010

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da SEMANA DA PRENSA

achegamos material que

facilitará o achegamento do noso

alumnado a este medio de

comunicación.


Dende o Ceip Mestres Goldar chéganos

un caderno de traballo

para a educación documental

sobre a prensa dixital.


Tamén actividades LIM

dende o Cep Dr. Fleming.


GRAZAS por compartir!