Páginas

25 oct 2020

E CHEGA O SAMAÍN-HALLOWEEN

 


  Achégase a noite do 31 de outubro, unha das noites máis enxebres das que se viven en Galicia, xa que é unha tradición de orixe celta. "Samhain" significa "fin do verán", e os antigos celtas celebrábano como o momento de transición do estío ao inverno. Nesta data, dícese que é máis fácil transitar entre os dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

  Se queres saber máis sobre o Samaín celta, clica na seguinte imaxe: 

   
  Xa está listo o expositor temático para o mes do medo, así como o resto dos contos de medo para as credenciais literarias do reto lector: 

  Ademáis, Libruxa preparou, xunto cos outros equipos do centro, varias actividades ao longo deste mes de novembro que iremos pouco a pouco presentando segundo vaian estando rematadas: 


Aquí tedes como foi este celebración tan diferente este ano, pero ao mesmo tempo sen perder a esencia e desfrutándoa igualmente entre todos:

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 



Qué é unha biblioteca?, por Gloria Fuertes...

"Unha biblioteca é como unha segunda casa para as persoas que len libros. Na biblioteca están todos os libros e podes lelos gratis. Dentro dunha biblioteca cúrase a ignorancia, os libros son para a mente como as tiritas para as feridas. As bibliotecas son tan importantes que terían que estar en todas partes, como as farmacias."  

   O venres celebramos no cole o Día das Biblitecas escolares. Como cada ano, Libruxa xa foi repartindo as mochilas viaxeiras, ainda que ao longo deste curso, quedarán unhas 48 horas de cuarentena entre entrega e entrega, segundo o protocolo COVID que elaboramos para a biblioteca escolar. 

    Tamén se presentou o cartel deste curso, que enlaza perfectamente co percorrido xeográfico e literario que imos a levar a cabo a través das rutas do Camiño: 


    Presentouse nas clases o novo proxecto do centro: "Xacobeo-Bureleo 2021" a través da lectura da carta que Libruxa lles deixou no Caderno do Camiño. 


18 oct 2020

"XACOBEO- BURELEO 2021"

 


      


  LIBRUXA PEREGRINA!!!! Preparándose para a nosa particular Ruta Xacobea 2020-21.  

   Novo curso, novo PDI: "Xacobeo- Bureleo 2021".  Ao longo de setembro os diferentes equipos do cole fumos conxuntamente perfilando o deseño do novo proxecto que presentaremos á comunidade educativa o Día das Bibliotecas Escolares a través dun "caderno do viaxeiro" virtual que se verá dende a páxina web do cole e que irá amosando o noso camiño paso a paso co itinerario de actividades propostas e o resultado final. Será un caderno que medre a medida que avanzamos nas distintas etapas do noso camiño e no que iremos gardando, a modo de caderno de bitácora, todo o noso proxecto.  

   Comezaremos a nosa andaina cunha carta de presentación de Libruxa: 

Carta Presentación Libruxa by Nazareth

    O obxectivo deste proxecto é fomentar o coñecemento do patrimonio cultural relacionado co Xacobeo e dar a coñecer ao noso alumnado a riqueza patrimonial, ecolóxica e cultural da nosa terra a través das rutas do Camiño, ao mesmo tempo que tamén nos covertiremos en "peregrinos" da nosa propia ruta "bureleo 2021" que acondicionaremos, sinalizaremos e explicaremos a través da elaboración dunha guía co itinerario e lugares de interese do noso concello. 

    Coñecer o noso é o primeiro paso para coidado, polo que debemos aproveitar, dende as aulas, a capacidade de asombro e descubrimento dos nen@s fronte ao mundo que os rodea e facer intervir ás familias e a outros profesionais da contorna que os axude e os guíe no fomento de prácticas saudables como parte do proceso permanente no que van adquirindo conciencia do munod que os rodea. 

    Este Camiño especial tamén será un camiño de volta á nosa cultura, tradicións, paisaxes, gastronomía, etnografía, literatura...un camiño cheo de imaxinación, descubrimento e creatividade. 

    Para comezar esta primeira parte do proxecto propóñense estas actividades:     


Xacobeo Bureleo Para Comezar by Nazareth

     Os nosos nenos e nenas tamén disporán dun carnet cunha serie de credenciais lectoras que terán que ir selando a medida que vaian superando os diferentes retos lectores para conseguir a súa Compostelana: "os contos do Camiño"


Carnet Os Contos Do Camiño-... by Nazareth

Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth

Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth

Carnet Os Contos Do Camiño ... by Nazareth

     Todo está preparado para comezar!!!! o día 24 de outubro daremos o pistoletazo de saída polas nosas rutas Xacobeas, esperando que esta situación de pandemia tan extraña non merme os nosos ánimos nin ilusións. 

    Polo pronto as nosas portas coas mascotas peregrinas xa están case a punto e colocarase a mascota en cada país asignado a cada curso para no segundo trimestre facer a presentación das diferentes investigacións dos países do Camiño, aos que xuntamos os do Proxecto Europeo: 

Ademáis, tamén elaboramos un pequeno proxecto sobre o Xacobeo para aqueles cursos que o queiran empregar ou modificar ao seu gusto, así como unha presentación con información sobre o tema:

Proxecto Camiño Santiago by Nazareth

Ppt Camiño de Santiago by Nazareth