Páginas

30 ene 2012

CAZA DO TESOURO

LIBRUXA está moi contenta pola ampla participación na actividade da CAZA DO TESOURO e espéravos o mércores no recreo para que recollades o "tesouro". Tamén quere que lle comentedes a dificultade da pista 4, pois parece que non todos os equipos foron capaces de facela (haberá que reler o libro).

16 ene 2012

DÍA DA PAZ caza do tesouro

LIBRUXA proponche un divertido xogo con motivo do DÍA DA PAZ.

A CAZA do tesouro para 2º e 3º ciclo de primaria.Sigue lendo e verás o que tes que facer (na biblio podes recoller información)

No expositor da biblioteca tedes algúns dos libros que falan da
paz e a convivencia.

Formade un equipo de 4 persoas e contestade a estas preguntas relacionadas con algúns deses libros, se as contestades todas teredes un “tesouro”.

Pistas:
1-Hai un libro que ten por título os nomes de dúas cores.
Cal é ese libro?...................................................
Quen o escribiu?................................................
De que editorial é o libro?...............................
Para que ciclo está recomendado?………………….

2-Como se titula o libro no que os protagonistas son os dous monstros?..........
………………………………………………………………………………………
Onde viven?......................................................
Por que non se entenden?..............................
………………………………………………………………………………………

3-De que país era muller que foi premio Nobel da paz?...................................................
Como se chamaba?..........................................
Que proxectos levou a cabo?.........................
De que editorial é o libro que nolo conta?..
……………………………………………………………………………………..

4- Abre o libro de Fina Casalderrey no que Alex ten un problema no zapato. Que lle pasou?................................................................................................................................................
Como se chama o pai deAlex?........................
Que profesión ten?...........................................
Como se chama a súa nai?.............................
En que traballa?...............................................

Por suposto a busca non pretende ser competitiva e tod@s os que atopen os 4 libros recibirán un tesouro.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro é o DÍA ESCOLAR POLA PAZ. Se queres saber moitas cousas deste tema podes facer este caderno que propón Libruxa e que che axudará a buscar a información precisa.


8 ene 2012

RECORDANDO O NADAL 2011 ....

Para ver o pase de fotos, darlle a "PLAY" e despois acórdate de darlle outra vez a lampadiña (Play)....
Click to play this Smilebox slideshow