Páginas

28 may 2026

LETRAS GALEGAS: O FALADOIRO


      Nas aulas a semana anterior estivemos coñecendo a figura de Begoña Caamaño, a quen se lle adicaron este ano as Letras Galegas, a través dalgún libro que nos contaba a súa biografía e algún vídeo. Tamén nos axudaron a coñecer a súa repercusión os pósters informativos que expuxeron dende o equipo de Dinamización Lingüística. 



     

        Para esta data, seguimos a nosa viaxe por Europa e que mellor que coñecer tamén a nosa tradición e cultura, polo que tivemos a visita dalgúns integrantes da asociación cultural Ledicia, tamén membros e exmembros da nosa comunidade educativa, para que nos fixesen un taller sobre as vestimentas, música, bailes e instrumentos tradicionais galegos







                                          

   Non podía faltar o noso programa "Faladoiro", onde o alumnado explica á súa peculiar maneira que é o obxecto que están a ver: para qué serve, a súa forma, de qué está feito....Nesta ocasión decantámonos por obxectos tradicionais de Galicia
    
   O programa completo emitiuse os luns e mércores ao longo de todo o mes a través da ligazón de Dinamización Lingüística da páxina web do cole. Tamén nas redes sociais xa que este ano quixemos que tamén participasen as familias nestas adiviñas: 

                         Preme na imaxe para ver o "Faladoiro" completo, xunto coas solucións 


      Algúns/unhas dos nos@s alumn@s tamén participaron no concurso de debuxo e narración organizado polo Concello e obtiveron a súa recompensa:


    Os gañadores do "Faladoiro", a clase de 2ºA, recibiron como premio un taller para facer a súa merecida medalla con material de Polos Creativos. O resto das clases recibimos a nosa copa por participar, realizado tamén na cortadora láser de Polos Creativos. O vindeiro ano máis e mellor!!!