Páginas

26 oct. 2014

24 de outubro: Día das Bibliotecas e despedida de Libruxa.

Foi un día moi especial na Biblioteca Escolar do noso centro. Libruxa invitounos para explicarnos os motivos polos que quere viaxar ao País das 1001 Bruxas.... Aproveitou para presentarnos unha boa amiga que coñeceu este verán e que se chama coma ela: LIBRUXA.
Nós, un pouco sorprendidos e tristes pola noticia pedímoslle que se quedara connosco ata despois do Samáin. Tamén queremos darlle a benvida á nova Libruxa e propoñerlle ideas para este novo curso...Imos escribirlles cartas!

 
Na seguinte presentación, podes disfrutar volvendo a ler a preciosa carta escrita por Libruxa....

4 oct. 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 2014


Un ano máis comeza a viaxe das MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida teñen entre as familias do noso alumnado. Trátase de disfrutar lendo xuntos, buscando ese momento íntimo e tranquilo no que poidamos compartir, soñar, imaxinar.... Cando abrimos un libro, abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a ese libro temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de comprender outras vidas,....

Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura.

Esta "Mochila Viaxeira" é un convite para gozar dos libros en compañía, compartindo con todos vós os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos.
Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que co voso esforzo lograremos achegar aos vosos fillos ao mundo da lectura, á mellora da comprensión lectora, o cal incidirá moi positivamente na súa educación.

                     Ánimo, Boas Lecturas e Grazas a todos!