Páginas

21 dic 2009

O NOSO NADAL, GALEGO E VERDE

Dende o boletín Orella Pendella animan a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.


Para máis información e descargar a guía, preme na imaxe.

15 dic 2009

BO NADAL


Achegamos esta entrañable felicitación que o ano pasado nos remitiu Emilo G. Legaspi dende o CEFORE de Burela.
Preme FULLSCREEN (Pantalla completa), pasa as cinco páxinas da Felicitación e le os bos consellos para as mestras e mestres.
E recién chegada esta unidade didáctica en Vieiros da escola; un dos autores é tamén Emilio G. Legaspi.

13 dic 2009

O NADAL

Na biblioteca do colexio de Cervo atopamos este montón de actividades relacionadas co Nadal. Hai xogos, manualidades e tamén actividades para que practiques o inglés. Aproveita as vacacións para facer moitas destas cousas.

NON TE ESQUEZAS DUN BO LIBRO PARA LER.


PREME NAS IMAXES PARA COMEZAR



Máis actividades:


Christmas-Actividades LIM


Nadal-Actividades LIM


Manualidades Nadal

12 dic 2009

GUÍA DE LECTURA DO NADAL


Nesta época de regalos, LIBRUXA recomenda algúns libros para ler e para regalar.

Clica no debuxo e atoparás títulos moi suxestivos e apetecibles.

4 dic 2009

CHEGOU O APALPADOR


O Apalpador veu facernos unha visita ao cole. Aínda que é polo Ano Vello cando baixa das montañas do Courel ás aldeas, vilas e cidades galegas, xa pasou por Burela para deixar que Carlos Peinó o retratase así de ben.

O Apalpador, a noite do 31 de Decembro, gusta de apalpar as barriguiñas de nenas e nenos que estexan durmindo para ver se teñen fame ou non, e déixal
les unha presa de castañas e agasallos como lembranza da súa visita.

A biblioteca Caracilatola publicou un fermoso
traballo feito por XURXO L. VALCÁRCEL GIL.

A editorial Biblos ven de publicar o libro "O APALPADOR" de Xoán G. Otero que podes ler
AQUÍ. Foi presentado o 6 de decembro no Courel.








Tamén se publicou este ano o conto

"ANTÓN E O APALPADOR" de Manuel Castro e Mar Ameixeiras.



Está publicado pola editorial Barafunda. Preme AQ para lelo.



No CEIP de FRIAN (Teis) elaboraron unha Caza do tesouro para 1º de Primaria coa que se achegarán a este personaxe e ás nosas tradicións. Tamén nos achegaron actividades coas que podemos investigar sobre os costumes destas datas noutros lugares do mundo: TRADICIÓNS NAVIDEÑAS

O noso agradecemento aos compañeiros/as do Ceip Frian-Teis e do Ceip Mestres Goldar.

3 dic 2009

Titoriais para moverse pola rede

Chegounos este traballo desde a biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa que facilitará aos nosos alumnos o coñecemento da Wikipedia, explicandolles as partes das que consta un artigo, o que é o hipertexto etc...

AZUR E ASMAR, un bó regalo para Nadal

Azur, loiro e de ollos azuis, e Asmar, moreno e de ollos negros, medran xuntos coidados pola mesma muller, nai de un e nodriza do outro. Xuntos comen, durmen, xogan, discuten… Ata que un día a vida os separa e seguen camiños moi diferentes. Cando se atopan de novo, xa mozos, convértense en inimigos.
Situada na Idade Media, esta historia móstranos o abraiante momento en que as civilizacións cristiana, xudea e musulmana conviviron e intercambiaron ideas, costumes e coñecementos. Un auténtico cántico á convivencia pacífica entre os pobos.


28 nov 2009

EXCURSIÓN DOS NENOS E NENAS DO 2º CICLO

O xoves saímos de excursión. @s nen@s de 3º e 4º fomos de excursión e pasámolo fenomenal.
Primeiro visitamos a cerámica de Sargadelos e vimos todo o proceso para a fabricación das figuras e vaixelas.
Tamén en Sargadelos recorrimos o Paseo dos Enamorados. A presa estaba guapísima!.
Aproveitamos para visitar unha exposición dunha pintora de Burela que expoñía os seus cadros en Cervo.
E por último estivemos no museo do Mar en S. Cibrao. Como impresiona o esquelete da balea!!!



CELEBRAMOS O MAGOSTO

Que ben o pasamos no magosto!.Antes do recreo tivemos diferentes talleres: decorado de bolsas, maquillaxe, pintura de murais...Despois do recreo fixemos moitos moitos xogos, e como iso da moita fame, COMEMOS AS CASTAÑAS! QUE BOAS ESTABAN!

27 nov 2009

PROXECTO EUROPEO COMENIUS


Pinchando encima da foto poderás ver o vídeo que resume a presentación do novo Proxecto Europeo concedido ao noso colexio. Leva por título: "The Olympic Spirit: The bridge between Comenius Friends". Os outros colexios europeos participantes son: GBS de Bosmier (Bélgica), Xghajra Primary School (Malta), Juantehtaan Koulu e Muuruveden Koulu (Finlandia). O acto de inauguración dos nosos mini Xogos Olímpicos tivo lugar o día 13 de novembro de 2009 e nel participaron os 211 alumnos, profesorado e persoal non docente. As familias invitadas ao acto participaron no exercico físico proposto ao final do evento.

25 nov 2009

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA ÁS MULLERES




Todas as Bibliotecas Escolares de Galicia traballamos na sensibilización dos que mañá serán homes e mulleres. Temos a obriga de educar nos valores que axuden a crear os hábitos de respecto necesarios para poñer fin á VIOLENCIA; a calquera clase de violencia.
LIBRUXA da as grazas ás bibliotecas do IES Río Cabe e do CEIP de Pazos, así como a todas as demais, por facilitar e compartir todo o traballo que fan.

16 nov 2009

A QUE SABE A LÚA?

A QUE SABE A LÚA? é un dos contos que LIBRUXA recomenda.
Este traballo recollido na BIBLIOTECA DO COLE vaiche gustar

">

15 nov 2009

29 oct 2009

CHOCOLATA

As nenas e nenos do 1º e 2º ciclo puideron "viaxar" na super nave que estivo no cole. Levounos ao lugar no que vive CHOCOLATA.
Ensinoulles os animais que viven con ela na sabana e disfrutaron de olores e sabores.
Tamén lles regalou o seu libro e unha libreta moi especial.


23 oct 2009

EDUCACIÓN EN VALORES

Invitamos ás familias a ver estes documentais sobre educación. Pensamos que merece a pena prestarlle un pouco de atención ao mestre Toshiro Kanamori.

22 oct 2009

LIBRUXA CONVIDA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

O próximo día 29 ás 16:30 h. convidámola a visitar a biblioteca do colexio.

Queremos que coñeza os recursos e potencialidades que fan que a biblioteca sexa unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento de calquera actuación escolar que implique a familiarización do alumnado co uso de fontes informativas diversas.

A adquisición paulatina das competencias básicas precisa de actividades que poñan en xogo habilidades de busca, valoración e uso da información de moi variado contido.

Vemos a biblioteca escolar como espazo de lecturas, como lugar de integración dos diferentes saberes e das diversas maneiras de construir o propio coñecemento.

Libruxa ten preparado un agasallo para os asistentes.

Un cordial saúdo.

13 oct 2009

CHEGA O SAMAÍN!!!

Xa estamos preparando a festa terrorífica do SAMAÍN.
Mira este video e aprende a canción aínda que che dea un pouquiño de medo.
Se queres saber máis do Samaín preme aquí

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

O VENRES DÍA 9 AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZARON A SÚA VIAXE
Este curso serán seis mochilas, de 1º a 6º curso de primaria, e de seguro que as familias disfrutarán lendo cos seus fillos e fillas.
Esperamos os seus comentarios.

4 oct 2009

A TOUPIÑA















GRAZAS a Naiara Castillo do CEIP de Viñas, Poio (Pontevedra), as nenas e nenos de Infantil e 1º ciclo de Primaria xogan e disfrutan coa Toupiña e os seus amigos.

20 sept 2009

APRENDENDO A VIVIR

http://www.andaluna.org/

Brillante material para traballar temas da familia, a igualdade de xénero, a saúde, persoas con discapacidade e outros.
Tamén ten información para nais e pais.

7 sept 2009

INFORMACIÓN GRIPE A

A Xunta de Galicia achéganos información sobre a Gripe A.

Recomendacións para o curso 2009/2010

COMEZA UN NOVO CURSO

BENVID@S!!!!!!.
Aquí estamos un novo curso, no que xunt@s , intentaremos conxugar aprendizaxe e diversión na arte de vivir.

Vémonos no cole o próximo xoves, día 10, ás 9:00h.

26 jun 2009

Por fin VACACIÓNS

E para despedirnos, achegámosvos uns preciosos anuncios do IES Auga da Laxe (Gondomar).

Mollándose coa lingua

Abre a fiestra

Con este agradable sabor a linguas, FELIZ VERÁN!!!!!

FESTIVAL FIN DE CURSO

O venres día 19 tivemos o FESTIVAL FIN DE CURSO.

Como disfrutamos!.

As familias tamén se divertiron moito, aplaudiron mogollón e algúns ata se animaron a bailar.

17 jun 2009

6º CURSO EN BÉLXICA NUN INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

Do 11 ao 20 de maio de 2009, 22 alumnos/as de 6º curso estiveron en Bélxica cos seus compañeiros/as belgas da escola de Balen: G.B.S DE BOSMIER na rexión de Flandes, cerca de Amberes.
Foi unha experiencia única e inolvidable para toda a vida.... Tiveron a oportunidade de escoitar e falar en inglés, holandés ou flamenco, francés, ... Cántas linguas e qué enriquecedor! Pero non tiveron ningún problema porque teñen a sorte de vivir en Galicia donde se falan dúas linguas! Descubrir Bruxelas, a capital europea foi toda unha sorpresa....



AS LINGUAS SUMAN !

Para aclarar dúbidas sobre este tema, fai click encima do debuxo


2º CICLO NA GRANXA ESCOLA

As nenas e nenos do 2º ciclo estiveron tres días na granxa de Barreiros e dixeron:
"Pensamos que o ibamos pasar ben, pero a experiencia foi aínda máis bonita".
Desde logo que o pasaron ben, non hai máis que velos.

22 may 2009

14 may 2009

COÑECEMOS A RAMÓN PIÑEIRO


Os nenos e nenas andan moi atarefad@s pola biblioteca facendo varios traballos sobre o personaxe a quen está adicado o día das LETRAS GALEGAS.

ADMIRANDO A JOAN MIRÓ


@s nen@s de 2º curso atopamos na biblioteca o libro "O cadro máis bonito do mundo" e quixemos imitar a JOAN MIRÓ.

Aquí tedes unha pequena mostra.

12 may 2009

O RAP DA LINGUA

Grazas ás compañeiras/os do CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos por facilitarnos o RAP DA LINGUA do grupo MIGALLAS que estará no cole o día 16 de xuño para disfrutar a tope.

LINGUA

7 may 2009

LETRAS GALEGAS

Para seguir traballando, como cada día do ano, polas Letras; aquí tedes unha excelente selección de vídeos e materiais diversos "pescados" na Rede, polo CEIP Frián-Teis, de Vigo. Grazas compañeir@s

6 may 2009

BELEN REGUEIRA, premio á mellor comunicadora

Tod@s aquel@s que traballamos pola normalización lingüística no ensino, agradecemos este documento de Belén Regueira (presentadora do programa "O país dos ananos"), con motivo de recibir o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora. Según Agustín Fernández Paz é unha intervención extraordinaria, clara e valente.

29 abr 2009

UNHA CAZA DO TESOURO: BOOK DAY PROJECT

INVESTIGAMOS SOBRE ESCRITORES DE CONTOS COÑECIDOS:
(Proxecto elaborado pola profesora de inglés: Lucía)

Book Day Project

Book Day Project gemacillero7651

26 abr 2009

LETRAS GALEGAS



RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: UNHA VIDA A PROL DE GALICIA
No día das Letras Galegas, o 17 de maio, lembraremos a figura e a obra de Ramón Piñeiro López, unha vida adicada á cultura galega.

Video "OLLADAS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO"



Máis recursos:
WIKIPEDIA
SEMINARIO GALÁN
WEBQUEST:
Pero...¿Quen foi Ramón Piñeiro?, elaborada por Olga Rodríguez Díaz do Ceip Milladoiro- Malpica (3º ciclo primaria)

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Con motivo desta conmemoración, propuxemos unha actividades de educación documental. Todos os cursos foron pasando pola biblioteca ao longo da semana e ao final expuxeron os seus traballos.


AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS LEN MOITOS LIBROS

As nenas e nenos de infantil de 5 anos estaban así de orgullos@s ao expoñer os seus traballos no TENDAL DOS CONTOS.
XA DESCUBRIRON O PRACER DE LER!


20 abr 2009

LIBRUXA TIVO A VISITA DUN CONTACONTOS

O día 1 de abril visitou a nosa biblioteca Mario Tomás. Contounos unha historia dun xaguar e dun boi e outra sobre un home olvidadizo que se fai adiviño.Ao final dous nenos da clase de 6º contaron un conto feito en rap.
Os nenos/as de 2º e 3º ciclo quedaron encantados con este simpático e divertido contacontos.
"Mario Tomás molou mogollón, divertímonos un montón" dixeron on nenos/as.

16 abr 2009

PRESENTACIÓN DO TRABALLO DA AUGA


As nenas e nenos de 2º curso estiveron investigando sobre a auga. Organizáronse en equipos para buscar información do que querían saber.
Organizaron toda esta información nun libro que hoxe lles presentaron aos compañeiros/as de 3º. Fixérono moi ben!
O libro está na biblioteca por se o queredes mirar.

30 mar 2009

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil


Un ano máis chéganos o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil que, por encargo do IBBY, vai percorrendo o panorama da ilustración dos diversos países nos que está presente esta organización, a través das súas seccións. OEPLI, a nivel estatal e GALIX a nivel de Galicia, difunden a MENSAXE e a IMAXE para este día, imaxe e texto que nesta ocasión veñen de Exipto, da man do ilustrador Hani D. El-Masri.
Como xa é coñecido, a elección do día 2 de abril pretende lembrar a figura de
Hans Christian Andersen coincidindo coa efeméride do seu nacemento, e difundir a mellor literatura infantil e xuvenil que se pode poñer ao alcance dos novos lectores.

28 mar 2009

APADRIÑAR UNHA PALABRA


"Ser padriño, que gozada!, dunha fermosa palabra"

O equipo de NDL ven de mostrarnos un montón de palabras rescatadas do esquecemento colectivo grazas á colaboración das familias. Estas foron as que as APADRIÑARON e o alumnado de todo o colexio elaborou as fichas que dende hoxe están expostas para que poidan disfrutalas todas aquelas persoas que queiran.









16 mar 2009

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Se queres coñecer poemas musicados de autor@s galeg@s entra en SON DE POETAS, un proxecto do IES David Buján de Cambre.

5 mar 2009

CANCIÓN DE CHOCOLATA

LIBRUXA deixou este regalo para todas as nenas e nenos de Infantíl e 1º ciclo, e en especial para @s de 2º curso, que sabe que estiveron lendo as aventuras de "Chocolata".

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES


O Día Internacional das Mulleres celébrase o día 8 de marzo e está recollido polas Nacións Unidas.


Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé da igualdade có home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.


Trátase simplemente do dereito das mulleres a desenvolver plenamente a súa cidadanía en igualdade cos homes.




8 de marzo. Propoñémonos acadar a igualdade

As nenas e os nenos somos iguais. Aprende esta canción.

23 feb 2009

19 feb 2009

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe as nenas e nenos de Infantil e Primeiro Ciclo gozaron coa sesión de contacontos que tivo lugar na Biblioteca. Foron moitos os libros que lles presentaron, algúns deles coñecidos e outros non. Escoitaron, cantaron, deron palmas. FORON MOI PARTICIPATIV@S!