Páginas

29 feb 2012

EXPRESA O TEU AMOR CON PALABRAS

Así de enternecedor quedou o panel "EXPRESA O TEU AMOR CON PALABRAS". Palabras CARIÑOSAS, palabras DIVERTIDAS, palabras SUAVES...UN MONTÓN DE PALABRAS QUE NOS GUSTA DICIR E TAMÉN ESCOITAR.


E SEGUIMOS VENDO NENOS E NENAS A TRABALLAR NA BIBLIO




Neste caso é o alumnado de 3º o que está todo afanado traballando na biblioteca. Estiveron facendo Formación de Usuarios polo que xa son bibliotecari@s con experiencia.
Nestes días tamén os vimos manexar moitos libros relacionados co espacio. Contaron que estaban a facer un traballo sobre ese tema e tiñan que buscar información nos libros e nos ordenadores.

COMO NACEMOS









Para explicarnos máis cousas de COMO NACEMOS estiveron na nosa biblioteca María e Tania, dúas matronas que traballan no Hospital da Costa.

TRABALLAMOS NA BIBLIOTECA

Mirade que concentrad@s atopamos as nenas e nenos traballando na biblio.


É a clase de 3 anos que está escribindo palabras con AMOR.


Da gusto vel@s traballar con tantas gañas!




1 feb 2012

CAZA DO TESOURO

LIBRUXA está feliz pola participación do alumnado nesta actividade, foi case do cen por cen. Mirade como estaba a biblioteca na hora do recreo cando pasaron a recoller o "tesouro".