Páginas

24 may 2026

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

      Como todos os anos preséntase o lema das Bibliotecas Escolares coa axuda do cartel: unha viaxe ao deseño e á creatividade. 

     Este é o mes no que abrimos oficialmente a nosa biblioteca, recordamos aos vistalegríns os buzóns de Libruxa na entrada de cada aula onde poder escribir alí as súas suxerencias e o emprego dos "caixóns lectores" para as auals, as mochilas viaxeiras comezarán a súa viaxe e colocamos a bibliografía e material audiovisual axeitado para o desenvolvemento do proxecto no stan da axencia de viaxes, á entrada da nosa biblio. 






       Tamén aproveitamos este mes de outubro para ir presentando un pouquiño máis do noso proxecto ao alumnado como son os obxectivos e a metodoloxía e recursos cos que imos a contar: 




        A primeira guía lectora que Libruxa realiza sempre está directamente relacionada coa temática do PDI, polo que se lles entrega a tod@s @s viaxeir@s e de seguro lles axudará nas súas búsquedas e investigacións. 

Viaxes literarios. bibliografía by Nazareth


    Do mesmo xeito, Libruxa elabora un itinerario lector anual para que nas titorías se vai cumprimentando e lendo a medida que se van realizando as diferentes viaxes, organizándoas como mellor conveña nas aulas, pero principalmente na hora de ler de cada día.