Despois do parón de Semana Santa, que descansamos das nosas viaxes, xa é o momento de regresar con forzas renovadas
-Destino: Europa
-Data de saída: 7 de abril
-Data de chegada: 25 de maio
Coas tarxetas de embarque nas nosas mans é hora de poñerse en marcha e comezar a cubrir o noso caderno de aula. Nesta ocasión, por exemplo, ao alumnado de 2º tocoulles personalidades e personaxes literarios
A nosa primeira intención era rematar a nosa visita polo vello continente o 9 de maio celebrando o Día de Europa...
pero que mellor maneira de alongar a nosa estancia e celebrar este día recibindo ao nosos compañeiros belgas a semana do 18 ao 22 de maio? Xa levamos sobre 25 anos de intercambio e a experiencia, tanto para o alumnado como para o profesorado é extraordinaria!!
Despois da benvida onde os recibimos coas diferentes bandeiras europeas, así como a da Unión Europea, cantamos todos xuntos o "Himno da Alegría" e tamén tiñamos preparados uns xogos cooperativos. Nos días seguintes visitaron Ribadeo e Viveiro. Foron días de moooitas aventuras!!!
O venres compartimos todos xuntos unha xornada no cole onde "viaxamos" polo mundo en busca de monumentos para descifrar unha mensaxe secreta. Participaron en varios talleres e pola tarde quedaron coas "familias de acollida" e con algúns exalumnos do cole que tamén quixeron compartir con eles a tarde.
Finalmente, o sábado abríronse as portas do cole para unha xornada de convivencia de toda a nosa comunidade educativa: alumnado actual e exalumn@s, profes actuais e xubilados, familias....todo ao ritmo da música tradicional galega da man da asociación Arume. Graciñas por acudir á nosa chamada.
Tamén nos fixeron unha pequena reportaxe:
Pasada esta semana de moita euforia, diversión e experiencias compartidas, toca agora poñerse mans á obra para ir rematando a nosa exposición de Europa.




