Páginas

28 may 2026

ARTE: FOTOGRAFÍA DE VIAXES


 

       Este mes de abril celébranse os días mundias da Arte e o Día das Artes Galegas. Libruxa quixo tamén rendir a súa pequena homenaxe a José Suárez, fotógrafo e cineasta clave para a fotografía contemporánea galega aliñada coas vangardas europeas. Un artista que tamén tivo que emigrar exiliándose na Arxentina. No tempo de exilio as súas viaxes foron constantes: Arxentina, Uruguai, Chile, Brasil, Sudáfrica, Filipinas ou Xapón...

      Que mellor maneira para recordar o seu legado que a través da "fotografía de viaxes", encaixando perfectamente coa temática do noso proxecto.  Nesta ocasión tamén participaron as familias enviándonos moitas fotografías sacadas nas súas viaxes en familia desfrutando de tempo xuntos. 

       Dende o 7 ao 15 de abril adicámonos a realizar as nosas montaxes fotográficas en diferententes lugares do mundo. Fixemos a nosa pequena homenaxe á fotografía de viaxe como un xénero que combina exploración, creatividade e narración visual a través de imaxes impactantes. Cada fotografía de viaxe conta unha historia única, momentos compartidos, memorias e emocións. Finalmente, reunímolas todas nun documento gráfico que visualizamos nas aulas. Queredes velas?