Páginas

30 may 2014

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA


O pasado día 20 de maio tivo lugar na Casa da Cultura de Burela a inauguración da exposición que recolle os traballos realizados polo alumnado do Ceip Virxe do Carme, Ceip Plurilingüe Vista Alegre e IES Monte Castelo. 
É unha pequena mostra do proxecto levado a cabo durante este curso por varios centros educativos da comarca da Mariña que pretende achegar as artes plásticas ao alumnado e darlle un espazo dentro do currículo escolar.

A ARTE QUE NOS RODEA

O alumnado de 5º e 6º do Ceip Plurilingüe Vista Alegre visitou no Cenima en Foz a exposición A ARTE QUE NOS RODEA como actividade final da SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA.
Guiados por vari@s artistas da zona achegáronse ás obras alí expostas percibindo as distintas sensibilidades e sensacións que estas lles transmitían.



15 may 2014

LEMOS UN CONTO ÁS NENAS E NENOS DE 3 ANOS CO KAMISHIBAI

Actividade con kamishibai

Este mércores os nen@s de 5º A  viñeron á biblio para contarnos o conto
de "O NENO E A ESTRELA" sobre Díaz Castro  co soporte de Kamishibai. Estiveron moi atentos e gustoulles moito a experiencia de que nenos maiores lles conten os contos e, aínda encima, empregando este novo soporte para a lectura de contos. Gracias!!!

9 may 2014

SERES MITOLÓXICOS

Os nenos e nenas de 5ºA  estaban moi interesados en coñecer eses mitos que aparecían nas lecturas e na historia de moitos pobos; tamén en lendas que lles escoitaron aos avós e avoas. Entón fixeron un traballo de investigación cuxos resultados podedes ver neste documento.

4 may 2014

MADRIÑAS E PADRIÑOS LEN @S AFILLAD@S

Por fin a choiva deu paso ao sol e puidemos facer unha das actividades máis esperadas, as MADRIÑAS e os PADRIÑOS. Levaban xa días co material e os libros escollidos e preparados. Mirade como atenden e engaiolan @s seus afillad@s. TODO UN PRACER estas lecturas compartidas.