Páginas

19 dic. 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Un grupo de nenas e nenos foron facer unha visita moi entrañable. Estiveron na residencia da 3º idade de Burela. Compartiron panxoliñas, poesías e contos coas persoas maiores que alí viven.
Ademais de cantar cada curso unha panxoliña, 4ºA regaloulles uns debuxos que fixeron para eles, os de 3º curso recitaron poesías e os de 5ºA leron o libro AVÓS que lles fixo rir.
Os maiores contaron o conto do Apalpador e tamén cantaron panxoliñas. A sorpresa foi que chegou o APALPADOR cun saqueto de castañas que repartiu entre todos.
Como remate invitáronos a unha suculenta merenda.
De volta ao cole comentaban que fixeran amigas que eran moi agradables.
BOA EXPERIENCIA ESTA DE INTERCAMBIO XERACIONAL

18 dic. 2013

BROCHE FINAL AO PROXECTO "LEMOS CIENCIA NA BIBLIOTECA"



Como final do proxecto “Lemos ciencia na biblioteca” estiveron hoxe con nos SONIA VILLAPOL e TODD TREAGEN.

SONIA é unha científica de Bretoña, doctora en Neurociencias que actualmente traballa no Centro de Neurociencias de Mediciña Rexenerativa en Washington investigando sobre a protección das células nerviosas despois dun traumatismo cerebral. Grazas aos seus descubrimentos xa hai un grupo de persoas con este tipo de danos probando os efectos do tratamento.

TODD é un científico bioinformático no Centro de Bioinformática e Bioloxía Computacional na Universidade de Maryland. O seu traballo céntrase no ensamblaxe dos xenomas usando novas técnicas de secuenciación.



Fixeron unha exposición clara e amena, achegándonos ao fascinante mundo da ciencia. As nenas e nenos de 5º e 6º curso fixeron preguntas e seguro que deste grupo sairá máis dunha científica e dun científico. Como curiosidade, chamoulles a atención que Todd, americano, falara en galego. EN GALEGO TAMÉN A CIENCIA.



Damos as GRAZAS a todas as persoas que, de maneira desinteresada e facendo un oco no seu traballo, colaboraron neste proxecto.



13 dic. 2013

LENDO CO KAMISHIBAI

Contacontos na biblioteca durante a HORA DE LER por parte dos nenos e nenas de 5º A  aos compañeiros doutras clases.

mércores 27 novembro: O TRAXE NOVO DO 

EMPERADOR - 4º B

xoves 28 novembro: A LEITEIRA - 4º A

venres 29  novembro: O GATO SOL - 6º

luns 2 decembro: O GALO E O RAPOSO - 3º

venres 12 decembro: A LEBRE E A TARTARUGA - 5ºB






8 dic. 2013

O NOSO ADEUS A MANDELA

Nelson Rolihlahla Mandela fixo da súa vida una loita contra as inxusticias. Cambiou a historia de Sudáfrica facendo posible a reconciliación de brancos e negros e convertiuse nun símbolo internacional de dignidade e tolerancia.


Estes días por todo o mundo, blancos e negros choran a morte do home máis respectado do planeta: MADIBA, como lle chamaban no seu país polo título honorífico que os anciáns do clan Mandela lle otorgaron. 
Achegarémonos máis á súa figura aproveitando a celebración do Día dos Dereitos Humanos o 10 de decembro. 
Neste enlace atoparás moitos recursos para traballar na aula.

Grazas a Rosana Rodiles, biblioteca Xoán Farias por compartir a imaxe.

2 dic. 2013

O APALPADOR

O APALPADOR volve polo Nadal para agasallar ás nenas e nenos de todas as idades. Entrade na súa páxina web e atoparedes información, actividades, papel de carta, debuxos e como participar no concurso:
Cartas ao Apalpador
Busca nas entradas da parte dereita do blog os recursos para o NADAL que xa se achega.

30 nov. 2013

OS DEREITOS DOS NENOS



Grazas ao equipo da biblioteca do Ceip Barrié de la Maza por compartir este traballo  que parte do libro 
El extraordinario viaje de LUCIUS DUMB do que tamén se estrea  película o próximo día 5 de decembro.
Os científicos máis importantes do mundo recibiron un encargo moi especial: descubrir o instrumento capaz de convertir a terra nun lugar no que as persoas poidan vivir felices.

17 nov. 2013

XOGAMOS COA CIENCIA

Aquí vemos unha mostra das actividades relacionadas coa ciencia levadas a cabo durante o mes de outubro. Todo o colexio estivo implicado e foi moi satisfactorio. 


 

13 nov. 2013

25 de novembro DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvistaalegre/node/277



Seguimos asistindo a unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada, a violencia contra as mulleres.
Nestes días chegounos o dato que seis de cada dez rapazas son insultadas ou maltratadas no seu móbil ou correo electrónico.
Debemos crear conciencia e promover acción que poñan fin a este feito.
O 25 de novembro conmemórase o "DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"
Preme na imaxe para ver diferentes recursos que recopilamos desde a biblioteca.

4 nov. 2013

COÑECEMOS A NOSA TRADICIÓN ORAL


Páxinas para coñecer moitas das nosas lendas, romances, refráns, adiviñas ...

http://www.galiciaencantada.com/index.asp
Galicia encantada





http://www.orellapendella.org/



Orella pendella












Galicia espallada





http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/home_contos_vellos.html






TRABALLOS SOBRE A CIENCIA


 Pequena mostra dos traballos feitos polo alumnado relacionados co tema do mes de outubro
LEMOS CIENCIA




28 oct. 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA ACHEGÁNDONOS Á CIENCIA





O venres 25 achegámonos á ciencia da man da investigadora ÁNGELA VÁZQUEZ ÁLVAREZ que estivo na biblioteca para explicarnos cousas do seu traballo.
Contounos que desde pequena lle gustaba a natureza e que tamén era moi curiosa. Cando rematou o bacharalato no IES Politécnico de Lugo estudou na Universidade de Compostela a carreira de Inxeñería Industrial e hoxe está traballando no departamento de Agroforestal, investigando como aproveitar a forza do mar para obter enerxía.
Díxonos que a curiosidade, a creatividade e traballar  en equipo son cualidades indispensables para unha investigadora ou investigador. E unha das cousas que máis lle gusta do seu traballo é poder descubrir cousas que melloren a vida das persoas e contribúan á conservación do noso planeta.
Chamounos moito a atención un video  no que varias persoas fan esculturas partindo dunha pastilla de xabón e chegamos á conclusión que
 CADA PERSOA PODE VER NUNHA COUSA DIFERENTES POSIBILIDADES


25 oct. 2013

SAMAÍN





LIBRUXA recórdanos que premendo na imaxe atoparemos recursos para traballar e coñecer o  SAMAÍN. Xa viu a decoración da entrada do cole preparada para recibir as cabazas.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Coincidindo co Día das BIBLIOTECAS ESCOLARES comeza a viaxe, outro curso máis,  das MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida teñen entre as familias.
 Trátase de disfrutar lendo xunt@s, buscar ese momento íntimo e tranquilo no que poidamos compartir, soñar, imaxinar ...   a fin de contas VIVIR.
Esperamos que as disfrutedes. 

19 oct. 2013

CIENTÍFICAS GALEGAS

Ademais de toda a información que Libruxa nos pon ao alcance da man, tanto nos libros como en páxinas web, tamén imos ter a oportunidade de achegarnos máis de cerca ao mundo da Ciencia, coñecendo e falando con dúas mulleres galegas dedicadas á investigación. 
Énchenos de orgullo poder contar coa súa colaboración para que o noso alumnado teña un contacto máis directo e vexa máis accesible este tema.





que estudiou no IES de Meira e actualmente traballa no centro de Neurociencias e Mediciña Rexenerativa en Washington  investigando sobre a protección das células nerviosas despois dun dano cerebral. Tamén fai investigacións para o National Institutes of Health de EEUU.


Esta é ÁNGELA VÁZQUEZ ÁLVAREZ

que estudiou no instituto de Grandas de Salime e no Politécnico de Lugo.
Hoxe en día desenvolve a súa actividade como investigadora na Universidade de Santiago de Compostela no Departamento de Enxeñería Agroforestal buscando como aproveitar a forza do mar para obter enerxía.

5 oct. 2013

LEMOS CIENCIA NA BIBLIOTECA


LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Este é o tema recollido no cartaz de Patricia Castelao co que as bibliotecas escolares de Galicia conmemoran  o día 24 de outubro o Día da Biblioteca (neste enlace atoparás máis información)
Desde LIBRUXA sumámonos a este evento e preparamos unha exposición de fondos relacionados coa ciencia para que durante o mes de outubro se leven a cabo actividades que iremos presentando nos diferentes ciclos.




2 oct. 2013

CHEGAN AXUDANTES Á BIBLIOTECA

Unha marea de colaborado@s inundou hoxe a biblioteca do cole. Aquí os tedes á espera de facer as quendas pertinentes e recibir as instrucións de traballo.
LIBRUXA quedou un pouco pasmada ante tal avalancha de voluntariado. Seguro que todo funcionará estupendamente.

30 sept. 2013

LIBRUXA CONVÍDAVOS A VISITALA

O martes día 1 de outubro a biblioteca xa está lista para recibir a todas as nenas e a todos os nenos. Podedes vir cos vosos titores e titoras a ler, a buscar información,  a ver videos e películas, coller libros en préstamo...Tamén nos recreos, agás os mércores que estará ocupada co clube de lectura.
 Ah! moi importante, LIBRUXA ten preparadas unhas actividades para que coñezades mellor como funciona e vos convirtades nuns estupendos bibliotecarios. Estará encantada de vervos de novo.


10 sept. 2013

BENVID@S



Burela 11 de Setembro de 2013.





         Bos días a tod@s!

      Que tal, rapaces e rapazas do CEIP Plurilingüe Vista Alegre? Aquí estamos tod@s de novo, coas pilas ben cargadiñas de enerxía positiva para aproveitar este curso que agora comeza. Verdade que sí? 

      Alégrome moito de vervos. Espero que disfrutárades moito das vosas vacacións, e que seguírades o meu consello dedicándolle parte do voso tempo estival a ler algún libro/conto.

      Lembrade que aquí estarei, na Biblioteca Libruxa, cos meus novos colaboradores nos recreos para facer o préstamo, e un novo equipo de Biblioteca que continuará a traballar para mellorala. Deste xeito poderemos ofrecervos textos variados, tendo en conta os vosos gustos lectores (cómic, poesía, aventuras, humor…), e textos que satisfagan a vosa curiosidade con respecto á natureza, á ciencia, a fenómenos meteorolóxicos...

      Sen máis, e esperando verbos pola Biblioteca, despídome polo de agora.

      Próximamente avisaremos a través d@s vos@s titores/as da data oficial de apertura da BIBLIOTECA LIBRUXA para que den comezo as actividades con normalidade que nela se desenvolverán.

     

Grazas a tod@s e…    Benvid@s!





Asdo:





    LIBRUXA e o Equipo de Biblioteca.