Páginas

31 mar 2014

ENCONTROS PLAMBE

Na seguinte ligazón aparecen as presentacións dos diferentes relatorios que tiveron lugar en Compostela durante os días 27 e 28 de marzo con motivo dos  
Encontros dos centros escolares do Plan de mellora das bibliotecas escolares 2013/2014

Materiais dos Encontros

23 mar 2014

SEGUIMOS CON POESÍA

Desde a biblioteca do Ceip de ANDRADE de Pontedeume facilítannos esta selección de POEMAS. QUE MARAVILLA!!!!!!!

19 mar 2014

ASÍ TRABALLAREMOS O MES DO LIBRO




  • Actividades para o mes de abril propostas por LIBRUXA


                     MADRIÑAS E PADRIÑOS venres 25 abril
  CADA OVELLA COA SÚA PARELLA.  Actividade secuenciada por ciclos para facer nas horas asignadas de biblioteca. Emparellar parágrafos ou ilustracións coas correspondentes portadas de libros.


                     COMO SE FAI UN LIBRO. Conto no que os Bolechas explican como se fai un libro. (Ceip Eduardo Pondal de Vigo) 

MARATÓN DE LECTURA  organizado polo CC Buril.
                           
      VISITAS DE AUTOR@S 



  ADIVIÑA QUE CONTO. Presentación na que lendo unhas pistas, han de adiviñar de que conto se trata. Tamén para as sesións de biblioteca e para todos os ciclos.

17 mar 2014

NA HORA DE LER: LEMOS POESÍA

Exposición de libros de POESÍA á entrada da biblioteca, organizada por ciclos para que o profesorado escolla e traballe este xénero literario durante a HORA de LER.

CARTAS DE AMOR






 Unha pequena mostra de como está o mural coas cartas que lle están a chegar a LIBRUXA con motivo do mes do AMOR.
Tod@s aquel@s remitentes terán o seu agasallo que lles será entregado na biblioteca.

15 mar 2014

ENCONTROS DO PLAN MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Os vindeiros 27 e 28 de marzo de 2014, 524 profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares reuniranse en Santiago de Compostela no que serán os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014. 
PROGRAMA

10 mar 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil, a celebrar o vindeiro 2 de abril, en memoria de Hans Christian Andersen. 

Nesta ocasión, é Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.

GALIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, difunde este material e tamén un concurso de expresión creativa que convoca a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil),  no que poden participar as nenas e nenos dos centros de ensinanza primaria e dos dous primeiros cursos de ESO. Este concurso "INVITA A HANS CRHISTIAN ANDERSEN..." proponlle ás nenas e aos nenos que deseñen unha postal para invitar a Anderssen a visitar e coñecer o sitio no que viven, neste caso, Galicia. Pódense consultar as bases AQUÍ. O prazo para a entrega de orixinais remata o 2 de abril e deben enviarse ao domicilio de GALIX (ver nas bases).
Publicado por Bibliotecas Escolares

7 mar 2014

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



O día 24 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA.
A entrada do colexio, á porta da biblioteca, encheuse de marcapáxinas alusivos á autora, feitos polo alumnado e colgados en tendedeiros.
As nenas e os nenos de 5º curso buscaron un oco para xuntarse e leren os textos que escribiran nos seus traballos. 

Tamén escoitamos ao alumnado da clase de 3 anos todos entusiasmados contando todo o que sabían de Rosalía.

5 mar 2014

8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

"Igualdade para as mulleres, progreso para tod@s"
é o lema da ONU Mulleres, entidade da ONU para a Igualdade de Xénero e Empoderamento da Muller con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES que se celebra o 8 de marzo.
 Neste caderno coñecerás a orixe e máis información desta data.

Máis enlaces interesantes:

As 10 mulleres científicas máis importantes da historia 

Mulleres na historia de Galicia Wq deseñada por Olga Rguez. Díaz