Páginas

28 jun 2015

VISTALEGRÍN 2015: A nosa revista escolar

Unha nova edición do noso xornal Vistalegrín acaba de saír. 

Este ano "Vistalegrín 2015" trae consigo un suplemento moi especial que a todos os nenos e nenas lles encantará ver e ler: "As aventuras dos Vistalegrines", un fantástico cómic que elaboraron entre todos como traballo final do proxecto levado a cabo no colexio.

Por outra banda, no Vistalegrín 2015 mantéñense as seccións habituais de todos os anos: celebracións, saídas, traballos de aula, entrevistas, ... onde se recolle o máis salientable do acontecido este curso no colexio Vista Alegre.

AS AVENTURAS DOS VISTALEGRINES.
Suplemento especial do Vistalegrín 2015

Monicreques IES MONTE CASTELO

Un grupo de alumnas do IES Monte Castelo visitou a nosa biblioteca para representarlle aos nenos de 4 anos  unha pequena obra con Monicreques. Tratábase dunha adaptación da popular obra dos "Músicos de Bremen" que a todos nos gustou moito. Gracias a este grupo de nenas que nos fixeron disfrutar moito coa súa representación.