Páginas

31 may 2026

OUTRAS VIAXES DOS VISTALEGRÍNS


     Durante este trimestre os vistalegríns viviron tamén outras emocionantes aventuras: 

     O alumnado de 5º gozou da súa posta a punto no mundo da radio a través de Ponte nas Ondas


          Tamén recibiu a visita de Cristina Palacios de Arelas infancia mocidade trans para sensibilizarnos e formarnos para construír xuntos un cole “sen armarios” e libre de LGTBIfobia.



          O alumnado de 3º ciclo viaxou a Santiago de Compostela para participar no Congreso de Innovación na Cidade da Cultura.



        @s nen@s 6º recibiron a visita de Emma Gala, quen compartiu con nós a súa experiencia de vida como inmigrante para visibilizar a importancia da inclusión social: 


    Tamén os máis maiores asistiron ao Congreso da Infancia e Adolescencia onde aprenderon sobre temas como o consumo de peixe, a sostibilidade, o coidado do mar e das praias, así como diferentes propostas e iniciativas relacionadas coa alimentación sá e saudable. 


     Os máis pequeniños desfrutaron de talleres da primavera, recibiron á garda cicil, visitaron o Roq Park no monte San Roque de Viveiro ou a Granxa Escola Río Eo en Castropol e comezaron novos proxectos de aula como os dinosaurios:


       Finalmente, a Garda Real visitounos a todos para que coñecésemos o seu traballo, a sección canina, o adestramento dos cans, o seu equipamento....