Páginas

15 may 2024

FANTÁSTICOS GAÑADORES

Preme na imaxe-El Progreso

 

      Algúns d@s nos@s alumn@s de 6º de E.P. resultaron gañadores e finalistas na XXIV Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís: 

 - en debuxo, a gañadora foi Jimena Domínguez García

- en redacción quedaron finalistas Lara Romo Leivas, Jimena Domínguez García e Jorge Melo Reigosa

Moitos parabéns polo voso esforzo e traballo. Desfrutade dos premios!!!!!

A FAMILIA, ÚNICAS E DIFERENTES


     O Día internacional das familias celébrase o 15 de maio cada ano para concienciar sobre o papel fundamental da FAMILIA na educación da primeira infancia, no desenvolvemento da identidade persoal ou no descubrimento de aprendizaxes importantes para o seu futuro. 

       Por iso, o alumnado de 6º elaborou uns caligramas e acrósticos en homenaxe ás súas familias, todas diferentes, todas especiais e únicas. 


14 may 2024

24, RÚA DA MICRORREDE. A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁNEZ

 

Preme na imaxe-blog microrrede
   

Como cada curso, chega a nosa participación na exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña, que terá lugar do 7 ao 10 de maio en Viveiro e que este ano homenaxeará ao xenio Ibáñez e ao mundo do cómic
     O obxectivo segue a ser aportar dinamismo e potenciar as bibliotecas escolares a través do seu lema: unha biblioteca escolar en viñetas, enfatizando as posibilidades que nos ofrece a banda deseñada como xénero que cada vez ten máis visibilidade dentro da biblioteca escolar. Ler cómic tamén é ler e favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora con apoio visual ofrecendo diferentes capas de lectura, visual e artística, desenvolvendo a creatividade e a imaxinación. 
      Uniremos esta día global e a participación de todos os centros, como levamos facendo estes anos para adaptala ao noso PDI. 

      Despois das diversas reunións ao longo do 1º e 2º trimestres o novo proxecto vai collendo forma, tanto o proxecto para a exposición (cadro) como o traballo colaborativo artístico-literario que comezamos a facer o curso pasado e tivo tanto éxito. Este ano tócanos facer un cómic colaborativo viaxeiro polos distintos centros que formamos a microrrede.  



   Este será finalmente o cartel para a nova exposición, diseñado por Laura González Freire, alumna do bacherelato de artes do IES Monte Castelo


     e este será o programa da exposición: 



      Nesta 13ª edición da exposición adicada ao 13 rue del Percebe de Ibáñez, tratamos de recrear un inmueble enteiro de vivendas cos seus protagonistas a través dos nosos cadros. Cada cadro será un apartamento personalizado coa obra de cada centro, onde tamén aparecerán protagonistas de Ibáñez: a porteira, o ladrón, Filemón, Profesor Bacterio, Rompeteitos, Otilio, Tato, Mortadelo, os trillizos, Ofelia, Sacarino.....E así quedou a versión dixitalizada: 

Preme na imaxe

       O noso cadro foise facendo pouco a pouco grazas ás ideas dos voluntarios da biblio de 6º en colaboración co alumnado de 2º de EP




    Xa na exposición así foron quedando os diferentes cadros....

 





    e o 7 de maio chegou o gran día da inauguración. O coro do CEP Lois Tobío actuou representando a obra "Tiempo" do compositor vasco Josu Elbertín. Rebeca Palmeiro, narradora, e Iván Vale, director do coro, fixeron un excelente traballo cos nenos/as. Un espectáculo fermosísimo!!!
   Para rematar esta décimo terceira edición, os coordinadores das bibliotecas escolares recibiron un obradoiro de creación de banda deseñada da man da artista Uxía Larrosa.  

Preme na imaxe-inauguración

    Ao longo da semana, as tardes estiveron cheas de actuacións para o publico e obradoiros para os membros da Microrrede como parte da formación.

   Obradoiro de creación de Banda Deseñada con Brais Fierro Fuentes, 
 

    Lecturas compartidas. Lectura e música da man do alumnado do IES Vilar Ponte e tamén a actuación de Parasite, grupo de música tamén do IES Vilar Ponte
 

   ou un obradoiro para nen@s da man de Abraham Carreiro

    
e clausuramos a exposición coa actuación da coral polifónica Alborada de Viveiro e alumnado do CEIP de Celeiro
    
     Nesta exposición tamén presentamos o cómic colaborativo que foi rulando por todos os centros ao longo do curso e cuxa historia foi medrando coas ideas do alumnado e profesorado que colaborou na realización do mesmo. Estivo colgado dun tendal, pero este é o resultado dixital. Esperemos que vos guste!!!!

Preme na imaxe- cómic colaborativo
 

ABRIL E MAIO: CONVOCATORIA DE REINOS E RETO 8

 







    

     Xa imos polo reto 8 e Vatra cada vez ten menos poder. Imos conseguindo afastalo de Vistamáxica. Nesta recta final quédanos algún reto máis e Libruxa convoca aos reinos xa que ten nas súas mans o novo reto: 



   Estes son meses de letras e de artes, polo que o novo reto terá como finalidade unha representación artística especial: elaborar entre todos un TOTEM máxico que acabe definitivamente cos poderes de Vatra. 

NOTICIEIRO DO REINO!!!!


 






       Conseguido!!!!! con motivo da Semana da Prensa e Día da muller, o reto 6 do bruxo xa está rematado e sae, por fin, publicado o "NOTICIEIRO DO REINO" cargadiño de noticias sobre o Día da Muller, a ameaza de Vatra, entrevistas á alcaldesa e á directora do hospital e, como non, @s peques de infantil diseñaron a publicidade deste noticieiro. Esperemos que vos guste!!!

   Colocamos o taboleiro para que cada reino fose deixando o seu traballo:


   Despois había que maquetalo e darlle forma...








A MIN GÚSTAME LER....

 


     Para conmemorar o Día do Libro, este ano Libruxa propúxolles @s peques que fosen eles os que recomendasen as súas lecturas preferidas coa actividade "A MIN GÚSTAME LER..." 

       Unha vez rematada colgarase nos corredores do cole para que se animen a coller na biblio esas lecturas recomendadas. 


A Min Gústame Ler... by Nazareth

    Este foi o resultado:

   


















      Tamén, @s peques de infantil crearon uns marcapáxinas moi chulos ao longo dese día.