Páginas

24 oct 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


    O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema de "Tecendo comunidades", porque iso é o que é unha biblioteca: un lugar de encontros, de convivencia, de descubrimentos...un lugar para compartir experiencias e disfrutar das viaxes a outros lugares a través da lectura. 

        Este curso o lema das Biblitecas Escolares de Galica é "Unha Biblioteca Escolar en Viñetas", para poñer en valor o cada vez maior protagonismo deste xénero nas nosas bibliotecas. Ler cómic tamén é ler e favorece a autonomía lectora dende ben pequeñ@s, ao mesmo tempo que axuda ao desenvolvemento artístico, creatividade e imaxinación. 




          O dia de hoxe, coma sempre no noso cole se poñen en marcha as mochilas viaxeiras, unha maneira de tecer lazos coas familias a través da lectura e do intercambio de opinións sobre as mesmas no cadernos que acompaña a cada mochila.  

             Preparadas para que comecen a circular!!!!!



       Hoxe Libruxa tamén mandou unha mensaxe moi especial para o alumnado de 6ª na búsqueda de voluntarios para que lle axuden no seu traballo diario, que non che é pouco!!!


        A ver cantos e cantas peques se animan. Saberémolo estes días. 
       Como parte da formación de usuarios que iremos dándolles aos grupos de voluntarios e ao resto do alumnado, elaboramos un díptico cun plano da nosa biblioteca: 

Formación Usuarios 23-24 (3) by Nazareth

22 oct 2023

DÍA DAS ESCRITORAS


       O 16 de outubro celebrouse o Día das Escritoras, como cada ano dende 2016, para reivindicar a labor  e o legado literario da muller, tantas veces relegado a un segundo plano. 
       
        Libruxa quixo achegar este día aos nosos nenos e nenas coa presentación dun libro de historas titulado "Horripilantes", editado por unha editorial pequeniña, Tres Patas y pico, creada por tres mulleres. 


   
    16 historias monstruosas, 16 actividades para pasalo de medo, 16 curiosidades coas que che explotará o cerebro, escritas maiormente por mulleres. 16 personaxes tan espeluznantes como divertidos e tan monstruosos como entrañables que fixeron as delicias do noso alumnado de Infantil, 1º Ciclo e 3º de E.P
   Agora que se achega o Samaín,  o xoves 19 disfrutaron un bo ratiño do bo facer contando contos de Elena Cienfuegos, escritora dunha das historias. 





15 oct 2023

OUTUBRO: ASAMBLEA DE REINOS E RETO 2

 








      Reto 1.......CONSEGUIDO!!!!!! O dragón Vatra xa ten menos poder porque perdeu unha das súas escamas, en custodia de Libruxa na urna sagrada.  

        Cada reino xa ten o seu nome e o diseño do seu estandarte!!!! 


-3 anos A: Reino das Tartarugas

-3 anos B: Reino das Bolboretas

-4 anos A: Reino Leónidas

-4 anos B: Reino Tornado

-5 anos A: Reino dos Trasnos

-5 anos B: Unirreino

-1º A: Reino das Estrelas

-1º B: Reino Nimbus

-2º A: Os Lumínicos

-2º B: Porcus Tenebris

-3º A: Reino Salvaxe

-3º B: Vistamáxica

-4º A: Reino dos Xabaríns

-4º B: Reino da Ave Fénix

-5º A: Reino de Narpelia

-5º B: Reino das Ideas

-6º A: Reino de Ursi Maris

-6º B: Loquis Mare

     O bruxo sae do seu escondrixo para darlle a Libuxa o RETO 2 e convocar unha nova asamblea na fortaleza dos troncos. Alí debatirase sobre o que hai que facer para cumprir o reto en prazo e quitarlle ao dragón a segunda escama.  Tamén é o momento de presentar os ESTANDARTES xa co diseño finalizado. Moito esforzo e moi bo traballo. Libruxa está orgullosa!!!!

 

     Agora temos que crear un amuleto protector con poderes máxicos para poder protexernos das ameazas externas. Debemos tomar moitas decisións: será un colgante, un anel, unha pulseira....qué materiais empregaremos? Cal será o diseño? 
        Saberédelo moi pronto. Polo de agora os reinos están debatindo e decidindo....



QUE SUCEDE NOS REINOS?


 





     

     E mentras tanto, nos distintos reinos imos entrando en materia e coñecendo un pouquiño non só sobre os dragóns e a nosa cultura popular, se non tamén sobre a Idade Media e cómo era a vida naquela época. 

     Os pequechos andan a aprender os oficios antigos que se remontan á época medieval e algúns están a piques de desaparecer. O alumnado de 4 anos convertiuse en panedeiros e panadeiras por un día e qué rico lles saiu o pan!!!!! 

   


     Outro día, convertíronse en pequenos agricultores e foron sacándolle as vainas ás fabas para facer unha rica ensalada. Alimentación rica e saudable, como antigamente!!!!



    O alumnado de 1ª ciclo comezou a investigar sobre os dragóns e outros seres fantásticos e mitolóxicos, polo que foron visitar o "Bosque Máxico" onde tiñan o reto de atopar diferentes seres encantados, e tamén aproveitaron para aprender máis cousiñas sobre outro oficio case desaparecido, a olería de Bonxe. Alí aprenderon a traballar o barro e cómo antigamente se facían vasixas, pratos, xarras, lavadoras.... 


 

    Os máis maiores tamén aproveitaron estes primeiros meses para visitar a Burela antiga: a Igrexa da Vila do Medio, os lavadoiros, as fontes, o muíño, os cabozos...vestixios de épocas pasadas que debemos respectar e coñecer. 


SETEMBRO: ASAMBLEA DE REINOS E RETO 1

 








     Chegou o momento, o bruxo xa lle deixou a Libruxa o RETO 1. Para poder levalo a cabo convocamos aos representantes dos 18 reinos á 1ª asamblea na fortaleza de troncos. Alí lerán o primeiro reto e debatirán sobre o que significa "estandarte", cómo poden diseñar os seus emblemas, que é un "reino"....

        Logo, voltarán á clase e explicaránlles ao resto dos habitantes do seu reino cal é o reto 1 e todos aqueles acordos aos que se chegaron na asamblea. 

           Xa estamos listos para planificar, diseñar e crear o estandarte e darlle un nome a cada reino!!!! Deste xeito poderemos sacarlle a primeira escama ao dragón e metela na urna sagrada custodiada por Libruxa, de onde non voltará a saír. 



    Así viviron esta 1ª asamblea @s nos@s peques: 

   

   Resumo que imos entregando ao profesorado e colgando na sala de profes: 

Resumo reto 1-2


PRESENTACIÓN XOGO DE REINOS


 






       Libruxa estivo estes días preparando a presentación do proxecto. Ademáis do vídeo do 1º día para a comunidade educativa, atoparedes os obxectivos do PDI, o itininerario lector para ir selando a medida que se vaian lendo as suxerencias nas titorías, unha bibliografía sobre os dragóns e a Idade Media, para ir entrando en materia e que se atopará exposta no recanto do proxecto. Tamén iremos incluíndo os diferentes retos que terán que superar @s nen@s para derrotar ao dragón Vatra.

  

Ademáis o profesorado xa está confeccionando as súas vestimentas especiais para presentarnos o 1º día:



   O equipo de biblio tamén está preparando as portadas para os novos buzóns que xa sabedes que estarán nas portas das aulas, así como a nova entrada ao Reino de Libruxa: 





BENVIDOS A XOGO DE REINOS!!!!!

 

            O dragón Vatra atravesou o portal do tempo e ameaza a armonía e a boa convivencia do cole. Un bruxo baixa do monte para avisar a Libruxa, que debe convocar unha asamblea de reinos...
       
          Así comeza o noso novo PDI e así o presentamos a toda a comunidade educativa o primeiro día de cole: 

    
          Deste xeito creamos expectativas e motivación para o inicio de curso. Os profes aparecimos disfrazados e co estandarte do noso reino para recibir aos peques e ás súas familias. Estarán os nenos e nenas dispostos a axudar a Libruxa a derrotar ao dragón? 

           QUE COMECE XOGO DE REINOS!!!!!!

    Así quedou compartido nas nosas redes sociais: 


REMATAMOS: GUÍA DE VERÁN E REVISTA VISTALEGRÍN

    Imos rematando un curso máis e, como sempre, Libruxa quere deicarvos unha pequenas recomendacións lectoras para o verán.  





    Asimesmo, publicamos a nosa revista Vistalegrín!!!









   Queremos compartir con vós a revista final Erasmus+Journal: Friends for our Planet, onde quedan resumidas todas as actividades destes 3 anos de proxecto europeo compartido cos diferentes coles participantes.