Páginas

24 may 2026

SAMÁIN: ALTAR DE MORTOS


     O día 30 de outubro celebramos o Samaín no cole cunha representación do altar do "Día dos Mortos" mexicano. Para iso traballamos esa tradición nas aulas como parte da nosa viaxe a través da lectura de contos, poemas e visualización de vídeos: orixe, ofrendas, significado....
     O noso altar de mortos foi moi especial xa que eran as fotos d@s profes "customizados" de catrinas e o alumnado terá que ir adiviñando "quen é quen?"

     
     Para a decoración deste altar, como sempre, repartimos o traballo para realizar nas clases de Educación plástica: 
-as flores: 2º e 3º ciclo
-velas: Educación infantil
-guirnaldas de papel picado: 1º ciclo
    Completamos a decoración co deseño das catrinas que foron traendo as familias ao longo desta semana feitas con material de refugallo e aquí tedes o resultado: 






  


    Tamén tivo lugar ao longo da semana un taller de cociña internivel coa elaboración de galletas con formas de catrina. Os máis maiores foron axudando aos máis pequenos a mesturar e amasar as galletas, darlles forma cos moldes e despois ao forno!!! Fumos meténdoas en grandes frascos de cristal para que o día 30 se puidesen decorar e degustar finalmente. 



   Como non podía ser menos, Libruxa tamén se customizou de Catrina na súa axencia de viaxes e o alumnado ese día apareceu terrorificamente disfrazado.