Páginas

31 may 2026

A AXENCIA DE VIAXES BOTA O PECHE: VISTALEGRÍNS AIRLINES DE VACACIÓNS

 

      Xa andamos inmersos na preparación do noso acto de final de curso. Se todo sae segundo o previsto a Axencia de Viaxes botará o peche o 19 de xuño cunha obra teatral moi especial que mestura teatro, música, escenificación e danzas que porá punto e final a un curso cheo de viaxes e descubrimentos. 
      Á axencia iranse achegando moitos clientes que buscan destinos exóticos, lugares fríos, afastados do Mundial de fútbol, para unha lúa de mel, xubilados que non queren descansar, localizacións de cine, surfistas, e moitos personaxes máis que nos farán rematar o curso cun sorriso nos beizos. 
       Esperemos que lles guste!!!!!   


Guion Fin de Curso by Nazareth

  
     Os nosos pasillos documentan a diversidade, os contrastes e a forma de vida en cada rincón do noso planeta, pero, ao mesmo tempo, amosan que no fondo non somos tan diferentes, que compartimos moitas das nosas costumes e tradicións, ainda que lle chamemos doutra maneira; un imaxinario colectivo que nos demostra que estivemos, estamos e estaremos conectados por rutas viaxeiras de fíos invisibles…, tod@s temos algo en común: un fogar chamado “Terra” que debemos coidar e preservar.

    Queremos compartir co resto da comunidade as viaxes feitas polo noso alumnado con este proxecto levando todas as nosas exposicións á Casa da Cultura do Concello para que poidan desfrutar das mesmas como o fixemos nós neste curso. Esta será a nosa derradeira parada: 


     O alumnado de 4ºB sorprendeunos tamén cunha montaxe sobre a súa versión da volta ao mundo!!!