Páginas

17 dic 2011

33 RAZÓNS PARA LER EN NADAL

Para vivir más.

Para detener el tiempo.

Para saber que estamos vivos.

Para saber que no estamos solos.

Para saber.

Para aprender.

Para aprender a pensar.

Para descubrir el mundo.

Para conocer otros mundos.

Para conocer a los otros.

Para conocernos a nosotros mismos.

Para compartir un legado común.

Para crear un mundo propio.

Para reír.

Para llorar.

Para consolarnos.

Para desterrar la melancolía.

Para ser lo que no somos.

Para no ser lo que somos.

Para dudar.

Para negar.

Para afirmar.

Para huir del ruido.

Para combatir la fealdad.

Para refugiarnos.

Para evadirnos.

Para imaginar.

Para explorar.

Para jugar.

Para pasarlo bien.

Para soñar.

Para crecer.

Victoria Fernández
Directora de la revista CLIJ

16 dic 2011

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL

Aquí tedes a guía de lecturas para o Nadal con sexerencias para tod@s.
Que mellor regalo que un libro?


LIBRUXA e o equipo da biblioteca deséxanvos un bo Nadal e un ano 2012 cargado de bos momentos de doces lecturas.

23 nov 2011

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES





A violencia contra as mulleres preséntase de variadas maneiras e afecta a moitas persoas do mundo. Dende a escola traballemos para acabar con esta lacra social.
Agradecemos á biblioteca do Ceip Víctor Saenz a súa recopilación de recursos e ao Ceip Andrade este conto da " BRUXA PANDORA", unha compañeira de LIBRUXA .

17 nov 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, UN EXEMPLO

Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.

16 nov 2011

CUENTOS SILENCIOSOS


LIBRUXA agasállanos con unha obra de arte de LACOMBE, CUENTOS SILENCIOSOS, un libro que invita a disfrutar da imaxinación con oito escenas de teatro para contar, para que as palabras voen, ou para que queden presas, porque as imaxes abondan para nos deixar boquiabertos. Porque tamén ás veces sobran as palabras e convén o silencio.

14 nov 2011

COMO É UNHA BIBLIOTECA

Desde a biblioteca CANISTREL comparten este video conto sobre os Bolechas titulado "Os Bolechas queren saber... como é unha biblioteca". Unha ferramenta útil para a formación de usuari@s.

6 nov 2011

SAMAÍN

Entre cabazas medoñentas unhas, aterradoras outras, contos de medo medísimo, nenos e nenas vampiros e monstras, pasamos o SAMAÍN.
O alumnado de 5º e o de 3º deleitounos coas cancións
"The skeletons dance"
e "O esqueleto" de Migallas acompañadas das súas coreografías.
Como remate vimos a peli "La novia cadáver".


2 nov 2011

XOGO DOS EDIFICIOS ENCANTADOS

Chéganos o xogo DOS EDIFICIOS ENCANTADOS desde o Ceip Esteiro (Ferrol) e dínnos que é un xogo sinxelo e fácil no que terás que ler e ordenar información dos relatos de casas, torres e castelos encantados que atoparás na páxina GALICIA ENCANTADA.
Está pensado para o alumnado de 4º a 6º de primaria

5 oct 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS



Outro curso máis comezan a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS. Son once mochilas cargadas con lecturas moi variadas para que toda a familia disfrute lendo. Teñen moi boa acollida xa que son solicitadas por todo o alumnado, desde infantil de 3 anos a 6º de primaria.

Os libros non teñen idades e as súas palabras, os seus debuxos, sempre espertarán en nós un montón de sensacións. Ler para nós e para os nosos fillos e fillas. DISFRUTADE DESE MOMENTO DE LECTURA XUNTOS.


COLABORADOR@S NA BIBLIOTECA



Aquí se presenta o numeroso grupo de colaboradoras e colaboradores cos que conta LIBRUXA. Xa levan varios días traballando na biblioteca durante os recreos. Desde logo que a súa labor é importantísima e xa son excelentes bibliotecari@s.


GRAZAS a todos e todas.

26 sept 2011

ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA





Coa axuda desta guía coñecerás como están organizados os libros na nosa biblioteca. Seguro que acabarás sendo unha gran experta ou un gran experto á hora de buscar libros e outros materiais que podemos atopar na biblioteca.

25 sept 2011

QUE BONITO É PANAMÁ

Poñendo a punto a biblioteca atopamonos con libros clásicos da literatura infantil escritos e ilustrados por Janosch na editorial Alfaguara e que agora Kalandraka está reeditando en galego. Para que vos animedes a lelos aquí tedes "QUE BONITO É PANAMÁ ", unha historia deliciosa que fai reflexionar a grandes e pequenos sobre o que temos diante e non vemos, sobre o valor do que posuimos, e sobre o valor da amizade incondicional baseada no respecto á diferencia, na complicidade e na comprensión.



CHEGOU O OUTONO

Aínda que en Burela non se nota moito, o 23 de setembro deu comezo o OUTONO. Atoparás información e recursos sobre esta estación do ano premendo AQUÍ.

19 sept 2011

BENVIDAS, BENVIDOS!!!!

Ola!, aquí estamos de novo coa ilusión de un novo curso. Estamos poñendo todo a punto para que o día 3 de outubro poidas visitar a LIBRUXA e coñecer algunhas das súas propostas.



Este é o cartel deste curso para a difusión das BIBLIOTECAS ESCOLARES

29 jun 2011

SAÍDA A CANGAS

E como punto final: CAMIÑATA A CANGAS!!



Preparamos mochilas e andando por camiños do monte durante máis dunha hora chegamos a Cangas. Alí xogamos e tamén repuxemos forzas para o camiño de volta ao cole.


UFFFFFFFF! chegamos un pouco cans@s , merecemos unhas


FELICES VACACIÓNS






FESTIVAL




Aquí tedes unha mostra do festival fin de curso. Houbo teatro e moito baile. Tod@s disfrutamos un montón.

LIBRUXA PREMIA @S MÁIS LECTOR@S




No final do curso LIBRUXA tamén fixo balance do traballo feito e unha das cousas das que está orgullosa é das boas e bos lectores que a visitan, por iso quixo facerlles entrega dun diploma e dun agasallo a aqueles nenos e nenas que máis libros leron de cada clase.

PARABÉNS A TOD@S

13 jun 2011

25 ANIVERSARIO DO CEIP VISTA ALEGRE

Estamos coa celebración do 25 aniversario do colexio e esta semana están programados varios actos con este motivo.

Concurso "adiviña quen é?"Na entrada do edificio atopamos un gran crucigrama con fotos do profesorado e persoal non docente cando era pequeno e trátase de completalo.

O mércores teremos un concerto de Música.

O xoves ás 17h na biblioteca celebraremos unha mesa redonda que estará composta por pais, nais, alumnado e profesorado da primeira época do cole e tamén da actual. Será bonito compartir vivencias.

O venres pola mañá xogos populares e pola tarde festa organizada pola ANPA.

Para rematar, o sabado disfrutaremos dunha comida con todas aquelas persoas que estiveron ou están relacionadas co colexio.

Na aula de Psicomotricidade podemos ver fotos, vídeos, periódicos que resumen a vida do centro nos 25 anos de existencia.

ALUMNAS MÁIS LECTORAS NO CURSO 2010/2011








Alumnas campeonas de lectura nos seus cursos:

Noa Miguélez de Acevedo 1º
Ana Rapa Casariego 2ºA
Ashley Muñante Carranza 2ºB
Claudia Pernas Dayán 3º
Ana Díaz Carracedo 4º
Isabela Lawicki Aragón 5ºA
Aida Maside Gil 5ºB
Claudia Teijeira Rey 6º


LIBRUXA entregaralles un agasallo o xoves na hora do recreo.
FELIZ VERÁN E BOAS LECTURAS Á SOMBRA!!!!!

2 jun 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

31 may 2011

MADRIÑAS E PADRIÑOS

Por fin as madriñas e padriños de 3º, 4º, 5º e 6º puideron agasallar ás nenas e nenos de Infantil e 1º ciclo contándolles un conto. E desde logo que non será a última vez. Emocionaba vel@s contando e escoitando esparcid@s por todo o recinto. A lectura como efecto integrador!!!



26 may 2011

ACTIVIDADES LIM "COMER SÁ"

Con estas actividades LIM podedes repasar todo o que temos traballado no proxecto "COMER SÁ" e ademais practicar o inglés pois está pensada para compartir cos paises do Comenius.




18 may 2011

SALVANDO LIBROS

LETRAS GALEGAS. SALVANDO LIBROS




SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?





Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Maio 2011

Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.

Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí

e algunhas das interesantes cousas que fai aqui

e tamén aquí….

Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade

salvandogrande


Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.




Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.




Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.




A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.




Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil









Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria













Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura












ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:








16 may 2011

EU FALO ASÍ


Aquí tedes un fermoso vídeo clip coa canción "CRI CRI" de A NENA E O GRILO

A NENA E O GRILO

A AMPA do colexio, con motivo das Letras Galegas, trouxonos o espectáculo A NENA E O GRILO. Con Magín Blanco, unha das figuras máis senlleiras do pop galego, e Charo Pita cantamos e ata bailamos.





9 may 2011

COMER SÁ

COMER SÁ é o proxecto interdisciplinar que estamos a traballar neste curso. É impresionante a cantidade de material que está saíndo das distintas aulas: libros de froitas, de verduras, de receitas, esquemas que recollen os conceptos traballados, actividades LIM que preparou a profe Rosana e na entrada do cole hai unha enorme pirámide que representará moitas das cousas estudadas.
Unha das actividades foi un taller con Mercedes Rodicio, pediatra do Hospital, coa que repasamos a roda dos alimentos, elaboramos o menú dun día e comprobamos se era sá e equilibrado.


Mirade as fotos

LETRAS GALEGAS

Neste mes das Letras que tan atarefad@s andamos SALVANDO LIBROS, APADRIÑANDO lector@s , preparando o xogo da OCA, aínda temos tempo para recordar que este ano o día das LETRAS GALEGAS está adicado ao poeta monfortino LOIS PEREIRO. Para saber del e da súa obra enlazamos co RECANTO DE MIK e atopamos recursos que nos axudarán.

ENCONTROS PLAMBE

Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación.




Sempre volvemos coas pilas cargadas e un montón de experiencias. Neste enlace tes acceso a todo o material.

28 abr 2011

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Os nenos e as nenas do 1º Ciclo visitamos a biblioteca municipal de Burela.

Estivemos moi atent@s ás explicacións que nos deron.






Cando nos fumos déronnos uns agasallos. Gustáronnos moito!



SESIÓN DE ANIMACIÓN

O pasado día 14 de abril tivemos dúas sesións de animación na biblioteca, unha co 1º ciclo de Primaria sobre o libro UN BAÚL LLENO DE LLUVIA de Ana Rossetti e outra co 2º ciclo sobre CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de Roald Dahl.
LIBRUXA contoume que estiveran moi participativos e que todos os nenos e nenas tiñan lido os libros.


Desde logo que hai moi bós lectores e lectoras!

27 abr 2011

SENDERISMO POLA BEIRA DO RÍO EO

O alumnado do 2º ciclo foi de excursión a Lugo onde visitou a Diputación Provincial e a Fundación TIC. Alí puido comprobar como son os platós de televisión e como todo o que vemos na TV non ten porque ser real.


Despois comeron en Ribeira de Piquín e fixeron unha ruta de sendeirismo pola beira do río Eo. Comprobade a beleza e tamén a dificultade do camiño. Xa son uns intrépidos camiñantes.


Voltaron moi felices


19 abr 2011

23 DE ABBRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

As Bibliotecas Escolares non poden pararse, e menos neste mes de abril, que vén cargado de encontros, soños e actividade arredor do libro e da lectura. O vindeiro 23 de abril, aínda que sexa período vacacional, non pasa desapercibido. Este Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, é un día para reivindicar eses "lugares para a lectura" que construímos entre os lectores e os libros (calquera que sexa a forma que estes libros acaben tomando).


O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011. Agradecemos a Carlos Negro as fermosas imaxes do seu texto, aproveitamos para poñer a bufanda colorada e saímos pasear pola fenda do espello.



No Recanto de Mik atoparás unha recopilación de recursos e actividades para utilizar nas aulas.

4 abr 2011

O ALUMNADO DO 2º CICLO ESTIVO NA GRANXA ESCOLA

Os nenos e nenas do 2º ciclo fomos á GRANXA ESCOLA DE BARREIROS en Sarria.

Foron días xeniais. Sentímonos alegres, cheos de vitalidade e con moita responsabilidade. Foi moi importante afrontar o reto de estar tres días fóra da nosa casa.

Ao final acabamos agotadas e agotados, pero mereceu a pena.

Fixemos un montón de actividades e talleres:



  • coidamos os animais


  • recollemos prantas aromáticas para facer un herbario


  • observamos aves e completamos un caderno de campo


  • visitamos unha charca


  • construimos fornos solares


  • fixemos papel reciclado


  • preparamos hamburguesas de soia

Non todo foi traballo, tamén xogamos e bailamos un montón.




23 mar 2011

MARATÓN DE LECTURA

O pasado 22 de febreiro o alumnado de 4º participou no maratón de lectura organizado pola Biblioteca Municipal de Burela.
En grupos na biblioteca prepararon lecturas de diferentes autor@s galeg@s e o martes 22 foron en autobús ata o salón de plenos do Concello ás 9,30h. para ler os textos escollidos.
Mirade que ben o fixeron.

22 mar 2011

O Antroido 2011 no Colexio

Os nenos e nenas de 6º curso fixemos unha selección de fotos da Festa do Antroido celebrada  no noso colexio o venres 4 de marzo. Logo na clase inglés coa axuda da nosa axudante americana Katy fixemos a seguinte montaxe en inglés co programa Smilebox. Esperamos que vos guste....
Click to play this Smilebox slideshow

14 mar 2011

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa, LIBRUXA proponnos aprender moitas cousas sobre os xornáis. Segue as súas indicacións no Caderno que che preparou  e verás que fácil....Fai click encima de Mafalda....

13 mar 2011

CONTACONTOS PARA INFANTIL

Os contacontos de Kalandraka visitaron a nosa biblioteca e con eles divertímonos escoitando nos contos, escoitando música e cantando.
Pasámolo moi ben e esperamos que axiña volvan polo noso cole.

ABRAHAM CARREIRO ENCANDILOU AOS NENOS E NENAS DE 1º CICLO

O pasado día 22 de febreiro visitounos o ilustrador Abraham Carreiro.
Xa previamente disfrutáramos cos seus libros debuxando aos protagonistas das diferentes historias.
Ese día foi máxico, vimos como Abraham facía os debuxos con moita facilidade enchendo de súpeto unha pizarra cos personaxes dos contos.

Aquí tedes unha pequena mostra da actividade.



19 feb 2011

SABEMOS COUSAS DO ENTROIDO


Xa sabemos que tedes os disfraces decididos e en marcha e que serán moi saudables e con moi bo sabor...; pero para coñecer moitas cousas do ENTROIDO preme na imaxe e accederás á web da Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística na que atoparás moitos recursos que podes poñer en práctica.
Tamén en VIEIROS tes un monográfico e no blog CADERNOS DE VIDE facilitannos máis actividades.
Con todo este material aprenderemos moito.

14 feb 2011

MES DO AMOR ...CON HUMOR

LIBRUXA ten as planillas para que participes en dúas actividades neste mes de febreiro, que é o mes do AMOR, ... con HUMOR.
Nunha proponche facer un debuxo baixo o título:
E TI, A QUEN QUERES MÁIS?
e na outra a proposta é:
DILLE CANTO A QUERES CON 25 PALABRAS

Haberá agasallos para tod@s as participantes. ANÍMATE e deixate querer!!!!

6 feb 2011

DÍA DA PAZ 2011

O luns 31 de xaneiro, conmemoramos no colexio o Día da Paz para o que se fixo un traballo previo de investigación na biblioteca escolar. O alumnado despois de escoitar ou ler contos relativos á Paz, tivo que responder a unhas preguntas alusivas a este tema e posteriormente descubrir a través dunhas pistas, pezas que posteriormente servirían para construir un puzzle. Ao mesmo tempo dende a clase de música e inglés preparouse a canción "Wind of change" do grupo Scorpions.  Podedes ver o resultado no vídeo seguinte.

OS ECOSISTEMAS - 4º primaria

O alumnado de 4º de Primaria estivo a traballar sobre os Ecosistemas e o resultado das súas búsquedas e investigacións presentáronas en formato dixital. Todo un luxo!!!

Cada grupo ten o seu enlace; preme neles e iralos vendo.
Katia e Xisela

Aida, Alexi e Antón

María e Yaiza

Jairo e Martín Rodríguez

Asier, Carlos e Sergio

Ainhoa e Mario

Ana, Carla e Risiana

Manuel e Yeremay

Martín Tojeiro, Marta e Saúl

Alfonso, Michael e Diego

28 ene 2011

RECURSOS PAZ

RECOPILACIÓN DE RECURSOS PARA A PAZ elaborados polo equipo de biblioteca do CEIP VÍCTOR SAENZ (Mazaricos).
Grazas compañeiras por tan excelente traballo!

Contoume Libruxa que a biblio está moi animada estes días. Parece que os nenos e as nenas andan moi atarefados resolvendo as probas da CAZA DO TESOURO. O luns día 31 teñen que ter todas as pezas do crebacabezas!

24 ene 2011

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA

A pomba é un símbolo da PAZ. Preme nela e accederás a moitos recursos que prepararon as bibliotecas escolares para que aprendas moitas cousas sobre o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA que se celebra o 30 de Xaneiro. Grazas a todas elas por tanto traballo compartido.


LIBRUXA tamén preparou unha CAZA DO TESOURO para que cada curso resolva as pistas que lles irá dicindo aos vosos profes. Na biblioteca atoparedes unha selección de libros e outros materiais que teredes que utilizar para logralo. Sorte!!!

18 ene 2011

BODEGÓNS

Dentro do proxecto COMER SA o alumnado de 3º e 4º curso estivo traballando sobre os bodegóns e deixáronnos esta mostra. Tamén poderás velos expostos no cole.

16 ene 2011

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O soldadiño de chumbo
Unha adaptación do clásico de Andersen aos novos formatos dixitais levada a cabo por Xabier Senín a partires da multipremiada curtametraxe animada feita por Continental Producciones e Algarabía Animación. Os deseños son de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Manuel Manquiña e Luis Piedrahita. A ambientación: no museo do xoguete de Allariz.

SORPRESAS NA BIBLIOTECA

Á volta das vacacións LIBRUXA deunos varias sorpresas.

A 1ª foi que a atopamos toda "repintada", con novas córes nas paredes. Está moi guapa.

A 2ª sorpresa foi para as colaboradoras e colaboradores; tíñalles preparadas unhas gorras para utilizaren cando fan o seu traballo.

E a 3ª e última sorpresa foi

que nos tiña preparados un montón de libros relacionados co proxecto COMER SA.

Así que nada máis chegar houbo que poñerse a traballar.