Ao longo do mes de abril, demos comezo coa organización e presentación da actividade da Microrrede de Bibliotecas PLAMBE da Mariña, adaptándoa ao lema das Bibliotecas Escolares deste ano, así como aos diferentes PDI dos centros: “Deseñando a Mariña”. O traballo final é unha obra artístico-literaria. Este ano tamén levamos a cabo a actividade intercentros que consistiu en elaborar seguindo diferentes técnicas plástico-visuais as letras do noso título para colocalas na exposición en maio. Trátase dun traballo colaborativo deseñado e elaborado polo alumnado de cada cole.
Dende o noso cole, e coincidindo coas viaxes lectoras e o mes das artes galegas adicado á fotografía xurdiunos a idea de contar unha historia a través da fotografía pero combinando esas imaxes fotográficas coa tradición das quilts e das antigas labores das mulleres enfiando as colchas con retazos de tela. Deste xeito pensamos deseñar unha Storyquilt ou "colcha de retazos".
As “quilts” son colchas que contan unha historia xogando coa idea do patchwork tradicional de traballar as diferentes telas coséndoas a modo de collage para obter unha tela maior. Era unha actividade exclusivamente de mulleres e trátase dun arte que provén de civilizacións tan antigas como a exipcia, pasando polo oriente asiático, India ou China, ata chegar a Europa a través da ruta da seda ou aos indios nativos americanos; pero foi coa chegada dos colonos europeos irlandeses a América que a palabra “quilting” se expandeu ata o que coñecemos na actualidade.
A nosa actividade levou por título: STORYQUILT: ENFIANDO BURELA e partiu de fotografías antigas e actuais de Burela que fumos enfiando ás telas de patchwork con lá de cores para crear unha colcha onde Libruxa viaxa movéndose nunha historia dende o pasado cara o presente. Esceas, murais e personaxes con aplicacións de patchwork.
Para esta actividade tamén nos axudou o traballo da artista xaponesa Yukari Takahara que conta a súa vida a través de pequenas colchas e inspíranos para recrear momentos importantes por medio do "quilting"
Cada clase levou un retazo cadrado de tela cunha fotografía pegada e algún/ha profe tamén se foi animando a enfiar!!!
Facendo as probas de montaxe ainda sin coser:
Para elaborar o título da exposición tocounos a letra M que decidimos facela tamén con telas de patchwork:
E este foi o resultado final que logo levaremos á exposición da Microrrede en Viveiro a semana do 12 ao 15 de maio:






%20(2).jpg)
