Benvidos de novo, vistalegríns!!! Despois dunhas merecidas vacacións Libruxa deixou nos vosos buzóns a cuarta convocatoria para iniciar unha nova aventura. Ainda nos quedan moitos lugares por descubrir e aventuras que superar. A qué continente viaxaremos agora?
-Destino: África
-Data de saída: 12 de xaneiro
-Data de chegada: 6 de febreiro
-Categorías: por niveis
Recibiron unha nova tarxeta de embarque
Ademais, coincidindo coa nosa viaxe por África e poder investigar sobre este fermoso continente, cheo de contrastes e diversidade, contamos cunha colaboración moi especial, a ONG Agua de Coco, unha organización que se centra fundamentalmente nas mulleres e na infancia, colectivos con máis risco de exclusión social neste continente. A través do proxecto NAMANA, un programa de irmandamento escolar que conecta aulas de España con aulas de Madagascar, achegámonos á súa forma de vida e ao seu día a día a través dos talleres propostos como fío condutor ao longo dos tres trimestres:
1-ODS e punto de partida: o alumnado coñece a realidade de Madagascar e realízase unha avaliación inicial e o deseño dun reto solidario.
2-Videochamada con Madagascar: o alumnado traballa sobre cambio climático e auga e ademáis establece unha videoconferencia coa súa clase irmandada en Madagascar. Un intercambio real que lles permite verse, falar e compartir inquietudes.
3-Consumo responsable e igualdade de xénero, onde se consolidarán as aprendizaxes, reforzase a empatía e realizase unha avaliación final.
Para conmemorar o Día da Paz o 30 de xaneiro, tiñamos previsto celebrar o neso reto habitual coa carreira solidaria que facemos sempre por estas datas en colaboración coas familias e o resto da comunidade educativa, nesta ocasión en solidaridade coa ONG Auga de Coco; pero tivemos que pospoñela debido a inclemencias metereolóxicas ata o 26 de febreiro, día no que por fin se celebreou!!!
No terceiro trimestre o alumnado de 6º de primaria tivo outra videoconferencia co alumnado da EPP Petit Lyceé de Madagascar onde falaron das escolas, estudos, gustos, intereses....
Ademais desta fabulosa e interesante colaboración, visitáronnos no cole membros da agrupación Batuko Tabanka, mulleres e rapazas de Cabo Verde que viven en Burela e manteñen vivas as súas tradición e folklore a través da música
Uns días máis tarde, quixeron compartir con nós un anaquiño da xornada familias procedentes de Marrocos que tamén viven no concello e transmitirnos un pouquiño da dúa cultura: comida, vestimenta, tradicións, hena, a lingua...
O alumnado de 6º aproveitou para converterse en detectives feministas e descubrir grandes mulleres africanas:
Despois do que aprendimos con todas estas experiencias únicas, xunto co que puidemos investigar na biblio e a visualización dalgún vídeo xa estamos preparados para elaborar os proxectos finais para a exposición. Ímonos superando con cada unha delas!!!!
.png)










