Estamos chegando á recta final do noso proxecto. Xa imos polo reto 8, que coincide co mes das Letras Galegas.
As Letras Galegas están este ano adicadas ás cantareirase á riqueza da poesía tradicional e popular. Deste xeito, o reto de Libruxa para este mes é un pouco especial: "Faladoiro Vistalegrín"
-Conto
elexido
para traballar este mes: O patiño feo.
- Obxecto máxico: un cisne
- Reto
final: coñecer realmente ás persoas e ver no seu interior. Sempre hai un
lugar onde encaixamos.
Poñeremos enriba da mesa palabras como
“feo”, “beleza”, “rexeitamento”, “diferenza”, “abuso”, “bondade”,
“desaprobación”, “personalidade”, “despectivo”, “soños”, “ilusións”…
“O patiño feo” é unha historia de
“bullying”, acoso e medo á diferenza, que deixa entrever o dura que é a vida
ata atopar o noso lugar. O patiño feo non se enfronta á realidade que sofre, só
se vai dos lugares onde non atopa aceptación, déixase dominar pola opinión dos outros
e acepta a súa fealdade, que realmente, non é tal, ata que se sente recoñecido
na bandada de cisne.
O alumnado amosará
a súa particular visión da realidade con respecto a este e outros temas a
través dun concurso onde “competirán” por adiviñar que palabra en galego están
definindo os seus compañeir@s.
Cada día presentarase unha nova palabra que o alumnado terá que adiviñar e votar por clase. Si se adiviña teremos unha carta de Libruxa que iremos acumulando para canxealas ao final do reto por un premio sorpresa.
A nosa compi Belén, do equipo de dinamización da lingua, presenta a actividade
Cada clase recibirá unha tarxeta de Libruxa cada vez que acerte unha palabra. A clase que máis puntos teña ao final da actividade recibirá un premio sorpresa!!!
e estas son algunhas das palabras. Só imos amosarvos unha mostra, xa que son bastantes:
A derradeira é importante xa que se trata dunha palabra clave:
Tamén, algúns nenos e nenas do cole convertíronse en cantareiras/os por uns minutos e foron polas clases deleitarnos coa música: