Páginas

17 dic. 2008

OS BOLECHAS NA NOSA BIBLIOTECA








Os Bolechas visitaron Burela e Libruxa convidounos á nosa biblioteca. Contáronnos a súa viaxe polas nosas rúas, as nosas praias, o noso porto ... E todos os nenos e nenas do colexio fixemos un traballo que recollemos nun libro.
Despois Libruxa regalounos o libro dos Bolechas.
Foi o primeiro agasallo do Nadal!

12 dic. 2008

8 dic. 2008

60º Aniversario: DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

10 de decembro: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos.

2.- Todas as persoas teñen os mesmos dereitos e liberdades , sin distinción algunha de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

3.- Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa

4.- Ninguén estará sometido a escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas
MÁIS DEREITOS DO NENO OU NENA na seguinte animación.

3 dic. 2008

conto de MARCOS

@s nen@s de Infantil e 1º ciclo de primaria descubriron que tamén outros nenos e nenas non poden durmir.
Marco ten medo aos mosquitos, a caer da cama, a que a lúa se derrita.....Pero sempre está alí a súa mamá para escoitalo. E el quédase profundamente durmido!


Atoparás o conto de Marcos ao final desta páxina.

24 nov. 2008

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

"Aprende a resolver os conflitos sen violencia. Transmitámoslles aos nenos e ás nenas habilidades para a convivencia cos valores de igualdade e ensinémoslles a falar das emocións propias e das alleas con naturalidade"
Defendamos o dereito de toda persoa a vivir sen violencia, sen malos tratos. Acabar coa violencia contra as mulleres é tarefa de toda a sociedade, de homes e mulleres.

Por fin celebramos O MAGOSTO!

OUTONO

21 nov. 2008

MOCHILAS VIAXEIRAS




As MOCHILAS VIAXEIRAS botan a andar


As familias do alumnado de 3º e 4º de Primaria disfrutarán da HORA DE LER coas Mochilas Viaxeiras.

Desexamos que lean e disfruten!!

15 nov. 2008

A CASA DE LIBRUXA DA MEDO


LIBRUXA decorou a súa casa como a ela lle gusta: DE MEDO.

E como lle gusta falar de medo, este trimestre imos falar moito, moito do medo.

Atrévete a entrar e atoparás libros que falan do medo, libros que dan medo, monstros, fantasmas e bruxas.

12 nov. 2008

O MEDO

O medo non é unha cuestión de nen@s, senón unha cuestión inherente á persoa. Esta sensación desagradable que provoca o medo forma parte da vida e o corpo ten previstas unhas reaccións concretas para o caso de ter medo. E o que causa medo a cada un é unha cuestión de cada un. Algúns medos duran toda a vida, outros pasan co tempo; algúns están xustificados, outros non.

Ter medo non é covardía senón prudencia

8 mar. 2008

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)


A Muller Galega de principios do Século XX



Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

29 feb. 2008

20 feb. 2008

Visita de ANXO FARIÑA


Anxo Fariña: Ilustrador, deseñador e as veces, escritor....

Estará na nosa Biblioteca o vindeiro Martes 26 de febreiro....

Benvido Anxo !

23 ene. 2008

CAMBIAMOS BOMBAS POR POMBAS DA PAZ

Pequena montaxe para o Día da Paz, realizada na Biblioteca do CEIP de Pazos.


POLA PAZ (II)

Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica, 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.

"A poesía é unha arma cargada de futuro" Gabriel Celaya

Achégase a celebración do dia da Paz o 30 de xaneiro , data na que lembramos a figura de Gandhi como exemplo da práctica da non violencia .Violencia é que ainda no século XXI , os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse. Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso. Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer "normal" esta situación tan inxusta .

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro. Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!


Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)

20 ene. 2008

POLA PAZ (I)

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.
Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro.

video

XUNTOS POLA PAZ

16 ene. 2008

DÍA DA PAZ NO CEIP VISTA ALEGRE

O vindeiro día 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ no cal solidariamente elaboraremos todos xuntos un puzzle coa pomba da Paz de Picasso. Despois interpretaremos a canción "Color Esperanza" de Diego Torres e ao final do acto participaremos nun "taller de bicos e apertas" entre alumnado e profesorado do noso centro.