Páginas

18 jun 2013

TALLER DE PINTURA

Por fin podemos ensinarvos como nos foi aos nenos e nenas de 4º curso no taller de pintura que fixemos con Francisco Amat. Pasámolo xenial  e estamos moi orgullos@s das nosas obras.


VISTALEGRIN




 A revista VISTALEGRIN recolle moitas das actividades levadas a cabo neste curso escolar. Disfruta repasándoas e ensinándollas á túa familia e amig@s

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O VERÁN


Aquí tedes unha mostra de libros para que a súa lectura vos proporcione moi bos momentos neste verán, pois sabemos que os libros son unha boa compañía. Esperemos que vos guste a nosa selección.

4 jun 2013

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA




 O Ceip Plurilingüe VISTA ALEGRE súmase á celebración do día da ARTE GALEGA o día 1 de xuño conmemorando o nacemento do grande artista LUIS SEOANE.

Queremos fomentar a creación artística no noso alumnado, parécenos de suma importancia na súa formación. Por isto organizamos un taller a cargo do pintor local
FRANCISCO AMAT
 que nos ofreceu desinteresadamente a súa colaboración achegando os nenos e as nenas ao mundo da arte a través da pintura.

Todos quedaron moi orgullosos da súa pequeña grande obra de arte.
Nos próximos días poderedes ver todos os traballos na exposición que estamos organizando.