Páginas

16 dic. 2015

GUÍA DE LECTURAS PARA ESTE NADAL

UN BO REGALO ........ UN LIBRO !

Libruxa preparou para ti unha selección de libros para que leas neste NADAL...
Pincha na bruxiña para poder abrir a GUÍA DO NADAL 2015
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvistaalegre/system/files/guia%20nadal%202015%20Final.pdf
Queremos desexarvos a todos un Bo Nadal e Feliz ano 2016......

15 dic. 2015

Intercambio xeracional

Hoxe o alumnado de 1º e 6º cursos de Educación primaria do noso centro escolar participou nun intercambio xeracional coa residencia da terceira idade de Burela. 
Nas instalacións da residencia, os nosos nenos/as cantaron villancicos, recitaron poesías de Rosalía de Castro e leron un libro elexido por eles na Biblioteca do centro para esta ocasión tan especial: "Así era mi abuelito".  Os residentes moi agradecidos cantaron tamén villancicos tradicionais para os nosos nenos/as. Logo, todos disfrutaron xuntos dunha rica merenda que nos tiñan preparada.

Grazas por invitarnos un Nadal máis a esta interesante iniciativa!





8 dic. 2015

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero


As nosas frases quedaron pegadas na silueta para recordar que nenos e nenas somos iguais e debemos respetarnos. 
Gracias pola colaboración neste acto do Concello de Burela a través de Patricia e Begoña.