Páginas

26 dic 2012

XABIER P. DOCAMPO

Que mellor peche de trimestre que contar coa presenza de XABIER P. DOCAMPO na nosa biblioteca!. O alumnado do 2º ciclo de Primaria disfrutou escoitando consellos, facendo preguntas e como broche final remataron totalmente engaiolados cunha fermosa historia que espertou en todos nós un montón de sensacións e sentimentos.




Grazas Xabier por estares unha vez máis na nosa biblio.

TRABALLAMOS A IGUALDADE E OS DEREITOS DA INFANCIA






Podedes ver unha pequena mostra dos traballos feitos relacionados co tema da Igualdade e tamén dos Dereitos da Infancia
Cómo se celebra o Nadal nos países que están no noso Proxecto? Quén trae os xoguetes aos nenos/as?
O alumnado estivo investigando e na seguinte presentación podemos ver o resultado.
Na entrada do edificio nº 2 do noso colexio pódese ver a árbore do Nadal Comenius 2012.
 

DESEXÁMOSLLES UN BO NADAL E UN FELIZ 2013!

Este ano, fixemos un Belén moi especial con vasos de plástico.....Mirade que orixinal nos quedou....

15 dic 2012

LECTURAS PARA O NADAL

LIBRUXA fixo unha selección de libros para que ti escollas aqueles que máis che apeteza ler e llos pidas a calquera dos persoeiros que neste Nadal van pasar pola túa casa deixándoche eses agasallos tan esperados.
O mellor agasallo: UN LIBRO




28 nov 2012

O APALPADOR

preme na imaxe
LIBRUXA sabe que andades investigando sobre os personaxes que traen os agasallos aos nenos e as nenas polo Nadal nos diferentes países, por iso vos achega este traballo do Ceip Condesa de Fenosa que vos axudará  a coñecer mellor a varios destes personaxes. 
E neste enlace atoparás información preparada pola Coodinadora Galega de ENDL

22 nov 2012

OS MEDIOS DE DESINFORMACIÓN




Entrevista á xornalista Rosa Mª Calaf na que fai unha descrición dos medios de información na actualidade. Incide na necesidade de formar lectores responsables e que iso apréndese de pequenos. 



19 nov 2012

20 NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA


O día 20 de novembro celébrase o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS. 
Na biblioteca atoparás material que te informa sobre o tema. Durante este mes e tamén en decembro traballaremos sobre el e  sobre os Dereitos Humanos.


Preme na imaxe para acceder aos recursos do Ceip Víctor Sáenz  que mostran moita información e actividades



e tamén preme nestoutra imaxe para acceder aos recursos  da biblio O Recanto de Mik

e na biblio podes recoller material para ilustrar cada un dos dereitos da infancia. Un traballo de Ana Martínez Rey na web AULA TIC

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DE MORRIS LESSMORE


The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore-2011 from Antoni de la Torre on Vimeo.
Unha historia de amor aos libros. O lector e escritor Morris Lessmon é levado por un furacán a outro mundo. Alí atopa unha casa-librería onde os libros están vivos.

17 nov 2012

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA ÁS MULLERES

Achégase o 25 de novembro e non podemos esquecer que se celebra o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES que foi declarado pola ONU no ano 1999.
LIBRUXA pon á vosa disposición libros sobre o tema e materiais que nos achegan dende o Ceip Mestres Goldar e o Ceip Andrade   que seguro vos servirán de axuda.

Recursos Ceip Mestres Goldar
 

CONTOS SOLIDARIOS

Na páxina web da ONG chantadina BICIS POLA PAZ atopamos "Contos solidarios" que nos sensibilizaran cara un compromiso para construir un mundo de xustiza e liberdade.

Accede a ela a través da imaxe e disfruta lendo os contos e tamén coñecendo o traballo que desenvolve este colectivo. 
O seu fundador, ANXO MOURE, estará este curso na nosa biblio!!!


16 nov 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante este mes todo o alumnado do cole foi pasando pola biblioteca. Os nenos e nenas de Infantil e 1º Ciclo de Primaria fixéronlle uns retratos nos que saíu moi favorecida e o resto dos cursos léronlle a biografía que escribiron.
Como quedou moi contenta con estes traballos regaloulles unha pegatina da biblio. 
Retrato Libruxa
retrato Libruxa
Biografía Libruxa

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Aquí vedes como celebramos o SAMAÍN. Foi un día un pouco terrorífico: as cabazas, a comida, a bebida, as cancións e as nosas caras pintadas.
Samaín 2012

O MAGOSTO

O pasado venres así celebramos o Magosto: ulimos e degustamos as castañas asadas, que por certo estaban moi boas e despois xogamos a un montón de xogos que nos gustaron moito. Antes dese día colocamos na entrada do cole unha exposición con froitos do outono e aprendemos unha morea de ditos, refráns e cantigas
Foi un día intenso pois tamén presentamos os paises que imos a traballar no proxecto Comenius.
MAGOSTO e COMENIUS OPENING DAY

7 nov 2012

INVESTIGAMOS SOBRE O SAMAÍN



As nenas e nenos de 4º curso estiveron investigando sobre a festa do SAMAÍN e coa información recollida elaboraron uns dípticos que lles quedaron moi ben.
Para velos preme no enlace que te levará ao blogue do seu ciclo onde os teñen publicados.






27 oct 2012

COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres sairon da biblioteca de LIBRUXA once Mochilas Viaxeiras cargadas de boas lecturas e música para que todas as familias que o solicitaron poidan disfrutar, gozar e compartir cos seus fillos e fillas todo aquilo que nos aportan os libros.


Un libro sempre é unha oportunidade para a sorpresa e para o encontro.

7 oct 2012

XA ESTAMOS NO OUTONO

A pesares deste maravilloso tempo solleiro, estamos no outono e para ir mentalizándonos LIBRUXA atopou na biblio de san Tomé de Cambados esta presentación de poesías que seguro vos gustará.




E como tamén estamos en tempo de castañas e magostos, desde o Ceip Víctor Saenz comparten unha recopilación de recursos nos que atoparás refráns, cancións, lendas, receitas e actividades moi variadas. Preme na imaxe.

2 oct 2012

ACHÉGASE O SAMAÍN



O equipo de NDL en colaboración co da biblioteca preparou unhas actividades para celebrar o SAMAÍN. Trátase de que coñezades mellor o que significa esta festa.

Para Infantil e 1º ciclo de Primaria hai una unidade didáctica que podedes recoller na biblioteca. 
 Para 2º e 3º ciclo de Primaria teredes que presentar un díptico  que conteña un texto coa seguinte información:

  •    Cal é a orixe do Samaín
  •    Dende cando se celebra
  •    Que día se celebra
  •    Como se celebra no colexio

O díptico terá una portada que decoraredes ao voso gusto, no interior escribiredes a información pedida con debuxos alusivos e  na contraportada inventaredes un conxuro, por exemplo:


“Sapos, ratos e pedras,

Corvos, píntegas e meigas,  
Raios, tronos e tebras!


Botade fóra as culebras”.



( o conxuro é unha frase rimada na que se pide un desexo)



 O día da festa cada clase lerá un conxuro que previamente escolleu e celebrarémolo elaborando e degustando un menú noxento e terrorífico.


Este traballo farédelo en grupos de 3 persoas e podedes presentalo en formato dixital ou en papel. Deberá estar feito para o día 24 de outubro.

Recursos 

Padrón do Díptico (só para soporte dixital)
Nesta actividade Lim atoparedes exemplos de conxuros feitos por nenos

Premendo nesta imaxe atoparás abundante información do Samaín que nos facilita o Ceip Víctor Saenz