Páginas

19 may. 2013

GÚSTANOS ... O GALEGO

Unha pequena mostra de canto nos gusta...O GALEGO a  todos os nenos e as nenas de 3º a 6º do Ceip VISTA ALEGRE. Foi un traballo moi divertido.
Para saber máis cousas desta actividade vaite á sección de Normalización Lingüística

6 may. 2013

MADRIÑAS E PADRIÑOS

O venres fixemos a actividade de "Madriñas e Padriños". É unha das actividades de maior éxito, tanto no momento de levala a cabo como polos preparativos. Así escriben os nenos e as nenas de 4º A:
Este ano tivemos de afilad@s as nenas e nenos de 1º e 2º curso. Despois de saber quen nos tocaba fomos á biblioteca para escoller o libro que nos parecía que lles ía gustar. Límolo na casa varias veces e algúns fixemos un regalo para darlle ao noso afillado ou afillada.
Cando chegou o día estabamos algo nerviosos por se non lle gustaba o conto que escolléramos, pero o final encantoulles.
Mentres limos había moito silencio, moita paz no patio. Daba gusto ver o campo cheo de sementes de LIBROS. Xa estamos desexando que se repita o próximo curso.


 

Mirade esta outra preciosa presentación que atopamos na web do centro feita por Tamara.