Páginas

8 jun 2022

XA CHEGA O "VISTALEGRÍN" XUNTO ÁS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA DISFRUTAR DO VERÁN


  Pouco a pouco imos chegando ao remate do curso e seguimos coas derradeiras actividades programadas para este mes de xullo. 

   Continuando co seu periplo polos distintos coles da zona, a Asociación Saúde Mental A Mariña veu presentar o seu libro "A Super Acción de Mauricio" aos peques de 1º ciclo. Un día especial que nos encheu de ledicia e emotividade xa que deste xeito contribuímos a sensibilar e visibilizar este tipo de enfermidades que teñen tanto estigma social. Escoitaron moi atentos a Lucas Requejo contando a historia de Mauricio, ao mesmo tempo que lles explicaron qué son as enfermidades mentais e remataron con algúns trucos de maxia por parte do seu presidente Jorge Manchado, que lles encantaron. 

   


    Tamén temos rematado a nosa revista "Vistalegrín" para presentárvola cun resumo das actividades, conmemoracións, concursos, proxectos, saídas, visitas...que fumos facendo ao longo de todos estes meses. 

                   Vistalegrin 21/ 22

    Cada verán ten a súa historia e Libruxa quere achegarvos varias para que elixades cal vai a ser a vosa historia neste verán de 2022.
 

SABÍAS QUE...? de maio


 

Podedes escoitar os podcasts dos Sabías que...? no blog da Radio, onde se colgou o programa co que se inaugurou a nosa emisora

SABÍAS QUE...? de abril


   

SABÍAS QUE...?


 

   Unha das activiades propostas dentro do noso PDI foi o Sabías que...?, que puxemos en marcha ao mesmo tempo que a radio na escola para escoitar as diferentes aportacións en podcasts. 

   Unha actividade en familia na que envían diferentes curiosidades sobre a natureza, o coidado do planeta, a reciclaxe....


6 jun 2022

reciclARTE: Unha segunda vida con Laxeiro

 


       Ao longo deste último trimestre, tamén estivemos traballando nas aulas a figura de Laxeiro, artista a quen se lle adica o Día das Artes Galegas 2022 e figura central da cultura galega do século XX en canto a renovación e a vangarda nas artes. 

        Libruxa e Jan propuxéronnos o reto de levar a cabo un taller de reciclARTE no que puidésemos recrear algunha obra deste autor con diferentes elementos de refugallo e darlles así unha segunda vida. 

           Estas son algunhas das nosas obras que xa están rematadas: 









31 may 2022

LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN








            


  Para celebrar este ano as Letras Galegas, decidimos participar por primeira vez no "IV Concurso de Podcasts-Radio na Biblio" 
Participamos en dúas modalidades: 
-Infantil e 1º Ciclo, que recitaron o poema "Dez Cousas de Valdeorras no Vran"
-Alumnado de 3º a 6º que escolleu o poema "Galicia é infinda"

  

DEZ COUSAS DE VALDEORRAS (NO VRAN)


As vidras,
ledas mozas churrusqueiras
maquilladas de sulfato,
sorrinlle ao vento coquetas.

 

O vento,
baril mociño das festas,
mercóu, na tenda do souto,
seu perfume de candeas.

 

A fonte,
que chouta por antre as penas,
vén, ca súa cara lavada,
a ensaiar a muiñeira.

 

A cobra
quere poñerse morena
e toma baños de sol
por andar â «derradeira».

 

As nubens
enamoradas da serra,
andan a buscarlle as voltas
por ver de apalparlle as tetas.

 

O monte,
amallóa as chancas de pedra
côs amallós dos regatos
e ten que pôrse en crequenas.

 

O carro,
cô lombo cangado de herba,
ven, por amostrar os folgos,
cantando unha cantarena.

 

A vaca
côs dous puñaes da testa,
ao apuñelar a serán
faille feridas de estrelas.

 

A lúa
veu de «Cubita» a outra feira
e anda «botando la plata»
no café das carballeiras.

 

E as coitadiñas arrás
que a volta del rei anceian,
teimosas, pídenlle a Deus
o trunfo das suas arelas.

 

(De Bebedeira)

   

     Asimesmo, decidimos propoñerlle ás familias do alumnado de Infantil e 1º Ciclo crear un poema con "Dez cousas de Burela" : o faro, o Monte Castelo, a lonxa....que tamén mandamos ao concurso.  As familias dos alumnos máis maiores elaboraron versos relacionados coa Burelo multicultural.



    Estes foron os versos enviados polas familias para "Dez cousas de Burela", dos cales compuxemos dous poemas con elementos simbólicos do noso pobo: 

   Tamén se propuxo unha actividade similar para os cursos superiores: 

Estes foron os versos enviados polos máis maiores para "Burela é infinda"

       e este un dos poemas resultantes: 


No blog da radio atoparedes o resultado final do recitado dos dous poemas: Valdeorras e Burela














    Contaremos ademais coa actividade de padriños e madriñas, ainda que se decidimos pospoñela para a semana do 13 ao 17 de xuño. 

DO DEREITO E DO REVÉS


  Os alumnos Ainara e Xin elaboraron un stop motion baseado nesta historia titulada "do dereito e do revés", no que Lía, un carballo moi divertido, vai na busca dun lugar onde poder asentarse.


  Este conto escenificouse agora esta semana na benvida aos alumnos dos colexios participantes no Proxecto Europeo







RETO 4: RECICLAMOS, REDUCIMOS E REUSAMOS!!!!


       Continuamos tamén con algunhas actividades programadas para meternos de cheo no reto 4 do noso proxecto. Ademáis das pequenas investigacións realizadas nas aulas ao longo deste trimestre, tivemos talleres sobre reciclaxe da man das monitoras de GAIA. 




    

       Da man de Bego e Mari o alumnado de 5º e 6º participou nunha sesión de formación e xogos sobre os residuos e a importancia dos 3R.  De seguro que isto contribuirá a concienciar mellor ao noso alumnado no uso dos colectores que se colocaron no cole para as merendas, colector de pilas...e a ser máis respetuosos co medio ambiente. 

        


       Do mesmo xeito o alumnado de 1º ciclo participou nun taller de reciclado de papel onde comprobaron como se podía elaborar na casa papel reciclado: 




   Ao mesmo tempo, reciclamos o lixo que @s nen@s van traendo da casa 










    Dende o día 21 de marzo comezamos a depositar o lixo que imos xerando no centro en diferentes contenedores que nos deixaron no Concello e así ser conscientes da cantidade e tamén da importancia de separalo para así poder reciclalo, algo que aína nos está costando. As brigadas verdes seguen a ter tamén moito traballo na limpeza dos patios despois das merendas!!!
     O obxectivo desta actividade é a de concienciarnos e buscar solucións para tratar de reducir estas cantidades e, por outro lado, compartir os nosos datos cos dos nosos socios europeos para comparalos. 
     O alumnado de 4ºA foi o encargado de ir pesándoo e establecer a cantidade total e estes foron os resultados obtidos: 


      Dentro de pouco volveremos a facer outra pesada esperando que a cantidade sexa inferior. 




A MAXIA CHEGA AO COLE

 


   En maio, a maxia chegou ao noso cole das mans de David Méndez, que fixo as delicias dos máis pequenos, e non tan pequenos....









1 may 2022

A VOLTAS COAS PALABRAS: OS SERES MITOLÓXICOS DAS FRAGAS

 

  
   

     Xa na recta final da montaxe do cadro e os códigos QR para a exposición de Viveiro a vindeira semana, aquí vos deixamos as presentacións que imos enlazar ás imaxes do cadro que estamos a elaborar coas aportacións das familias: 


Estamos en proceso de montaxe do cadro. Xa case está listo. Esperamos que vos guste.
E este é xa o resultado final colocado na exposición, listo para compartilo con todas as comunidades educativas de A Mariña:


   
    O venres 6 de maio fixemos a montaxe da exposición conxunto, bastante máis sinxela que en anos anteriores xa que eran cadros de medidas concretas e toda a información estaba recollida en códigos QR. Son un total de 14 cadros orixinais e realizados con diferentes técnicas. 
   Convidámosvos a visitarnos: 




   Resumo do acto inaugural: 

    

     Na mesma páxina da Microrrede podedes ir vendo día a día as diferentes actividades propostas para as tardes ao longo desa semana: 

http://microrredeamarina.blogspot.com/