Chega a segunda convocatoria de Libruxa para que os vistalegríns visiten a Axencia de Viaxes na procura dunha nova tarxeta de embarque. Cal será o novo destino?
- Destino: América do Norte
-Data de saída: 4 de novembro
-Data de chegada: 28 de novembro
-Categorías: rotativas por niveis ao longo das viaxes
Xa conseguimos a tarxeta de embarque e imos rumbo a América do Norte!!!
Agora toca buscar información e investigar sobre a categoría que a cada nivel lle tocou para a exposición conxunta sobre este continente. Este é un exemplo de caderno traballado nas aulas de 2º de Primaria:
Finalmente, así quedaría a exposición final de todas as nosas búsquedas e investigacións acompañada dun totem indio. Estámonos superando!!!
Como parte da nosa viaxe vivimos nas aulas de inglés unha das tradicións máis importantes de Norteamérica, o "Thanksgiving". Explicáronlles ao longo da semana do 24 ao 27 de novembro en qué consistía este día de Acción de Gracias, de onde viña a tradición, cal era a comida típica...e rematamos coa realización dun taller artístico coa colaboración das familias onde crearán unha coroa típica desta celebración. Para iso tivemos que recoller mooooitas follas no noso patio!!!


.jpg)