Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

29 mar 2020

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO




  O día 27 celébrase o Día Mundial do Teatro. Durante este día, celebraríanse en todo o mundo, nas escolas tamén, actos e eventos relacionados co mundo da escena...pero seguimos confinados nas nosas casas, polo que Libruxa buscou unha proposta de TEATRO EN FAMILIA: "Rubicundo" de Teatro Ghazafelhos.  




    Trátase dunha adaptación do conto homónimo da escritora María Canosa onde tres personaxes interactúan con obxectos e marionetas; pero tamén cantan e bailan. 

       Conta a historia dunha nena moi curiosa, chamada Erea, que ve como todas as noites Rubicundo, un misteriosos personaxe que leva posto sempre un gabán e un sombreiro de copa, sae na súa bici. Ninguén se fixa nel, excepto Erea, que está disposta a chegar ata o final deste misterio. 


      Libruxa déixavos aquí esta entretida peza teatral para desfrutala toda a familia: 


 

20 abr 2019

TEATRO PARA DECEMBRO

    



Como cada ano, non podía faltar o teatro que tanto nos gusta. En colaboración co Concello os nosos nenos e nenas desfrutaron este decembro de tres obras moi especiais, cada unha coa súa temática:  O día 3 de decembro, "Naviland", á que tamén asistiron os pequenos de infantil, 




      Naviland é o lugar onde viven os Reis Magos. Pero....Onde está Naviland? Ninguén o sabe con seguridade, mais todos saben que existe. 

       Mony, a protagonista, é unha nena que o ten todo...pero ela non é feliz, nada lle fai ilusión e por iso este ano decide non escribir a carta aos Reis Magos. Pero de forma máxica, Mony levaranos a través dos seus soños a Naviland coa axuda duns divertidos personaxes; o carteiro real, Carbonilla, dous paxes e o galo Gastón e, por suposto, Melchor, Gaspar e Baltasar...

    Así de ben o pasamos: 








    O día 10 "Bon Appetit", unha mestura de teatro, música, títeres e un texto de enredo con moito xogo de palabras. Esta é a proposta da compañía de teatro dos Ghazafellos. Tres chefs "franceses" intentarán amosar os secretos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Alvaro Cunqueiro, A Cociña Galega. 
   Os nenos e nenas quedaron enganchados xa que en todo momento os facían partícipes das desventuras, enredos, malos entendidos e posibles solucións para cada plato. 



    Este é o vídeo de promoción da compañía: 


   E estas algunhas das fotos que sacamos na actuación: 

   
   Ademais,  os nosos nen@s de 5º e 6º de primaria asistiron o 18 de decembro ao espectáculo teatral sobre as fronteiras e persoas refuxiadas titulado "O valo", creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xunto coa exposición fotográfica do fotoperiodista Felipe Carnotto protagonizada por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria coas súas familias... 

   Trátase de impulsar a reflexión sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas na busca dun futuro mellor. 












4 mar 2018

ROSA E TRUFO, UNHA HISTORIA DE AMOR



    Algunhas das alumnas de 6ª, voluntarias da biblioteca, propuxéronlle ao equipo de biblio preparar algún tipo de animación lectora para os nen@s de infantil. Nós, por suposto, encantadas coa súa idea. Seguro que os peques tamén. 
    Como era tempo de amor, decidimos escoller un dos libros do expositor temático "Lecturas con moito corazón". O elexido foi un conto con dúas historias dentro: "Rosa y Trufo, una historia de amor".  

     O libro ten como protagonista a unha porquiña, Rosa, e un xabalí, Trufo. Está narrado dende dúas perspectivas, a de Rosa e a de Trufo, dependendo si empezas o libro polo dereito ou polo revés, porque en todas as historias sempre hai dúas versións, e máis aínda cando os amig@s e os pais andan metidos polo medio. O lector elixe que parte quere coñecer primeiro. 
     
     A Rosa encántalle estar baixo unha maceira e soñar co amor. Trufo soña coa felicidade. Un día coinciden e fanse "tilín". Pero cando corren emocionados a contarllo aos seus amig@s, a cousa comprícase.  Influenciados polos seus consellos, cambian os seus hábitos nun intento de gustarlle máis ao outro. Até que os dous acaban sufrindo. 

      Trátase dunha historia con moralexa sobre as influencias e as apariencias nas nosas relacións cos demáis. Conseguirán Rosa e Trufo arranxar a súa situación?

       
      Con toda a ilusión e motivación, e nós axudando no que podemos...Como decidimos facer esta animación? Pois xa que estamos co PDI sobre o teatro, a través dunha pequena obriña de títeres de man que fixemos nós mesmos, polo que transformamos a historia nunha peza dramatizada sinxela e divertida. Tamén prepararon un biombo a modo de escenario con tres ventanas ben diferenciadas: unha para a historia de Rosa, outra para a de Trufo e unha central que une as dúas historias. Finalmente, elaboraron o cartel publicitario.

        Todo listo para ensaiar e a representación final. 












  Ademáis, ao longo do mes de febreiro, nas aulas traballouse o tema do amor e a amizade a través das lecturas do expositor temático "Lecturas con Corazón" e elaboráronse algúns murais con mensaxes moi amorosos:







       





DE NOVO TEATRO

   Seguindo na liña do noso PDI, como o curso anterior, aproveitamos as actuacións na Casa da Cultura do Concello para levar ao noso alumnado, neste caso, aos máis peques do cole: Infantil e 1º e 2º de Primaria. 
 
    A proposta foi unha adaptación teatral dun conto que lles encanta aos nen@s, "O coelliño Branco", baixo o título de "El pequeño conejo blanco". 

     


  Estas son algunhas das imaxes dese día durante a actuación da mesma:













17 feb 2018

TALLER DE TÍTERES


  

 O curso pasado tivemos un pequeno contacto cos monicreques a través da actividade da microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña coa actividade "Titeriteando Contos". Este ano, como parte do noso PDI  "Ábrese o telón",  os nenos e nenas de 2º de Primaria aproveitaron unha excursión ao Barrio dos Muíños de Mondoñedo para visitar un taller de títeres e quedaron impresionados. 
    
   O titiriteiro Ton Arenas  (Micromina Teatro de Títeres) ensiñoulles distintas técnicas de construcción e manipulación de títeres e pechou a nosa visita cunha pequena demostración-representación na que o alumnado puido ver o resultado final desta maravillosa arte.  

      Así estiveron de atentos e participativos: