Páginas

27 may 2026

FEBREIRO: ASIA


       Non paramos de viaxar!!! O que estamos a aprender con este proxecto sobre o noso planeta, a diversidade, o respecto ás diferenzas, o compromiso co seu coidado.... moitos e moitos lugares descoñecidos e sorprendentes.

          Despois das vacacións de Entroido, Libruxa agarda por nós coa quinta convocatoria á axencia de viaxes. Desta vez tennos preparada unha gran sorpresa. Non vai ser tan fácil conseguir unha nova tarxeta de embarque!! Terédesvos que esforzar un pouco para adiviñar o voso novo destino.

-Destino: Asia
-Data de saída: 23 de febreiro
-Data de chegada: 27 de marzo
-Categorías: por niveis



     

      


     Parece que imos estar máis tempo do previsto en Asia. Hay moito que ver e mooooito que celebrar!!!! Preparádevos!!!!
        
        Logo de festexar o noso Entroido e pasar uns días de descanso, toca estexar o Ano Novo Chino ao longo da semana do 23 ao 26 de febreiro. Ademais de investigar sobre este acontecemento nunha data tan diferente á nosa, realizaremos un taller de farolillos que servirán de decoración nos corredores para ese día. Tamén como é tradición en China, elaboraremos uns sobres dos "bos desexos", que meteremos nas maletas da axencia de viaxe e o día 26 cada alumn@ colle o seu sobre e lerá o bo desexo que lle adica o seu/súa compañeira. 




  


     Ao longo desa semana, fumos botando os nosos sobres dos bos desexos nunhas maletiñas na axencia de viaxes preto das pezas do xogo do mural sobre Asia que foron construíndo coas pistas







         Xa en marzo, mergullámonos nunha tradición doutro país asiático: o "HOLI" hindú (Rangwali Holi), un