Páginas

22 may 2015

"Martín, Martín" Espectáculo de MIRCROMINA


       
Hoxe, venres 22 de maio remataron as actividades programadas para a celebración das Letras Galegas 2015 no Colexio  Vista Alegre. Todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro disfrutou dun magnífico espectáculo de títeres e música en directo co espectáculo da Compañía Mircromina: "Martín, Martín". Martín é un neno obsesionado coas pantallas que descubre outro xeito de facer as cousas, o da súa avoa Margarita. Ela é quen de amosarlle o valor da creatividade a través da atención e do traballo propio, regalándolle un lápiz moi especial.
Aproveitamos para agradecer a colaboración da Asociación de Nais e Pais do CEIP Vista Alegre por levar a cabo as xestións necesarias e poder traer o espectáculo ao colexio..
     

5 may 2015

Libruxa invita a PAULA CARBALLEIRA

 Libruxa ten para ti, moitos libros de Paula Carballeira...Anímate a encontralos e disfrutar deles...
No seguinte enlace, podes atopar fichas para traballar o libro: "CASAS"

Hoxe Libruxa tíñanos preparada unha sorpresa moi especial... Na hora de ler visitounos Paula Carballeira que ademais de actriz, é escritora... 
Pasamos un rato moi divertido no que cos seus contos rimos e berramos sen parar.
Agradecémosche moito a túa visita, tanto a Libruxa como a alumnos e profes encantounos o teu paso polo noso cole!