Páginas

19 abr 2020

23 DE ABRIL: A RUTA DOS LIBROS 2020





      Moitos libros nos están a facer pasar esta cuarentena un pouquiño mellor, tantos aos nen@s como aos adultos...Viaxamos a través das súas páxinas, emocionámonos cos protagonistas, soñamos con mundos mellores....

    Achégase o Día do Libro e sempre o celebramos no cole con algunha actividade especial. Os profes estivemos pensando e pensando que podiamos facer para conmemorar este día con vós e as vosas familias de xeito virtual e ocorreusenos crear unhas adiviñas literarias ás que lle chamamos "A Ruta do Libro 2020"

    Libruxa invítavos a participar nesta ruta do día do libro e convertirvos en verdadeiros detectives literarios para adiviñar de que libro ou personaxe estamos a falar nos vídeos que vos gravamos. Hai variedade, para todas as idades, en varios idiomas, uns fáciles, outros non tanto...pero de seguro que os coñecedes todos. 

       Antes de comezar, fixádevos ben nos iconos azuis que tedes no recadro amarelo da presentación, daravos información necesaria para participar na actividade, facilítavos unha plantilla para ir apuntando as respostas, ainda que as podedes escribir nun folio. Cando as teñades todas, indícavos o enderezo de Libruxa para enviarlle unha foto das respostas co voso nome, apelidos e curso e tamén, como sorpresa, atoparedes un vídeo de Mónica, con instruccións para crear un marcapáxinas.
    
    Agora sí, colle lapis e papel e escoita atentamente os vídeos. Seredes quen de adiviñar os personaxes ou libros dos que están a falar os profes?  
   
       Animádevos e a divertirse investigando en familia!!!




Aquí tedes tamén a plantilla para escribir as respostas. Podedes descargala ou simplemente empregar un folio en branco.


   Libruxa espera que vos divirtades moito con estas adiviñas literarias e estará encantada de recibir as vosas fotos coas respostas, cantas máis mellor!!!;  pero tenvos que poñer un prazo xa que aquel@s que adiviñen todo correctamente recibirán un pequeno agasallo virtual: ata o xoves 30 de abril. 
 
   Pasado xa o prazo, aquí vos deixa as respostas ás adiviñas literarias:



   Ademáis Libruxa quixo agasallar non só aos gañadores, se non tamén a tod@s aquel@s que participaron, porque recordade: o importante é participar e envioulles por mail un pequeno agasallo recordándolles tamén que sigan disfrutando da lectura:

   


   


    

DÍA MUNDIAL DA ARTE






     Dende o ano 2012 vense celebrando cada 15 de abril o Día Mundial da Arte, unha data que busca dar a coñecer a importancia da arte na nosa sociedade e, sobre todo, o noso pensamento creativo. 
     Conmemórase nesta data por coincidir co nacemento dun dos grandes pintores e escultores da historia, Leonardo Da Vinci. 

  

   Para celebrar este día, Libruxa pensou que sería divertido compartir un momento en familia recreando unha obra de arte coñecida, que vos elixades, empregando calquer tipo de material que poidades ter na casa, ademáis de vós mesmos: pinturas, obxectos, telas...



   VISITAS VIRTUAIS AOS MUSEOS DE ARTE DE ESPAÑA:

-Museo Nacional Thyssen-Bornemisza: https://www.museothyssen.org/thyssenmultimedia/visitas-virtuales/coleccion-permanente

-Museo del Prado: https://www.museodelprado.es/coleccion?gclid=Cj0KCQjwrIf3BRD1ARIsAMuugNvdMf6_gCliA6r5wMv6azXItsvCtNLhX0LD3RZ9nOSl03MU-9sRZlIaAl2yEALw_wcB

-Museo Reina Sofía: https://sincopyright.com/museo-reina-sofia/

    Despois prepararíamos unha pequena exposición virtual coas vosas recreacións para que tod@s poidan ver a vosa imaxinación e creatividade familiar. 

Libruxa espera con moita ilusión as vosas obras de arte!!!!!



13 abr 2020

AVENTURAS SEN SAÍR DA CASA


  Ola de novo, peques. Seguimos confinados, intentando pasar o tempo o mellor que podemos coa nosa familia: xogando, lendo, cociñando, escoitando música, facendo exercicio, pensando, debuxando....

   Nestes días nos que estamos na casa, vemos como as fiestras e os balcóns estanse a converter no medio perfecto par comunicar o que sentimos e o que pensamos....Cando vimos a imaxe das Bibliotecas Escolares para estes momentos de confinamento, a Libruxa ocorréuselle propoñer unha actividade artístico-literaria, baixo o nome "A MIÑA MIRADA", para facer dende as nosas casas: descargar a plantilla da imaxe da fiestra que acompaña esta entrada, acercarvos a unha fiestra, pechar os ollos e imaxinar o que realmente vos gustaría ver a través dela. Despois, abride os ollos e comezade a debuxar dando renda solta á vosa imaxinación. Para rematar, se algúen se anima pode poñerlle palabras ao seu debuxo cunha frase, unha historia...empregando os bocadillos que tamén se vos deixan no documento:




     Aquí queda unha mostra do que nos foron enviando dende as casas:



   Pouco a pouco, achégase un Día do Libro un pouco diferente ao que estamos acostumados a celebrar no cole, polo que Libruxa segue intentando ofrecervos variedades de lecturas dende o seu blog esperando que vos resulten útiles e as disfrutedes. 


  - Weeblebooks, crea e publica en formato electrónico contos infantís e xuvenís. Pódense buscar por categorías ou idades na barra de navegación e descargar gratis en formato pdf para o teu ordenador, móvil ou tablet. 



  - Aquí vos deixa uns fermosos libros xa descargados en pdf: 


















2 abr 2020

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


HOXE LEO NA CASA!!!!

Dende o ano 1967, vense celebrando o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil ao coincidir esta data co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Intenta promoverse a lectura e o amor polos libros entre os máis nov@s así como, promocionar a boa literatura infantil e xuvenil. 

    Por esta razón, Libruxa pensa que a mellor maneira de celebrar este día, dende as nosas casas é....LENDO!!!

      Pero tamén escoitando algúnha historia, para aqueles e aquelas que xa lérades todos os libros que tedes na casa. 

       Aquí vos deixa a súa particular selección, que normalmente poderiamos atopar na nosa biblio, para que vaiedes elexindo...

- Recoméndavos o enlace que xa vos deixou noutra entrada de Kalandraka TV, na sección "contos contados", un canal de televisión dixital onde se poden atopar entrevistas, reportaxes, novas, recomendacións literarias, experiencias lectoras e tamén, un lugar onde diferentes autores e contacontos narran historias moi coñecida en galego:

(preme na imaxe)

-  A editorial ANAYA ofrece nestes momentos un enlace con libros para todas as idades en aberto das diferentes editoriales que conforman o grupo:
(preme no logo) 




10 propostas en galego e gratis para descargar: Ademáis de Anaya, Baía Edicións libera un compendio de libros dende os 4 ata os 12 anos en galego. Podedes ir descargando a que vos interese ao voso ordenador, móvil ou tablet sin problema. Aparecen os títulos por idades, pero bueno....mellor ide botando unha ollada para elexir.


-  A fermosa historia de Raquel Díaz Reguera, "Yo voy conmigo", que xa é un clásico da literatura infantil:  

  

  -   ou o conto de Anna Llenas, "Te quiero (casi siempre)" 



 tamén en versión canción: 



     

- Agora que temos as nosas emocións a flor de pel, recordamos El Monstruo de Colores, de Anna Llenas:  


   Con rima e ritmo: 
   



    -  "Simón, corazón de camaleón", de Alicia Gonzálex Ramírez. A través desta historia Libruxa rétavos a que disfrutedes aprendendo a coñecer e querer ao voso "corazón-camaleón"



  -  Da man da contacontos Beatriz Montero, podedes ler e escoitar a divertida historia rimada "Como mola tu escoba" de Julia Donaldson e Axel Sheffler. 





  tamén en inglés: 






   -    Para un pouquiño máis maiores, unha historia que merece a pena ler e escoitar, "¿Qué le pasa a Uma?" de Raquel Díaz Reguera, sobre o bullying: 

        

   -    Do libro "El niño que se olvidó de dormir", indicado para máis de 10 anos, de Rush Smith, sobre os medos e os pesadelos polas noites, con canción do mesmo autor: 




  -   "El Paraguas", de Liu Jae Soo, é un álbum ilustrado sen texto no que podemos inventarnos a historia ao ir pasando as páxinas. Comeza o seu camiño só o paraugas amarelo, e vai atopando amigos a cada paso que da. Foi premiado como un dos mellores álbumes ilustrados e está recomendado polo IBBY  para nen@s con discapacidades.
   Escoita primeiro a historia. Despois quítalle a voz ao vídeo e inventa ti unha nova:


  -  Bookcase con contos e poesía para diferentes idades, algúns dos cales podedes non só ler, se non tamén escoitar. Tamén se pode escanear o código QR e accedeer ao bookcase dende o móvil ou tablets. Elexide o idioma e listo!!!




    -  Experimentamos cos puntos? Cantos tipos de puntos sodes capaces de facer? Con cantas cores?... "El punto", de Peter H. Reynolds, unha historia contada por Beatriz Montero para deixar volar a túa creatividade cando a acabas de escoitar:  



  -   "Vamos a cazar un oso", de Michael Rosen e Helen Oxenbury, un clásico da literatura infantil inglesa, unha divertida historia con estructura repetitiva e chea de onomatopeias na que os máis pequenos poder interacturar. 




    Na voz de Beatriz Montero, 



  e aquí tedes ao mesmo autor contándonos o conto en versión orixinal: 




  -  La Chicacharcos and the Katiuskas Band, "Mi isla" é un libro-disco con poemas, ilustracións e cancións con fermosos mensaxes de liberdade: a cada nen@ o seu camiño, o que o seu corazón dicte, as súas gañas de aventura e sempre queréndose a un mesm@. 
 Aquí vai unha pequena mostra (xa en youtube, si premes na parte dereita arriba poderás escoitar máis poemas musicados):




  -  Para os máis pequeniños, da colección de Kalandraka "De la cuna a la luna":





  -   Tamén aos pequeniños lles encanta a colección de Veo Veo, de Guido van Genechten




    
  -  Tamén para peques e non tan peques, "La ballena que iba llena", un libro-disco con 13 contos que se transforman en cancións e os debuxos noutros contos...O libro empeza coa historia que lle da nome e que podedes escoitar no seguinte vídeo a ritmo del vals: 


  -   Dende DISCAPNET (o portal das persoas con discapacidade- Fundación ONCE) publican unha selección de contos para promover a educación en valores. Podemos lelos, descargar o documento ou escoitalos (lectura fácil) de forma gratuita tanto dende o ordenador como do móvil ou tablets. 

  

(Preme na imaxe)

 -  "Petit Pop en Silenciópolis", podemos escoitar un adianto en Spotify. Só temos que rexistrarnos creando unha conta gratuita: 



 -  Contacontos Beatriz Montero. Un canal de youtube onde podes atopar moitíííísimas historias que coñeces contadas de forma diferente e divertida. 
                        



  -   Tampouco podía faltar a poesía, nin un autor que a Libruxa lle gusta especialmente, e do que sabe que nalgunhas clases leron ou estaban lendo algúns dos seus poemas, Antonio García Teijeiro, con Poemar o mar ou  Vento, ventiño, venteiro, e que mellor que escoitalos na voz do propio autor:  

   

Vídeo n.6 de "Achegar a poesía a nenos e nenas" con lectura de poemas do libro "Poemar o mar", gañador do Premio Nacional de LIX. 2017 polo autor do mesmo.
De feito, neste recitado aparece o poema do que partimos a principios de curso no noso Proxecto de centro sobre o mar, e que os peques de infantil recitaron no Congreso de Expomar. Acordádesvos cal é?



   
 Tampouco podía faltar a poesía de Fran Alonso e "O meu gato é un poeta" ou "Poemas birollos para ler cos ollos", diferentes tipos de letra, misturando diversos xéneros literarios como a posía visual, os xogos de palabras, os caligramas....

            



      

   ou a poesía de Mar Benegas, co seu libro "A lo bestia". Non hai nada mellor que coñecer a poesía a través das palabras da propia autora:  


   Lede aquí algúns dos seus poemas: 


  -  Contos con pictogramas 

(preme na imaxe)

     
    Os seguintes contos están descargados dende a web de aprendices visuales, un proyecto sin ánimo de lucro para a creación de contos con pictogramas. Tamén se pode descargar a aplicación interactiva de "José aprende" onde poderás atopar máis contos, só hai que inscribirse: 

La Rana Pirata by Nazareth on Scribd








  - GALICIALE: A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas proporciona durante a cuarentena un servizo de préstamo temporal gratuito para todas as idades coa idea de facilitar o acceso de toda a cidadanía á literatura. O lector atopará dous catálogos, un en galego e outro en castelán, que poderán lerse e visionarse en tabletas, móviles ou ordenadores. No caso dos libros tamén cun lector de libro electrónico. Só tes que rexistrarte seguindo uns pasos.