Páginas

30 oct 2015

Así celebramos O SAMAÍN no noso colexio

O pasado xoves 29 de outubro celebramos no cole o Samaín.
Foi un día moi completo cargado de actividades terrorificamente divertidas: taller de cociña, degustación e baile...
Ata Libruxa nos tiña preparada unha sorpresa na biblio.


Botádelle un ollo ao vídeo e comprobaredes que para nós foi un día de medo!



E como non, gustaríanos agradecer a colaboración das familias, que nos axudaron na decoración dos edificios aportando un montón de cabazas decoradas, cada cal máis espectacular!

24 oct 2015

RECURSOS PARA "O SAMAÍN"

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.... Libruxa quere compartir un montón de recursos e contos sobre O SAMÁÍN .... Pincha nas imaxes:

Resultado de imagen de SAMÁIN
 http://paraprofesypadres.blogspot.com.es/2015/10/samain-el-origen-celta-de-halloween.html



18 oct 2015

24 de outubro: Día da Biblioteca

Os vindeiros Xoves 22 e Venres 23 de outubro, iremos visitar a nosa Biblioteca  Escolar para levar a cabo a tarefa que Libruxa nos encomendou.a través desta carta:


Días da Biblioteca
Xoves 22 e Venres 23 de Outubro

  1. Primeiro tes que ler a carta de Libruxa
  2. Libruxa quere saber que esperas da Biblioteca do cole este curso.....
  3. Escribe ou debuxa nun papel o teu desexo
  4. Colocaremos ese desexo nunha silueta de Libruxa...
  5. Libruxa terá preparada a segunda tarefa para ti.
  6. Sorpresa......

CURSO 2015-2016: BENVIDOS E BENVIDAS á Biblioteca de Libruxa


 
 LIBRUXA coa nosa mascota JAN na porta da nosa biblioteca. 







                                                                                                              Imaxe do ilustrador: Fran Bueno

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información; convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.