Páginas

29 abr 2010

XABIER P. DOCAMPO, TODO UN PLACER


Unha das actividades programadas con motivo do DÍA DO LIBRO era a visita de XAVIER P. DOCAMPO, e hoxe estivo con nós.

Deixounos unha mensaxe moi clara: LEMOS PARA PENSAR. Contounos o conto de Carrapuchiña e foinos facendo preguntas sobre os feitos que pasan no conto, e así descubrimos moitas cousas nas que non nos fixáramos ata hoxe. Fíxoo dunha maneira moi divertida e rímonos un montón.

Díxonos que todas as historias que escribe, dalgunha maneira, son cousas que lle pasan a el; sempre leva un caderno no peto e vai anotando cousas que despois recolle nos seus libros. Sempre escribe en galego porque é a súa lingua, dixo, aínda que fala dúas ou tres máis. Así ten a riqueza de poder escoller no que quere falar.

Escribiu na libreta de convidados de Libruxa e tamén asinou o libro de BOLBORETAS.

ENTREGA DE AGASALLOS DO DÍA DO LIBRO

O alumnado participante na búsqueda do tesouro organizado polas monitoras de Gaia xunto con Libruxa con motivo do DÍA DO LIBRO, recibiu o seu agasallo.

Así de felices estaban os cursos de 1º, 2º e 3º cos seus regalos.



21 abr 2010

ELES E ELAS TAMÉN LEN

Para que les? é o título dunha iniciativa do Clube de Lectura da ONG Implicadas no Desenvolvemento. Esta proposta foi recollida por un gran número de bibliotecas escolares galegas que contribuiron coas súas achegas á montaxe dunha exposición para o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, na que moitas persoas pertencentes a diferentes eidos da cultura, persoas anónimas, mestres/as e alumnos/as explican as razóns para ler e o que a lectura proporciona ás súas vidas. Todo este traballo foi coordinado por Loly Lago do Ies de Fene e Charo Sánchez Gabriel do Ies Sánchez Cantón de Pontevedra. Olga Rodríguez, do Ceip Milladoiro de Malpica, coordinou o traballo de recompilación de textos e fotos de persoas famosas con profesións moi diferentes que nos contan que ELES E ELAS TAMÉN LEN



Aquí tes o resultado

18 abr 2010

LETRAS ANIMADAS



Coas letras sempre podemos disfrutar
Grazas Julia por facérnolo chegar

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO



Os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria despois do encontro con ABRAHAM CARREIRO, comentan:

Aprendimos moito cos seus debuxos e consellos

Pareceunos xenial que viñera ao colexio e que nos ensinara os seus trucos

DISFRUTAMOS UN MONTÓN E DEIXOUNOS MOITOS DEBUXOS

LETRAS GALEGAS


Estamos no mes de abril e andamos mergullad@s nos libros, pero despois ven maio e aí están as LETRAS GALEGAS.

Como nas Bibliotecas Escolares hai xente incansable, xa podemos contar con material axeitado para achegar a figura de UXÍO NOVONEIRA a cada ciclo.

Actividades LIM do Ceip Frian para:

Infantil e 1º Ciclo de Primaria

2º e 3º Ciclo de Primaria

Recopilación de materiais de diferentes colexios

Todo este material seranos de gran axuda. Grazas.

BÚSQUEDA DO TESOURO

As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º curso están moi atarefas@s buscando as pistas que apareceron no taboleiro á entrada da biblioteca. Tamén lles deixaron dúas caixas con libros. Parece ser que teñen que adiviñar personaxes deses contos.

O venres, a pista para 1º e 2º dicía: ten varios protagonistas

para 3º era: falamos dun animal

cal será a do luns?


1º e 2º: pertence ao mundo animal

3º: ten un título longo

a do martes é:


1º e 2º: non viven na praia e tampouco na cidade

3º: parece ser que xa non é novo

estamos en mércores:

1º e 2º un é grande, o outro é mediano e o último pequerrecho

3º: o seu dono atopou algo que outro neno non quería

este animal non ten rabo

e chegamos ao xoves. Aquí tes as pistas por se as necesitas:

1º e 2º: alguén entrou na súa casa

3º: dícese que é o mellor amigo do home





12 abr 2010

WEBQUEST DÍA DO LIBRO


Dende o CEP CESPÓN chéganos unha webquest para o Día do Libro e para traballar en 2º e 3º ciclo de primaria.

Grazas

DÍA DO LIBRO

Presentámosche unha das actividades para facer na biblioteca ao longo deste MES dos libros.

Atoparás catro grupos de libros do teu ciclo e por parellas escolleredes un grupo de libros e cubriredes a ficha que vos propoñemos. Podedes escoller:


TÍTULO MÁIS CURIOSO

PORTADA MÁIS FERMOSA

ILUSTRACIÓNS MÁIS FERMOSAS

ASPECTO MÁIS ATRACTIVO: tamaño, forma

Os nenos e nenas de E. Infantil escollerán a portada que máis lles guste.

Tod@s os participantes recibirán un agasallo e os cos libros gañadores faremos unha exposición

7 abr 2010

MES DO LIBRO

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA E DA CREATIVIDADE PROGRAMADAS POR LIBRUXA PARA ESTE TRIMESTRE:


Día 13 de abril:

Abraham Carreiro (ilustrador)


Falaranos da elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración.



Día 29 de abril: Xabier P. Docampo (Escritor, contacontos...)

Será un pracer escoitar a voz dalguén que escribiu tantos libros e recibiu tantos premios.


Día 3 de xuño: Charo Pita (escritora, narradora)


Óscar Villán (ilustrador)


Presentarannos As ollofábulas.

Óscar dá cor e forma as palabras e Charo pon aceno e voz ás imaxes.


De tod@s estes persoeiros atoparás libros na biblio do cole. LIBRUXA recopilounos e colocounos no espazo das novedades para que poidas acceder a eles máis comodamente. Tamén atoparás breves reseñas dos autor@s e ilustradores.

5 abr 2010

ILUSTRANDO A LECTURA

Na biblio O RECANTO DE MIK podemos disfrutar dun fermoso traballo ILUSTRANDO LECTURA que mostra unha colección de ilustraccións que nos farán soñar a peques e grandes.
Preme AQUÍ para velo.
Grazas por tan magnífico traballo.

ABRIL, MES DO LIBRO



O mes de abril ten dúas datas especiais nas que son protagonistas os libros. Unha, o día 2, na que se
celebra o Día Internacional do Libro
Infantil e Xuvenil, en cuxo cartaz
deste ano lemos:


UN LIBRO ESPERA POR TI; BÚSCAO!

e outra o día 23,
Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
As bibliotecas escolares e tamén LIBRUXA, teñen preparadas actividades para estas datas.