Páginas

22 mar 2012

MARZO, MES DA POESÍA

No edificio nº 2 está posto un panel co fin de enchelo coas poesías ilustradas escritas polo alumnado ou poemas de autor@s. No expositor de novedades da biblio hai unha mostra de libros de poesía e tamén suxerencias para traballalas.

O calendario para recitar na biblio durante a Hora de Ler é o seguinte:

I 3 anos e 3º primaria, 26 de marzo

I 5 anos e 6ºA primaria, 27 de marzo

I 4 anos e 6ºB primaria, 28 de marzo

4º primaria e 1º primaria, 29 de marzo

5º primaria e 2º primaria, 30 de marzo

Preparar a actividade para que o recitado dos dous cursos non dure máis de dez minutos. As ilustracións scanearémolas para proxectar mentres recitan e tamén podedes escoller música para poñer de fondo.

18 mar 2012

2 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2012
Celébrase 2 de abril, desde 1967, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

HABIA UNHA VEZ UN CONTO QUE CONTABA O MUNDO ENTEIRO

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.

Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.

E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.

Francisco Hinojosa


Traducción de:
Eva Lozano Carpente

12 mar 2012

SEMANA DA PRENSA

Ademais do caderno de investigación de Libruxa podemos utilizar os recursos que seleccionamos da biblioteca "O Recanto de Mik" e que vos axudarán a traballar a PRENSA nas aulas.


Diferentes textos que traballas na aula











Actividades sobre a noticia.





El periódico. Todo o que tes que saber sobre un periódico.

8 mar 2012

ENTROIDO MEDIEVAL 2012

O noso colexio está levando a cabo durante o presente curso escolar un proxecto de animación á lectura e búsqueda de información dende a Biblioteca Escolar que xira en torno á Idade Media. Leva por título: "Camiñando ao pasado da man de Pardo de Cela". Aproveitamos a celebración do Entroido para aprender como iban vestidos os distintos persoaxes da época: Trobadores, damas, cabaleiros, monxes, bispos, arqueiros,.....
Click to play this Smilebox slideshow

7 mar 2012

8 de Marzo DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES





O equipo TIC do Cole EEI Milladoiro cóntanos este conto que tamén o podes ler na nosa biblioteca. Con el recordamos que hoxe celebramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.




Este enlace levarate á páxina das Bibliotecas Escolares na que atoparás unha recopilación de actividades e materiais das biblios galegas.

INACIO VILARIÑO ESTIVO NA BIBLIOTECA

O pasado 6 de marzo o alumnado e profesorado do 2º e 3º ciclo de Primaria puidemos disfrutar na biblioteca co traballo de INACIO VILARIÑO. Rimos tanto que algúns case arrolan polo chan.

Contounos, entre outras, narracións do seu libro "FÁBULA GALÉNICA" que foi a obra gañadora do VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en modalidade infantil.

Todos léramos a obra que tamén gustou moito, " hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais".
Roberto, o neno máis lector do cole, trouxo o libro para que o autor llo asinara. Todo un luxo!





Mira este video a ver se recoñeces os personaxes do espectáculo de "Fantoches Baj" e escoita e baila o vals dos Deza de Moneixas arranxado por Carlos Quintá e tocado por Linho do Cuco.

fábula galénica from Fantoches Baj on Vimeo.