Páginas

27 oct 2012

COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres sairon da biblioteca de LIBRUXA once Mochilas Viaxeiras cargadas de boas lecturas e música para que todas as familias que o solicitaron poidan disfrutar, gozar e compartir cos seus fillos e fillas todo aquilo que nos aportan os libros.


Un libro sempre é unha oportunidade para a sorpresa e para o encontro.

7 oct 2012

XA ESTAMOS NO OUTONO

A pesares deste maravilloso tempo solleiro, estamos no outono e para ir mentalizándonos LIBRUXA atopou na biblio de san Tomé de Cambados esta presentación de poesías que seguro vos gustará.




E como tamén estamos en tempo de castañas e magostos, desde o Ceip Víctor Saenz comparten unha recopilación de recursos nos que atoparás refráns, cancións, lendas, receitas e actividades moi variadas. Preme na imaxe.

2 oct 2012

ACHÉGASE O SAMAÍN



O equipo de NDL en colaboración co da biblioteca preparou unhas actividades para celebrar o SAMAÍN. Trátase de que coñezades mellor o que significa esta festa.

Para Infantil e 1º ciclo de Primaria hai una unidade didáctica que podedes recoller na biblioteca. 
 Para 2º e 3º ciclo de Primaria teredes que presentar un díptico  que conteña un texto coa seguinte información:

  •    Cal é a orixe do Samaín
  •    Dende cando se celebra
  •    Que día se celebra
  •    Como se celebra no colexio

O díptico terá una portada que decoraredes ao voso gusto, no interior escribiredes a información pedida con debuxos alusivos e  na contraportada inventaredes un conxuro, por exemplo:


“Sapos, ratos e pedras,

Corvos, píntegas e meigas,  
Raios, tronos e tebras!


Botade fóra as culebras”.



( o conxuro é unha frase rimada na que se pide un desexo)



 O día da festa cada clase lerá un conxuro que previamente escolleu e celebrarémolo elaborando e degustando un menú noxento e terrorífico.


Este traballo farédelo en grupos de 3 persoas e podedes presentalo en formato dixital ou en papel. Deberá estar feito para o día 24 de outubro.

Recursos 

Padrón do Díptico (só para soporte dixital)
Nesta actividade Lim atoparedes exemplos de conxuros feitos por nenos

Premendo nesta imaxe atoparás abundante información do Samaín que nos facilita o Ceip Víctor Saenz



OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA

Este mes de outubro no que estamos reencontrándonos coa nosa biblioteca, imos dedicarllo ao seu personaxe principal, a LIBRUXA
Entón propoñemosvos estas actividades:

Infantil: facer un retrato de Libruxa coa técnica que queirades
1º ciclo de Primaria: facer un retrato de Libruxa e escribirlle unha dedicatoria
2º e 3º ciclo de Primaria: escribir a biografía de Libruxa. Contade moitos detalles, sede orixinais e coidadosos na presentación.

Con todos os traballos decoraremos a biblio durante este mes.
LIBRUXA ten preparado un agasallo para todos os nenos e as nenas que faigan este traballo.