Páginas

27 abr 2013

VISITA DE ANXO MOURE

O mércores 10 de abril tivemos a visita dun contacontos moi especial na nosa biblioteca. Todo o alumnado de Infantil escoitou engailado a Anxo Moure, gran defensor das árbores e da natureza en xeral.

Púxonos unha entrañable dedicatoria no libro de visitas e autografounos un exemplar do seu libro "O carballo con botas". Grazas Anxo pola forza dese carballo e dese teixiño.


MARATÓN DE LECTURA

Por terceiro ano consecutivo o alumnado do colexio participou no maratón de lectura que organiza o CC Buril da localide e ademais cada vez con máis número de participantes. As 9:30h saímos do cole os grupos de 1º, de 2º, de 4ºA, de 5º, de 6ºA e de 6ºB. Cando chegamos ao Salón de Plenos do Concello, onde tiña lugar dito maratón, ocupamos todos os asentos e algúns tiveron que sentarse no chan.
Nesta edición tiñamos que ler poemas de Rosalía de Castro e como xa os estiveramos traballando con motivo do Día de Rosalía, resultounos fácil aínda que ao primeiro aparecen os nervios.
As profes e os profes felicitáronnos, pensamos que o fixemos moi ben. Nos blogues dos ciclos escribimos algúns comentarios.


MICHAEL CHUMACERO, premiado o seu texto

Desde a biblioteca os nosos PARABÉNS a MICHAEL CHUMACERO, alumno de 6º polo seu premio na categoría infantil do III CONCURSO DE RELATOS CORTOS "Lee, escribe ...¡Entrena tu mente!" convocado pola LNFS en colaboración coa editorial SM e no que participaron nenos e nenas de todos os rincóns de España.
Estamos orgullosas do noso alumnado, non só cando acadan premios, senon pola súa participación e implicación nas actividades organizadas por LIBRUXA.

19 abr 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Para ir preparando actividades e coñecendo a figura de ROBERTO VIDAL BOLAÑO, autor que homenaxeamos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS do 2013, recopilamos os recursos que elaboraron diferentes colexios e seminarios. Seguro que nos serán de moita axuda.
Grazas a todos eles por compartir.

Preme na imaxe para acceder aos recursos

Nos expositores da entrada á biblioteca están os libros de teatro. Propoñemos que durante este mes de maio aproveitemos a Hora de Ler para este tipo de texto.
 

18 abr 2013

MADRIÑAS E PADRIÑOS




MADRIÑAS E PADRIÑOS



O MARTES DÍA 30 DE ABRIL FAREMOS ESTA ACTIVIDADE.  
CALQUERA RINCÓN DO NOSO PARTIO É BO PARA COMPARTIR UNHA LECTURA.

OS CURSOS DE 6º, 5º E 4º APADRIÑARÁN OS CURSOS DE 3º, 2º, 1º E INFANTIL.



PROXIMAMENTE  COMUNICAREMOSVOS O NOME DAS AFILLADAS E AFILLADOS.
 

MARATÓN DE LECTURA

O día 23, Día do Libro, moitos dos nenos e nenas do colexio participarán no MARATÓN DE LECTURA que organiza o CC Buril. Este ano está adicado a Rosalía de Castro seguindo cos actos da celebración dos 150 anos de publicación de "Cantares Galegos"
Pola biblioteca van pasando os últimos ensaios. Seguro que o farán moi ben.

23 de abril DÍA MUNDIAL DO LIBRO

                                  

 
Co gallo do Día Mundial do Libro 2013, a escritora, narradora, actriz e directora teatral, Paula Carballeira, agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto que pon en valor as potencialidades do libro para atraer e seducir as lectoras e os lectores, mesmo aqueles que de principio non están especialmente motivados pola lectura. Quen está acostumado aos textos e ás narracións orais de Paula Carballeira recoñeceraa sen problema neste "monólogo" que comeza así: 
Non sei que facer. 
Miña irmá regaloume un libro. 
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este. 
Un libro
Por que?
Que lle fixen eu?

Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares

15 abr 2013

CADA OVELLA COA SÚA PARELLA



Demasiado fácil! comentaron as nenas e os nenos de 4º ao facer a actividade.
Claro, tiñan todos os libros lidos. Isto alegrounos moito.

CADA OVELLA COA SÚA PARELLA



CADA OVELLA COA SÚA PARELLA

Actividade para facer nas horas de biblioteca en abril, mes dos libros



Trátase de emparellar tarxetas coa portada de libros con tarxetas con parágrafos dos libros correspondentes que están clasificadas cun borde da cor segundo os ciclos.
Desenvolvemento da actividade:
  • Dividir a clase en 3 equipos
  •  Entregar a cada equipo un soporte e un sobre que contén 4 portadas e 4 parágrafos
  •   Nun tempo marcado pola titora ou titor terán que emparellar as tarxetas colocándoas no soporte
  • Pasado ese tempo intercambiarán os sobres para que os tres equipos solucionen os 3 sobres

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: Apadriña unha poesía

Por fin chegou a primavera, aínda que no noso colexio xa hai días que podemos pasear entre os tulipáns e ao mesmo tempo ler as poesías que con tanta xenerosidade aportaron todas as familias. Dámoslles tantos bicos como tulipáns temos!!!!     

11 abr 2013

GONZALO MOURE ESTIVO NA BIBLIOTECA

VISÍTANOS O ESCRITOR GONZALO MOURE

Así nolo contan os nenos e nenas de 3º ciclo no seu blog:
 


O 8 de abril veu Gonzalo Moure a falarnos dos seus libros e da súa vida aos nenos e nenas de 5º e 6º na Biblioteca. Máis tarde fixémoslle preguntas sobre como creaba os seus personaxes, que tipo de libros lle gustaban, por que se fixo escritor...
Ao final, dedicounos un poema a todos e a algúns asinoulles un autógrafo.
Pero isto non remata aquí, posto que estamos a redactar unha entrevista sobre todo o que aconteceu ese día tan memorable. Poderedes ler o resultado proximamente na nosa revista do cole  Vistalegrín.


A nosa homenaxe a José Luis Sampedro
 
 
 Imaxe de Rosana Rodiles. Biblioteca Xoán Farias
 
 

 Imaxes de Ramón Ferreño, do IES O Mosteiron