Páginas

CLUB LECTURA



 9-04-2014
En xeral gustou pouco e deu pouco debate.

26-03-2014
Gustou moito. Destacamos valores: amizade, respecto...Vimos que o medo vai co ser humano, e que ás veces o falso orgullo impídenos pedir axuda.
Falamos dos países espoliados.
Próximo libro "AYDÍN", Jordi Sierra i Fabra.

12-03 -2014
Próxima lectura "UN AMIGO EN LA SELVA", Alfredo Gómez.

19 -02-2014

Xuntámonos para ver a curta "Lalia" realizada por Silvia Munt que nos achegou a ver como é a vida nos  campamentos dos refuxiados saharauis no deserto.
 Estamos un pouco máis cerca de todas estas persoas expulsadas do seu país.



12-02-2014


Coñecimos un pouco da historia do SAHARA. Vimos fotos dos campamentos de Tinduf e tocamos as melfas, pulseiras, aneis e un montón de adornos que fabrican coas poucas cousas das que dispoñen. O próximo día veremos un documental.


16-01-2014

Parece que nas vacacións estivemos moi ocupados en moitas cousas e a lectura non foi á que lle adicamos demasiado tempo. Damos por lido EL PEQUEÑO VAMPIRO EN PELIGRO sen grandes conclusións.
Próxima lectura LOS GIGANTES DE LA LUNA, Gonzalo Moure.

17-12-2013 

Estivemos lendo NATA Y CHOCOLATE de Alicia Borrás.
Encantounos!!!! Foi a opinión unánime.
Falamos de  
SOLIDARIEDADE 
TOLERANCIA
EMPATÍA
AUTOESTIMA
AMIZADE
Escribirémoslle un correo electrónico á autora.
Para despois das  vacacións EL PEQUEÑO VAMPIRO EN PELIGRO, Angela Sommer-Bodenburg. 
     


20-11-2013

Hoxe no recreo tivemos a primeira xuntanza cos membros do club de lectura. Son nove alumnos e alumnas de 6º curso que se estrean nesta actividade. Entregámoslles un escrito no que se recollen as normas e os obxectivos e comentámolos.
Entregamos xa o libro a ler ÁS DE MOSCA PARA ANXO de Fina Casalderrey.
Verémonos en quince días. 





Despedimos o clube de lectura coa tertulia sobre A Illa do tesouro. 
 Tamén fixemos a valoración da actividade e coincidiron que o mellor foi compartir as opinións dos demais e descubrir diferentes puntos de vista sobre un mesmo libro. Como negativo apuntaron que fora pouco tempo, 2º e 3º trimestre, e que as xuntanzas fosen nos recreos. Terémolo en conta para o próximo curso.



24 /04. O seguinte e último libro para este curso é un clásico, A illa do tesouro de R.L. Stevenson. Pensamos que será un bó final.



 Na sesión do 17 de abril comentamos o libro de Luís Sepúlveda. Alguén vira tamén a película. En xeral gustou pero con menos entusiasmo que os anteriores. Falamos de ecoloxía, de amizade e, sobretodo, de compromiso.


Próximo libro: Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar de Luís Sepúlveda.



O 8 de abril visitounos GONZALO MOURE, un encontro de dúas horas que deixará pegada. Visita o blog de 3º ciclo para ver máis.




12/03. Limos O chápiro verde de Marilar Alexandre. Gustou a fantasía e comentamos das cousas polas que escapariamos da escola.




26/02. Los gigantes de la luna gustounos moito a pesares de ser triste. Descubrimos a situación do pobo saharaui e o valor das cousas sinxelas. 

 

19/02. Xuntámonos para ver a curta "Lalia" realizada por Silvia Munt que nos achegou a ver como é a vida nos  campamentos dos refuxiados saharauis no deserto. Quedamos un pouco impresionad@s.



 






Na sesión de hoxe comentamos o libro UN LOTO NA NEVE que xa rematamos. O comezo da lectura fíxosenos un pouco difícil porque facía referencias a moitas cousas que non coñeciamos ben, pero ao xuntarnos, a opinión de cada un aclaraba e enriquecía a de todos. Foi moi gratificante escoitar e  participar nos coloquios.
O seguinte libro a ler tamén é de Gonzalo Moure, LOS GIGANTES DE LA LUNA.



CLUB DE LECTURA FANTASÍA!
Así se chama o recién nacido club de lectura do alumnado de 6º curso. Na primeira xuntanza  comentamos e acordamos as normas de funcionamento e na segunda repartimos un caderniño no que poñer unha pegatina coa portada do libro a ler e a súa referencia bibliográfica.


Un loto na neve de Gonzalo Moure é a nosa primeira lectura.