Páginas

25 mar 2017

NO DÍA DE ROSALÍA FACEMOS POESÍA








Entidades culturais, museos, institucións e centros educativos de toda Galicia celebraron o 24 de Febreiro o Día de Rosalía con diferentes actividades e actos que a recordaron como muller e como escritora.
     Este curso, como esta data coincidiu coa celebración do Entroido nos coles, Libruxa propúxonos tres actividades para recordar a súa figura e acercar a súa poesía aos nenos e nenas do cole e nas cales nos meteremos de cheo á volta das vacacións e remataremos coincidindo co día da poesía o día 21 de marzo.  
      Unha destas actividades leva por nome "As nosas Rosalías" e consiste en facer diferentes collages cunha mesma imaxe da escritora. Este foi o resultado.


Outra proposta chamouse "Unha poesía para Rosalía", na que tratamos de facer un correversos por todos os niveis do cole e elaborar entre todos un poema para Rosalía. 




        A derradeira actividade "Recitamos a Rosalia", constistiu en facer un recitado dalgúns dos seus poemas na biblioteca. Para isto cada curso elixiu un poema ou un fragmento dun poema para lelo, coñecelo, sentilo e recitalo primeiro nas aulas, motivando ao alumando e titores  a xogar con eles e buscar as súas posibilidades expresivas e creativas. Rematamos a semana do 21 de marzo como homenaxe á poesía cun recitado de Rosalía na biblioteca. 





XA ESTAMOS EN SAMAÍN-HALLOWEEN





   Rapaces e rapazas, xa estamos no Samaín. Chegamos ao tempo de bruxas, cabazas, pantasmas, monstruos, morcegos..., que sorprendentemente decidiron escaparse por uns días das páxinas dos libros e quedarse na nosa biblioteca. 
    Libruxa está moi contenta porque, como ven sabedes, ela é unha bruxa, das boas, pero unha bruxa e eles son os seus amigos, pero non sei o que opinarán os nosos nenos e nenas desta escalofriante compañía.
     O medo será estas semanas o protagonista da nosa biblioteca e por iso Libruxa animou ás titoras e e titores que elaborasen co alumnado un tendal de personaxes terroríííííficos que coñecesen dos contos que lles gusta ler por estas datas e os levasen á biblioteca. Tamén houbo photocall e  a tradicional recolecta de cabazas.



6 mar 2017

Semana da Prensa na Escola



   O luns 6 de marzo comeza a 29ª Semana da Prensa, cinco días nos que os xornais e as revistas se convertirán nos protagonistas de moitas sesións dentro da biblioteca e das nosas aulas. Os nosos nenos e nenas  convertiranse por uns días en periodistas e descubrirán a importancia da noticia no seu proceso de ensinanza-aprendizaxe. 



Recursos para traballar con xornais na aula:

 Escolma de recursos da rede realizada por Julia González do CEIP Mestres Goldar de Vigo.
https://sites.google.com/site/recursoseducativostematicos/
https://drive.google.com/file/d/0Bx4rduf8UFMzR1J1WTBna2RCN1E/view?ts=56e00a11
Si queres investigar sobre os xornais, preme na imaxe.

Estes foron algúns dos traballos realizados ao longo desta semana: