O vídeo motivador do primeiro día marca o incio do proxecto. As expectativas e a intriga xa están creadas.
Adicamos o mes de setembro e outubro para recolocar o espazo-biblio e os halls da entrada cunha pequena decoración temática do PDI creando expectación no alumnado ata que chegue o Día das Bibliotecas Escolares, momento do pistoletazo de saída oficial pola nosa ruta viaxeira!!!!
Para este mes de setembro Libruxa propuxo varias actividades motivadoras:
- Elaboración de carteis publicitarios para promocionar diferentes viaxes e colocalos no escaparate da axencia de viaxes.
- Concurso de selos: será o alumnado quen diseñe os selos para selar as chegadas das viaxes nos pasaportes viaxeiros. Entre as diferentes propostas elexiranse os selos gañadores, un por continente, que logo se farán coa impresora 3D e a cortadora láser de polos creativos.
- Decoración das portas, comezando pola da biblioteca, que os voluntari@s axudarán a deseñar.
- Organiza a túa viaxe: antes de viaxar é preciso facerse algunhas preguntas para planificala ben: artículos ensenciais para a miña maleta, que tipo de viaxeiro quero ser, tips para viaxar seguros, recomendacións viaxeiras....
Planificamos a Viaxe (1) by Nazareth
Ademáis, o alumnado de 6º de Primaria preparou unha exposición con consellos para planificar a nosa viaxe que foi presentando polas diferentes aulas.





.png)



