Páginas

24 oct 2010

CENTENARIO NACEMENTO MIGUEL HERNÁNDEZ

MIGUEL HERNÁNDEZO próximo sábado, día 30 de outubro, celébrase o centenario do nacemento do poeta MIGUEL HERNÁNDEZ
No Lar de Frianciño ofrécennos unha presentación baseada nun poema de Carmen Gil titulado Miguel Hernández para niños

Miguel Hern�ndez

20 oct 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS


Por fin LIBRUXA xa ten listas as Mochilas Viaxeiras!!! Este curso tivo máis traballo xa que pon en camiño once mochilas.
As familias atoparán poesía, literatura infantil, libros con música, libros temáticos que facilitarán o diálogo cos seus fillos e fillas. Poderán disfrutar deles durante 8 días e no caderno anotarán suxerencias e opinións que dende o equipo da biblioteca, agradeceremos moito.
DISFRUTEN LENDO XUNT@S !!!!!

19 oct 2010

PAN CON TOMATE

Despois da visita á horta, as nenas e nenas do 2º ciclo de Primaria decidiron elaborar unha receta con un dos ingredientes que recolleron alí. Ao principio estaban un pouco escéptic@s con respecto se a probarían ou non, pero foi un verdadeiro éxito xa que repetiron ata agotar existencias.
Algúns xa incluiron o PAN CON TOMATE na súa merenda.

VISITAMOS UNHA HORTA

O alumnado de 2º ciclo achegámonos a Mondoñedo onde visitamos unha horta. Alí Vilma e Xulio nos explicaron como cultivan, recollen e comercializan tomates, leitugas, xudías, berenxenas, fabas...Todas estas verduras e hortalizas son ecolóxicas, é dicir, que para o seu cultivo non se empregan produtos químicos que contaminen.
Vilma tamén nos explicou que fan mermelada de amorodo e de mora.
Trouxemos a proba de todo!!!
Á volta paramos en Lourenza e visitamos o Museo da Faba. Gustounos moito a maqueta da zona e as ferramentas que utilizan os nosos abós para labrar as fabas.
Aquí tedes unhas fotos que vos darán idea de todo o que fixemos.



13 oct 2010

SAMAÍN


Como sen enterarnos, o OUTONO xa está aí. É tempo de castañas, noces, cogumelos, cabazas ...
Dende o CEIP Víctor Sáez en Mazaricos chega esta excelente recopilación de recursos para traballar o SAMAÍN.

Preme AQUÍ para acceder a eles.

11 oct 2010

"Capacidade de adaptación aos retos e á diversidade: todo está na Biblioteca Escolar"

Un ano máis, a IASL (International Association of School Librarianship) difunde un cartel e un lema para poñer en valor, no mes de outubro dunha forma intensiva, as bibliotecas escolares.

Fai fincapé nos recursos que as bibliotecas escolares proporcionan ao alumnado e ao profesorado nese difícil asunto da adaptabilidade, da capacidade de enfrontar novos desafíos, novos retos; de enfrontar con éxito a diversidade individual e a pluralidade e complexidade que as aulas presentan.

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"


7 oct 2010

100 ANOS DE LEO LEONNI

LEO LEONNI (1910-1999)
Celébrase o centenario do nacemento deste autor, cuxas obras están presentes na nosa biblioteca.

Volvamos a emocionarnos lendo a

Frederick

Nadarín

Pequeno Azul Pequeno Amarelo

A casa máis grande do mundo