Páginas

28 oct 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA ACHEGÁNDONOS Á CIENCIA





O venres 25 achegámonos á ciencia da man da investigadora ÁNGELA VÁZQUEZ ÁLVAREZ que estivo na biblioteca para explicarnos cousas do seu traballo.
Contounos que desde pequena lle gustaba a natureza e que tamén era moi curiosa. Cando rematou o bacharalato no IES Politécnico de Lugo estudou na Universidade de Compostela a carreira de Inxeñería Industrial e hoxe está traballando no departamento de Agroforestal, investigando como aproveitar a forza do mar para obter enerxía.
Díxonos que a curiosidade, a creatividade e traballar  en equipo son cualidades indispensables para unha investigadora ou investigador. E unha das cousas que máis lle gusta do seu traballo é poder descubrir cousas que melloren a vida das persoas e contribúan á conservación do noso planeta.
Chamounos moito a atención un video  no que varias persoas fan esculturas partindo dunha pastilla de xabón e chegamos á conclusión que
 CADA PERSOA PODE VER NUNHA COUSA DIFERENTES POSIBILIDADES


25 oct 2013

SAMAÍN





LIBRUXA recórdanos que premendo na imaxe atoparemos recursos para traballar e coñecer o  SAMAÍN. Xa viu a decoración da entrada do cole preparada para recibir as cabazas.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Coincidindo co Día das BIBLIOTECAS ESCOLARES comeza a viaxe, outro curso máis,  das MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida teñen entre as familias.
 Trátase de disfrutar lendo xunt@s, buscar ese momento íntimo e tranquilo no que poidamos compartir, soñar, imaxinar ...   a fin de contas VIVIR.
Esperamos que as disfrutedes. 

19 oct 2013

CIENTÍFICAS GALEGAS

Ademais de toda a información que Libruxa nos pon ao alcance da man, tanto nos libros como en páxinas web, tamén imos ter a oportunidade de achegarnos máis de cerca ao mundo da Ciencia, coñecendo e falando con dúas mulleres galegas dedicadas á investigación. 
Énchenos de orgullo poder contar coa súa colaboración para que o noso alumnado teña un contacto máis directo e vexa máis accesible este tema.





que estudiou no IES de Meira e actualmente traballa no centro de Neurociencias e Mediciña Rexenerativa en Washington  investigando sobre a protección das células nerviosas despois dun dano cerebral. Tamén fai investigacións para o National Institutes of Health de EEUU.


Esta é ÁNGELA VÁZQUEZ ÁLVAREZ

que estudiou no instituto de Grandas de Salime e no Politécnico de Lugo.
Hoxe en día desenvolve a súa actividade como investigadora na Universidade de Santiago de Compostela no Departamento de Enxeñería Agroforestal buscando como aproveitar a forza do mar para obter enerxía.

5 oct 2013

LEMOS CIENCIA NA BIBLIOTECA


LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Este é o tema recollido no cartaz de Patricia Castelao co que as bibliotecas escolares de Galicia conmemoran  o día 24 de outubro o Día da Biblioteca (neste enlace atoparás máis información)
Desde LIBRUXA sumámonos a este evento e preparamos unha exposición de fondos relacionados coa ciencia para que durante o mes de outubro se leven a cabo actividades que iremos presentando nos diferentes ciclos.




2 oct 2013

CHEGAN AXUDANTES Á BIBLIOTECA

Unha marea de colaborado@s inundou hoxe a biblioteca do cole. Aquí os tedes á espera de facer as quendas pertinentes e recibir as instrucións de traballo.
LIBRUXA quedou un pouco pasmada ante tal avalancha de voluntariado. Seguro que todo funcionará estupendamente.