Páginas

19 dic. 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Un grupo de nenas e nenos foron facer unha visita moi entrañable. Estiveron na residencia da 3º idade de Burela. Compartiron panxoliñas, poesías e contos coas persoas maiores que alí viven.
Ademais de cantar cada curso unha panxoliña, 4ºA regaloulles uns debuxos que fixeron para eles, os de 3º curso recitaron poesías e os de 5ºA leron o libro AVÓS que lles fixo rir.
Os maiores contaron o conto do Apalpador e tamén cantaron panxoliñas. A sorpresa foi que chegou o APALPADOR cun saqueto de castañas que repartiu entre todos.
Como remate invitáronos a unha suculenta merenda.
De volta ao cole comentaban que fixeran amigas que eran moi agradables.
BOA EXPERIENCIA ESTA DE INTERCAMBIO XERACIONAL

18 dic. 2013

BROCHE FINAL AO PROXECTO "LEMOS CIENCIA NA BIBLIOTECA"



Como final do proxecto “Lemos ciencia na biblioteca” estiveron hoxe con nos SONIA VILLAPOL e TODD TREAGEN.

SONIA é unha científica de Bretoña, doctora en Neurociencias que actualmente traballa no Centro de Neurociencias de Mediciña Rexenerativa en Washington investigando sobre a protección das células nerviosas despois dun traumatismo cerebral. Grazas aos seus descubrimentos xa hai un grupo de persoas con este tipo de danos probando os efectos do tratamento.

TODD é un científico bioinformático no Centro de Bioinformática e Bioloxía Computacional na Universidade de Maryland. O seu traballo céntrase no ensamblaxe dos xenomas usando novas técnicas de secuenciación.



Fixeron unha exposición clara e amena, achegándonos ao fascinante mundo da ciencia. As nenas e nenos de 5º e 6º curso fixeron preguntas e seguro que deste grupo sairá máis dunha científica e dun científico. Como curiosidade, chamoulles a atención que Todd, americano, falara en galego. EN GALEGO TAMÉN A CIENCIA.



Damos as GRAZAS a todas as persoas que, de maneira desinteresada e facendo un oco no seu traballo, colaboraron neste proxecto.



13 dic. 2013

LENDO CO KAMISHIBAI

Contacontos na biblioteca durante a HORA DE LER por parte dos nenos e nenas de 5º A  aos compañeiros doutras clases.

mércores 27 novembro: O TRAXE NOVO DO 

EMPERADOR - 4º B

xoves 28 novembro: A LEITEIRA - 4º A

venres 29  novembro: O GATO SOL - 6º

luns 2 decembro: O GALO E O RAPOSO - 3º

venres 12 decembro: A LEBRE E A TARTARUGA - 5ºB






8 dic. 2013

O NOSO ADEUS A MANDELA

Nelson Rolihlahla Mandela fixo da súa vida una loita contra as inxusticias. Cambiou a historia de Sudáfrica facendo posible a reconciliación de brancos e negros e convertiuse nun símbolo internacional de dignidade e tolerancia.


Estes días por todo o mundo, blancos e negros choran a morte do home máis respectado do planeta: MADIBA, como lle chamaban no seu país polo título honorífico que os anciáns do clan Mandela lle otorgaron. 
Achegarémonos máis á súa figura aproveitando a celebración do Día dos Dereitos Humanos o 10 de decembro. 
Neste enlace atoparás moitos recursos para traballar na aula.

Grazas a Rosana Rodiles, biblioteca Xoán Farias por compartir a imaxe.

2 dic. 2013

O APALPADOR

O APALPADOR volve polo Nadal para agasallar ás nenas e nenos de todas as idades. Entrade na súa páxina web e atoparedes información, actividades, papel de carta, debuxos e como participar no concurso:
Cartas ao Apalpador
Busca nas entradas da parte dereita do blog os recursos para o NADAL que xa se achega.