Páginas

21 abr 2012

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


Achegamos unha recompilación de recursos para o Día do Libro elaborados polo Recanto de Mik, blog da biblioteca do Mestres Goldar de Vigo. Grazas a estas compañeiras por compartir e así avanzarmos outras.

16 abr 2012

RECITAMOS POESÍA

A todos os nenos e nenas gustoulles moito traballar coas poesías e unha das actividades que máis disfrutaron foi o recitado. Prestaron moita atención e tanto os maiores como os pequeniños fixéronno xenial.


13 abr 2012

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ABRIL E MAIO

ABRIL, mes dos LIBROS

MAIO, mes das LETRAS

13 de abril

Concerto escola municipal de música

23 de abril

“Madriñas e Padriños”

2 de maio

Contacontos 1º ciclo

22 de maio

Teatro “Robin Hood”

25 de maio

Contacontos infantil

28 de maio

Anxo Fariña 3º, 2º ciclo

28 de maio

Xogo da OCA

30 de maio

“A maxia en clave de sol”

31 de maio

Entrega de diplomas ao alumnado máis lector de cada nivel.

Xuño

Exposición do traballo”Camiñando á Idade Media da man de Pardo de Cela”.

LIBRUXA facilitará material para achegarnos a VALENTÍN PAZ ANDRADE, autor homenaxeado este ano o DÍA DAS LETRAS.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dende o ano 1963 cada 17 de maio celébrase o día das LETRAS GALEGAS para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" un 17 de maio de 1863.
Este ano o autor homenaxeado é
VALENTÍN PAZ ANDRADE e para achegarnos á súa vida e á súa obra podemos utilizar o material que o SEMINARIO GALÁN elaborou para os distintos ciclos.
Dende o Ceip Nosa Sra. de Xuvencos aportan unha recopilación de actividades para o 3º ciclo.
Neste enlace atoparedes máis materiais recollidos polos distintos equipos de traballo do Ceip Frián-Teis.

Na biblioteca LIBRUXA tamén dispoñemos da súa biografía.

10 abr 2012

DISFRUTAMOS COA POESÍA

Rebosando poesía está o entorno da biblioteca.


Durante o mes de marzo limos, escribimos, recitamos, escoitamos, ilustramos e disfrutamos da poesía.




9 abr 2012

ABRIL, MES DO LIBRO

O día 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen, celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
Para coñecer a vida e obra deste autor chégannos estas actividades LIM dende O RECANTO DE MIK e elaboradas pola súa coordenadora Julia González.