Páginas

22 dic. 2014

NADAL 2014: Guía de Lecturas

Estas son as recomendacións de LIBRUXA para este Nadal ..... Felices Festas!

Fai clic na cestiña de libros de Libruxa.....

16 nov. 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2014


O pasado venres 14 de novembro, celebramos todos xuntos a festa do Magosto no colexio. No primeiro vídeo podes ver a nosa exposición de froitos do outono e algúns dos traballos elaborados na área de plástica. O segundo vídeo fai referencia ás actividades levadas a cabo o pasado venres... Desexamos que vos guste.

 EXPOSICIÓN: Froitos do outono

 Celebración do MAGOSTO na escola

1 nov. 2014

SAMAÍN 2014

A continuación, invitámosvos a ver dous vídeos da celebración do Samaín ou "Halloween" na que todo o profesorado e alumnado participou con moita creatividade o pasado xoves 30 de outubro.... Aproveitamos tamén para agradecerlles ás familias a súa colaboración na elaboración dalgunha das cabazas super orixinais :)

1.- Vídeo sobre a exposición das nosas cabazas: (Autora: Tamara Suárez)


2.- Vídeo do obradoiro de cociña terrorífica, degustación e festa: (Autora: Tamara Suárez) 

26 oct. 2014

24 de outubro: Día das Bibliotecas e despedida de Libruxa.

Foi un día moi especial na Biblioteca Escolar do noso centro. Libruxa invitounos para explicarnos os motivos polos que quere viaxar ao País das 1001 Bruxas.... Aproveitou para presentarnos unha boa amiga que coñeceu este verán e que se chama coma ela: LIBRUXA.
Nós, un pouco sorprendidos e tristes pola noticia pedímoslle que se quedara connosco ata despois do Samáin. Tamén queremos darlle a benvida á nova Libruxa e propoñerlle ideas para este novo curso...Imos escribirlles cartas!

 
Na seguinte presentación, podes disfrutar volvendo a ler a preciosa carta escrita por Libruxa....

4 oct. 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 2014


Un ano máis comeza a viaxe das MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida teñen entre as familias do noso alumnado. Trátase de disfrutar lendo xuntos, buscando ese momento íntimo e tranquilo no que poidamos compartir, soñar, imaxinar.... Cando abrimos un libro, abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a ese libro temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de comprender outras vidas,....

Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura.

Esta "Mochila Viaxeira" é un convite para gozar dos libros en compañía, compartindo con todos vós os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos.
Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que co voso esforzo lograremos achegar aos vosos fillos ao mundo da lectura, á mellora da comprensión lectora, o cal incidirá moi positivamente na súa educación.

                     Ánimo, Boas Lecturas e Grazas a todos!

23 jun. 2014

VISTALEGRÍN, a nosa revista


Xa está publicada unha nova edición da nosa revista escolar Vistalegrín. Recolle moitos dos traballos feitos ao longo do curso.Bótalle unha ollada e seguro que recoñeces moitos deles.

30 may. 2014

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA


O pasado día 20 de maio tivo lugar na Casa da Cultura de Burela a inauguración da exposición que recolle os traballos realizados polo alumnado do Ceip Virxe do Carme, Ceip Plurilingüe Vista Alegre e IES Monte Castelo. 
É unha pequena mostra do proxecto levado a cabo durante este curso por varios centros educativos da comarca da Mariña que pretende achegar as artes plásticas ao alumnado e darlle un espazo dentro do currículo escolar.

A ARTE QUE NOS RODEA

O alumnado de 5º e 6º do Ceip Plurilingüe Vista Alegre visitou no Cenima en Foz a exposición A ARTE QUE NOS RODEA como actividade final da SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA.
Guiados por vari@s artistas da zona achegáronse ás obras alí expostas percibindo as distintas sensibilidades e sensacións que estas lles transmitían.



15 may. 2014

LEMOS UN CONTO ÁS NENAS E NENOS DE 3 ANOS CO KAMISHIBAI

Actividade con kamishibai

Este mércores os nen@s de 5º A  viñeron á biblio para contarnos o conto
de "O NENO E A ESTRELA" sobre Díaz Castro  co soporte de Kamishibai. Estiveron moi atentos e gustoulles moito a experiencia de que nenos maiores lles conten os contos e, aínda encima, empregando este novo soporte para a lectura de contos. Gracias!!!

9 may. 2014

SERES MITOLÓXICOS

Os nenos e nenas de 5ºA  estaban moi interesados en coñecer eses mitos que aparecían nas lecturas e na historia de moitos pobos; tamén en lendas que lles escoitaron aos avós e avoas. Entón fixeron un traballo de investigación cuxos resultados podedes ver neste documento.

4 may. 2014

MADRIÑAS E PADRIÑOS LEN @S AFILLAD@S

Por fin a choiva deu paso ao sol e puidemos facer unha das actividades máis esperadas, as MADRIÑAS e os PADRIÑOS. Levaban xa días co material e os libros escollidos e preparados. Mirade como atenden e engaiolan @s seus afillad@s. TODO UN PRACER estas lecturas compartidas.

27 abr. 2014

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL coa POESÍA

LIBRUXA quere que vexades os traballos que están a facer as nenas e os nenos de Infantil relacionados coa poesía e co Día do Libro e que teñen publicado no seu blog.

"DÍA DO LIBRO"

Este pasado mércores 23 de abril, conmemorouse o DÍA DO LIBRO; na clase da xirafa fixemos uns traballos de poesía sobre o libro ANTOLOXÍA PARA A INFANCIA, con poemas de Rosalía de Castro. Queremos compartir con vós o noso traballo, esperamos que vos guste.

http://secure.smilebox.com/ecom/openTheBox?sendevent=4e44417a4e444d794d54593d0d0a&blogview=true&campaign=blog_playback_link&partner=smilebox


Recitando contos.

 Na clase do oso escribimos, debuxamos e recitamos contos que son poesía

17 de Maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvistaalegre/node/386
Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.
Preme na imaxe para acceder a recursos  que nos achegan desde o Equipo de Dinamización Lingüística.

26 abr. 2014

CHARLAMOS CON ALICIA BORRÁS SANJURJO


O día 22 de abril veu á nosa biblioteca a autora do libro "NATA Y CHOCOLATE", ALICIA BORRÁS SANJURJO.
Falamos do libro e dos seus personaxes. Tamén dos valores que aparecen: amizade, empatía, solidariedade...
Díxonos que ten xa unha segunda parte do libro que estamos desexando chegue á biblioteca.
Pareceunos unha muller encantadora; di que para escribir inspírase en nós, as nenas e os nenos.

24 abr. 2014

COÑECEMOS CABO VERDE




Luzía Oca, socióloga,  mamá no noso cole e coñecedora da realidade de Cabo Verde, estivo co profesorado co fin de achegarnos a este país do que proceden algúns d@s nos@s alumn@s. Seguro que nos será de moito proveito á hora de traballar con el@s.

MARATÓN DE LECTURA

Unha  das actividades programadas con motivo do DÍA do LIBRO foi a participación no MARATÓN DE LECTURA organizado polo colectivo  cultural Buril. O alumnado de 3 º, 5 º e  6 º Curso  andivo na biblioteca escollendo textos para ler que fixeron en grupos ou de maneira individual. Por certo que moi ben. PARABÉNS!

21 abr. 2014

TALLERES DE CERÁMICA



Con un pouco de retaso invitámoste a ver este video que recolle algúns momentos do traballo realizado nos talleres de cerámica que tiveron lugar no mes de febreiro. Toda a obra feita foi cocida no forno do IES Monte Castelo. Desde aquí damos grazas as prof@s do departamento de Arte e, como non, aos ceramistas que estiveron con nós.

"CADA OVELLA COA SÚA PARELLA"


As nenas e nenos de 5º curso estiveron na biblioteca xogando a "Cada ovella coa súa parella" e comprobaron que libros tiñan lidos dos que aparecen no xogo. Parece que lles faltan algúns. Pois ánimo e poñerse a lelos.

10 abr. 2014

O ALUMNADO DE 5º DISFRUTOU COAS ADIVIÑAS D@S PEQUES

Desde a biblioteca do cole, propúxose traballar durante marzo a poesía, por iso, os nenos e nenas de tres anos decidimos traballar as adiviñas
 Unha vez escollidas as adiviñas e coa colaboración das familias, fomos aprendéndoas e elaboramos un libro. Despois de varios ensaios... Xa estabamos preparados para ir recitarllas aos nenos e nenas de 5º.
 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume a experiencia: 

CONTAMOS ADIVIÑAS

Adiviña adiviñanza...

Os nenos e nenas da clase caracol de 3 anos prepararon unhas adiviñas para poñer aproba a habilidade de adiviñar dos máis maiores. Sorte e esperemos que vos gusten.!!!
A experiencia resultounos moi interesante sobre todo porque esta vez contamos coa colaboración dos papás que nos axudaron un montón así que un agradecemento para eles da nosa parte.



FORMACIÓN DE USUARIOS

Actividade na biblio

Esta semana os nenos e nenas da clase caracol non fomos a biblio coma todas as semanas, tocaba "formación de usuarios" a cargo da profe Inma, encargada de que a nosa biblio funcione ás mil marabillas xunto co seu equipo.
Comezamos coa presentación formal de Libruxa. Xa a coñecíamos algo das visitas semanais que facemos, pero agora ademais sabemos como coida dos libros que están na súa biblio e como lle gusta que os nenos os traten.
Ensinounos cales son os libros que os nenos e nenas de infantil podemos ler, que están sinalados coa cor vermella. Explicounos que cada ciclo ten unha cor diferente nos libros que son adecuados para a súa idade. Tamén vimos a cor dos libros de consulta. 



Tivemos unhas clases teóricas e prácticas de como se debe tratar os libros, díxonos algunhas normas que se deben de cumplir nas bibliotecas. 
Tamén nos ensinou unha palabra moi técnica das biblios que son os tellolos que teñen todos os libros, o que nos indican e por que teñen diferentes cores.
Pero ademais Libruxa tíñanos unha sorpresa gardada,  un agasallo  pola nosa participación na actividade proposta pola biblio para o mes do amor que se basaba no binomio de Rodari.
Gracias a Libruxa e tamén a Inma pola clase que nos deu e que aproveitaremos todo o que poidamos.

FORMACIÓN DE USUARIOS

O equipo da biblioteca levou a cabo durante o mes de marzo unha serie de actividades de formación de usuarios.
Participou todo o alumnado, desde infantil a sexto de primaria.

2 abr. 2014

ESTIVO NA BIBLIOTECA INACIO VILARIÑO

Inacio Vilariño estivo  na biblioteca coas nenas e nenos de 2º ciclo e infantil de 5 anos. isto é o que contaron.

 INACIO VILARIÑO

A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Fomos á biblioteca e alí estaba. Colocámonos moi ben e empezamos a escoitar historias moi divertidas que non paraban de saír da boca de Inacio Vilariño.
Rimos, cantamos, aplaudimos .... e ante todo pasámolo moi ben. O escritor de "Fabula Galénica" supo buscar o interese de todos nos.
Foi estupendo!!

 

VISITA DUN CONTACONTOS

Este pasado martes o noso colexio recibiu a visita de INACIO VILARIÑO, un contacontos con quen os nenos da clase da xirafa pasamos un ratiño moi agradable e divertido; gustóunos moito. Queremos darlle as gracias e dicirlle que esperamos que volva axiña.



31 mar. 2014

ENCONTROS PLAMBE

Na seguinte ligazón aparecen as presentacións dos diferentes relatorios que tiveron lugar en Compostela durante os días 27 e 28 de marzo con motivo dos  
Encontros dos centros escolares do Plan de mellora das bibliotecas escolares 2013/2014

Materiais dos Encontros

23 mar. 2014

SEGUIMOS CON POESÍA

Desde a biblioteca do Ceip de ANDRADE de Pontedeume facilítannos esta selección de POEMAS. QUE MARAVILLA!!!!!!!

19 mar. 2014

ASÍ TRABALLAREMOS O MES DO LIBRO




  • Actividades para o mes de abril propostas por LIBRUXA


                     MADRIÑAS E PADRIÑOS venres 25 abril
  CADA OVELLA COA SÚA PARELLA.  Actividade secuenciada por ciclos para facer nas horas asignadas de biblioteca. Emparellar parágrafos ou ilustracións coas correspondentes portadas de libros.


                     COMO SE FAI UN LIBRO. Conto no que os Bolechas explican como se fai un libro. (Ceip Eduardo Pondal de Vigo) 

MARATÓN DE LECTURA  organizado polo CC Buril.
                           
      VISITAS DE AUTOR@S 



  ADIVIÑA QUE CONTO. Presentación na que lendo unhas pistas, han de adiviñar de que conto se trata. Tamén para as sesións de biblioteca e para todos os ciclos.