Páginas

24 oct 2021

COMEZAMOS!!!! FRIENDS FOR OUR PLANET

                                                                      


      Ainda que xa fumos creando a curiosidade no noso alumnado con pequenas pílulas de actividades e decoración do hall e das portas, agora é o momento!!!!!



      O noso proxecto deste ano é a continuación do Proxecto Europeo Erasmus+ do curso anterior no que xa levamos a cabo o reto 1: enerxía e o reto 2: contaminación.  Este curso contará con dous retos máis que Jan nos traerá dos coles participantes:

     RETO 3: PRESERVING NATURE 

   RETO 4: WASTE: RECYCLING, REUSING, REDUCING

   Aquí vos deixamos unha pequena presentación que Jan e Libruxa vos prepararon con todo o seu cariño. Nela atoparedes unha carta de presentación, os obxectivos deste proxecto, os roteiros literarios para este curso que xa podedes descargar, unha pequena selección bibliográfica que vos pode axudar e que tamén atoparedes exposta no recanto da natureza á entrada da biblio, e, por último, unhas cancións que tamén iremos escoitando na entrada e saída do cole.

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

 


       Cada 24 de outubro, dende 1997, celébrase o Día Internacional das Bibliotecas. Como ben sabedes, a proposta parte da asociación española de amigos do Libro Infantil e Xuvenil e está apoiada polo Ministerio de Cultura. Recórdovos que este día celébrase en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico. 

     Xorde dunha guerra, da destrución...pero a través dos libros podemos ler, aprender, descubrir e construír un mundo mellor. As bibliotecas son fiestras para ler e espazos onde aprender a través das ferramentas que ofrecen e servizos que buscan impulsar a aprendizaxe individual e colectiva. Tamén son lugares onde descubrir, xa que nos aportan un enriquecemento persoal, abren a nosa mente e xeran novas ideas. 

         Con motivo deste día, Libruxa abre as portas da biblioteca do cole. Para nós é un día especial xa que presentamos o novo cartel das Bibliotecas Escolares de Galicia e iniciamos a nosa andaina no novo Proxecto de Centro: "Preserving Nature", enmarcado dentro do Proxecto Europeo Erasmus+ que xa comezamos o curso pasado, "Friends for our Planet"

       "A Biblioteca Escolar ten a palabra" pon o foco na oralidade da lingua, como ferramenta que abre camiños de pensamento, imaxinación e coñecemento. O alumnado ha de tomar a palabra e avanzar no dominio da linguaxe que lle é propia a través do diálogo, da reflexión, do debate, da exposición, dos recitais, da lectura en voz alta...


         Todo está listo xa. Libruxa tivo moito traballo este mes para ordenar e actualizar os fondos, preparar os carnets, revisar as mochilas viaxeiras, que xa están como cada ano, agardando a que vaiades buscalas á biblio para comezar o seu roteiro aventureiro nas vosas casas, decorando o recanto do proxecto e colocando os expositores para próximas conmemoracións que xa se achegan. 

           Espera que desfrutedes mooooito coas actividades que vos ten preparado ao longo do curso. Que o voso camiño de aprendizaxe sexa motivador e vos encamiñe a levar a cabo pequenas accións integradoras e inclusivas co mundo que nos rodea.  


BOLECHAS E O MAR

 




      De aventuras polo muelle, a lonxa e o barco museo van os Bolechas nesta nova entrega desta colección, adicada nesta ocasión ao sector pesqueiro de Burela, onde descubren os principais peixes do porto, as artes e oficios de pesca da zona. Con este volume preténdese trasladar ás novas xeracións o valor da pesca, a recuperación e visibilización do patrimonio e cultura mariñeiros.  

     Este libro e o caderno de activiades, promovido pola Fundación Expomar e financiado pola Xunta, presentouse no noso cole nun acto que contou coa presenza de José Manuel e Pepa, os dous directores dos dous coles burelenses , o alcalde e representantes do Concello, a directora autonómica de Pesa, Mercedes Rodríguez , entre outros; ademáis do alumnado de 1º e 2º de E.P.  

 

 

  








     Despois do acto formal, os nen@s puideron coñecer persoalmente a todos os personaxes dos Bolechas e o seu can, xogar con eles, preguntarlles infinidade de cousas e asistir a un taller de chapas. 








TALLERES POLA IGUALDADE

 




     É fundamental para o noso centro implicarnos neste tipo de activiades que teñen como obxectivo sensibilizar aos máis pequenos sobre a importancia de avanzar cara a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, tomar conciencia das desigualdades que ainda persisten como primeiro paso para unha igualdade real.

  Queremos ao longo do curso integrar na nosa programación lecturas, actividades, talleres, charlas...que lles permita reflexionar sobre as diversas actitudes individuais que posibiliten o cambio, revisar estereotipos e prexuizos sexistas incidindo na idea de CORRESPONSABILIDADE entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida. 

  Estas actividades enmárcanse dentro do Proxecto de Igualdade do Concello de Burela, coa colaboración por segundo ano do centro psicopedagóxico "A ciudade Educativa", que viñeron ao cole facernos as diferentes sesións neste mes de outubro dentro do seu programa de igualdade e prevención da violencia de xénero "Educando en Igualdade". Falouse de coeducación, corresponsabilidade, estereotipos e educación dixital, entre outras moitas cousas. 

 


  En 1º ciclo, visitounos Alfredo, un pequeno dragón con moitas dúbidas sobre as tarefas da casa...que pouco a pouco lle fumos resolvendo. 




   Ao final da sesión, Alfredo entregounos unha tarxetiña con diferentes tarefas que el pensaba realizar na súa casa, a ver cantos nenos e nenas as facían na súa?


     Tamén o alumnado de 3º ciclo recibiron a Toni e Cris de "A cidade educativa", con charlas sobre os perigos de Internet á hora de compartir información perosal en rede e de como os medios de comunicación, a publicidade e Internet non fomentan, precisamente, a igualdade. Falaron da necesidade de ter unha actitude crítica á hora de identificar actitudes machistar para tratar de cambialos. Tamén lles falaron de como a través de Internet non todo o que se vende é real, da importancia de ler os permisos que aceptamos...Todo isto en dúas sesións con diferentes dinámicas: explicacións, vídeos, cuestionarios, xogos... 





ACCIÓN ECO: REFORESTACIÓN NO MONTE CASTELO

 


   Outra novo pílula en outubro para os nosos nen@s. Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 6º de E.P. Tiveron a sorte de visitar o Monte Castelo xunto con Bríxida Pino, presidenta da Comunidade de Montes de Burela e axudar a reforestalo plantando algúnhas árbores, a través da invitación que nos fixo a Concellería de Medio ambiente de Burela.  

   Achegáronse de primeira man á historia e funcións dos montes comunais que están a ser repoboados con especies autóctonas e que dende o cole estamos a coñecer con pequenos traballos de investigación por clases. 

          Tamén realizaron esa semana unha pequena excursión por Burela coas monitoras de GAIA. Visitaron a Igrexa da Vila do Medio, o lavadoiro e a fonte de Lamela, un cabozo e os castiñeiros centenarios de Cinoche. Unha maneira perfecta para achegalos ao seu patrimonio arquitectóncio e natural.  





KINÉTICO: EXPOSICIÓN DE AUTÓMATAS

 


   Benvidos nenas e nenos!!! Novo curso, novo proxecto!!! Este ano xa empezamos cediño coas actividades. Quixemos que os nen@s de 2º de E.P. fosen en setembro á exposición de autómatas que había na Casa da Cultura, a cargo de Trécola Producións e Xira Paus

    Arte e mecánica todo xunto. Perfectamente explicado e traballado. Encantoulles!!! Que mellor maneira que motivalos para o comezo en outubro do novo proxecto: "Preserving Nature". Ir introducindo a temática a través de pequenas pildoriñas sen ainda decirlles nada en concreto sobre o que van ir aprendendo ao longo do curso.

    Durante media hora que durou a visita guiada estiveron atentos e enganchadísimos ao funcionamento destes pequenos xoguetes autómatas feitos en madeira e que a partir de mecanismos xeran sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dun manubrio ou dun pedal.